Sergio Ordóñez leva a súa exposición "Especies Varadas" á Galería Garabato

Dende onte pódese visitar na Galería Garabato de Carballo a exposición "Especies Varadas", de Sergio Ordóñez.

Durante a inauguración, na que estivo respaldada por unha boa cantidade de amigos, o artista explicou a importancia de coidar o planeta así como a necesidade de respetalo. Con "Especies Varadas", o artista queres devolver á terra o que lle pertence en forma de arte. Durante a súa interveción, recoñeciu que non lle gusta pulir a peza que o mar trae co fin de respetar as súas formas. 

Na exposición pódense ver crebas recollidas na costa galega moldeadas dun xeito diferente en función do lugar no que se atoparon.