Setenta camiñantes participaron na Ruta das Férvedas
Con alegría (polo éxito das xornadas) e con tristura (polo remate das mesmas) a asociación ecoloxista Senda Nova despediuse o pasado domingo da cuarta edición do Outono en marcha. A bóbeda da capela de san Paio de Entrecruces, a construcción relixiosa máis antiga do concello de Carballo, foi o lugar no que se puxo o punto e final deste programa de roteiros co coñecemento, a interpretación e o aprendizaxe como denominador común.
Na Ruta da Férvedas, a última do programa, participaron máis de 70 camiñantes que desafiaron a fría mañá dominical na capital de Bergantiños a base de pisadas e de pegadas inquedas. Pisadas de frío que se converteron en pasos armónicos pola depresión meridiana. Antes, ao cruzar a Brea, xa houbera punto interpretativo no peto de ánimas. Despois, alí na parroquia de Ardaña, comezáronse a suceder paradas de coñecemento no rural das parroquias da depresión meridiana.
Os partipantes tiveron a oportunidade de camiñar polas fermosos treitos desta zona que ainda quedan sen asfaltar con tramos con antigos muros que a protexen da grande maquinaria pesada moderna ademais da mesta vexetación autóctona que a enmarcan na historia.
Os camiñantes desfrutaron dos espazos naturais e patrimoniais da Ruta da Férvedas
"Camiñar por elas é retraerse na máquina do tempo", aseguran dende Senda Nova principlamente ao visitar xoias arquitectónicas como a barroca igrexa de Santa María de Rus -o templo carballés por excelencia -. Tamén Ardaña e Entrecruces teñen fermosos adros presididos por igrexas e cruceiros que chamaron a atencios aos camiñantes de Senda Nova, moito máis ainda dos participantes de fora de Bergantiños e da Coruña.
Dende Senda Nova indican "cumpriron os obxectivos" do IV Outono en Marcha grazas á colaboración dos concellos de Coristanco, Carballo, A Laracha, coa axuda de Protección Civil de Carballo e coa forza dos voluntarios da asociación ecoloxista que fixeron posible que neste programa participasen tanto camiñantes da contorna como outros chegados dende Pontevedra, Lugo, Vilagarcía, Compostela, Ames,...
Fonte