Un cartel asturiano-alicantino para o San Xoán carballés
O Cartel non se fará público ata a presentación oficial, a finais de maio ou principios de xuño. Pero xa hai gañador do Concurso de Carteis para o San Xoán 2016 de Carballo. Juan Diego Ingelmo Benavente, deseñador gráfico asturiano afincado en Burriana (Castellón), fixo a proposta seleccionada polo xurado entre un total de 65 chegadas dende distintos recunchos da xeografía española.
O premio, patrocinado un ano máis por Opticalia Enríquez, está dotado con 450 euros. Juan Diego Ingelmo conta cun extenso historial de galardóns en certames similares. Eventos como o Festival Nacional de Exaltación del Botillo de Bembibre (León), o Carnaval de La Luz de Punta Umbría deste mesmo ano, a Copa Davis España-Estados Unidos disputada en Xixón no 2012 ou a Semana Gastronómicia de Guardamar 2016, entre outros moitos, foron ilustrados polo artista burrianés. Neste caso, o seu colorido e alegre deseño ilustrará o cartel anunciador das festas patronais de Carballo e as portadas do programa de man e da revista do San Xoán.
A imaxe do San Xoán 2016 darase a coñecer coincidindo coa presentación do programa de festas e coa entrega do premio ao seu autor.
Novas relacionadas
- San Xoán 2015: Un San Xoán que é un privilexio.
Fonte
- Comisión de Festas do San Xoán.