Un Wikiconcurso da Galipedia polo Día das Letras Galegas 2018
23 de setembro de 2017 (07:25 h.)
Interesante a proposta da Galipedia, a enciclopedia virtual, libre e en galego, de cara as vindeiras Letras Galegas 2018. Un concurso de debuxo para ilustrar o artigo da protagonista, María Victoria Moreno. Ao ser complicado conseguir imaxes de libre disposinibilidade, a Galipedia invita a que tratemos de ilustrar un debuxo desta muller, a 4ª en ser recoñecida no Día das Letras Galegas.
Máis información na Galipedia.
Fonte
- Galipedia.