A actriz Sara Casasnovas, ourensana de nacemento, pasou os seus mellores anos de xuventude nesta maravillosa terra da Costa da Morte. Ata que alá polo ano 1999 comezaba a súa traxectoria artística tanto na interpretación, voz e corpo en escolas coma Casa Hamlet en A Coruña, Cuarta Pared en Madrid, ou Espacio Aberto en Santiago de Compostela, simultaneando con cursos, seminarios e laboratorios creativos dirixidos por profesionais da talla de Mariano Barroso o Benito Zambrano.
Por se todo este proceso de formación fora pouco, tamén se formou en danza clásica e contemporánea, e acrobacia e danza aérea vertical e aéreos con telas... ¿pódese pedir máis? Pois sí, por si todo isto non abondase para triunfar no mundo do espectáculo, posúe un nivel medio alto en francés e inglés, ademais do galego e o castelán. E que imos dicir da súa imaxe de marca...
Como estes días andivo descansando pola Costa da Morte, tivemos a sorte de falar con ela e nos contou un pouco de todo:
Ola Sara, vaia pracer verte de novo por estas terras. Que significa para ti a Costa da Morte? Como te sintes aquí, mellor que pola capital?
A Costa da Morte é pra min a Costa da vida, o meu refuxio. Veño sempre que podo a osixenarme e renovar enerxías. A miña xente, as rochas, a mar brava, os ovos de galiña feliz.. Prefiro sen dúbida esta calidade de vida, pero considero que a mellor forma de aprender é contrastando enfoques e por iso emprendo o voo cara outras rutas físicas e emocionais en busca de próximos proxectos. Así a todo me sinto orgullosa do meu fogar, un dos lugares máis fermosos do mundo que eu coñezo.
Como levas esto da fama?
Eu son actriz. Procuro o respecto na miña profesión e o resto procuro levalo con humor.
En que estás traballando agora mesmo?
Continúo con "Electra", de Benito Pérez Galdós, que supuxo unha boa lanzadeira no Teatro Español de Madrid, acadando boa acollida de crítica e público, ademáis do éxito recollido nas Palmas. Agora imos a pechar o festival de teatro de Mérida do 19 ó 22 de agosto, e seguimos procurando chegar a máis sitios. Nementres eu sempre ando propiciando traballos e fomentando a creatividade cos meus compañeiros de profesión.
E saltaches a fama dende a televisión, pero seica síntente máis contenta con algún que outro traballo teatral.
Cada traballo é unha experiencia que deixa o seu poso e da que sacas unha aprendizaxe. De todos gardo anécdotas con moito cariño. Quizais os que máis calaron en min foron "Xulieta" (mesmo a actriz actuou na Mostra de Teatro de Cee do 2008, onde a vemos nesta foto) e "Electra", ambos procesos me nutriron moito e recollín experiencias moi intensas nas táboas.
A día de hoxe
E despois de coñecer un pouco mellor a esta xoia da Costa, deixámosvos co "making off" da curta "Adiós, muñeca", que lle reportou catro premios de interpretación en catro festivais (V Dunas de cine e video de Fuerteventura, o Kimera internacional film festival de Campobasso, Italia, festival El sector de Madrid e o último que foi hai uns días como mellor actriz no VI festival de cine europeo da Solana, Ciudad real).