Solidariedade, poesía, teatro e música para a #AxendaCostadaMorte pre-Nadal

Xa cheira a Nadal na Axenda Costa da Morte. E son varias as citas que mesmo saberán a datas e solidariedade, pero tamén teremos foliadas, teatro, poesía e boa música.

E antes de repasalas citas, lemos aos amigos de 4gotas, que nos mandan o exclusivo parte meteorolóxico costeiro:
A finde será anticiclónica, pero lembramos que iso non garante a presenza de sol. De feito, haberá que agardar ao domingo para que predomine en toda a Costa (e con matices).
O venres, a parte sur da Costa (entre Fisterra e Muros) terá moitas nubes, máis claros, canto máis preto de Malpica, pero non agardamos chuvias. Xas na madrugada do sábado comezarán as chuvias. Remitirán a media mañá, aínda que nos arredores de Malpica e en puntos altos do interior poderían manterse algúns orballos ata primeiras horas da tarde.
O domingo será un día de sol con fresco na mañá e temperaturas suaves no mediodía. Ese sol continuará luns e martes e previsiblemente tamén en Noiteboa e Nadal.

De Solidariedade e poesía por Corcubión

A cita da fin de semana será a Gala Solidaria de Corcubión, que se celebrará na tarde do sábado e que xuntará, con funs benéficos, a xentes tan bravas como César Cambeiro, Suso Bahamonde, Leo KcH, Alan Acoustic Project, As Millo Verde… E ollo, que andará o Apalpador por aló…

A fin de semana corcubionesa complétase con dúas citas: o vendes inaugúrase a partir das 20:00h na Capela do Pilar a exposición das fotografías presentadas no IX Concurso de fotografía de Corcubión, ao tempo que farán a entrega dos premios aos gañadores nas diferentes categorías. Ademais, o domingo, cun Recital Poético Solidario Internacional que reunirá grandes nomes do Batallón Literario.

Foliada, Teatro e Música

Para o venres teremos un par de boas propostas, como son a nova cita teatreita en Malpica, co grupo Teruca Bouza; así como o fantástico Concerto de Mamen Bazarra na Ventana de Laxe.
Ademais, o sábado tamén haberá Cabaret Manicómico en Malpica, unha desas sesións tan divertidas que non se poden perder.

Por Muros, o sábado haberá unha fermosa Homenaxe en Esteiro ao antigo médico Ricardo Tobío, que se poderá completar coa sesión de teatro-maxia co Mago Teto.

Pero a actividade máis auténtica da fin de semana será a o Encontro-Foliada que a Sociedade de Amigos de Mollar a Palleta da Costa da Morte arma en Sardiñeiro a noite do sábado. Imperdible!

Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).