Unha #AxendaCostadaMorte cargada de natureza, exposicións, música e monólogos
Para quentar motores de cara á sempre ateigada de cousas Semana Santa costeira, que mellor que unha fin de semana de música, exposicións, natureza e monólogos. Vén cargada esta Axenda Costa da Morte, que contará ademais ca visita dun grupo de grupo de vlogueiros que colocarán o #ACostadaMorteEnamora na rede.
Pero antes de debullalas citas, vemos o excluviso parte costeiro que nos mandan os amigos de 4gotas.com:
A partir do venres un anticiclón irase achegando a Galicia, pero o fará moi paseniñamente e na fin de semana quedará situado enfronte da Costa da Morte aportando estabilidade, pero ventos de compoñente oeste; ventos moi húmidos que aportarán moitas nubes e néboas en zonas do interior da Costa.
O litoral entre Camariñas e Muros terá días moi grises con moi poucos claros, e previsiblemente con orballos na madrugada e primeiras horas do domingo. De Camariñas a Malpica verán máis claros. As mañás serán grises, abriranse as nubes no mediodía e nas primeiras horas da tarde alternarán as nubes e os claros, para volver a cubrirse o ceo na tardiña.
As temperaturas en xeral serán moi suaves e con moi pouca variación entre os días e as noites, mínimas duns 10-12 graos e máximas de 14-16ºC.
Non será ata o luns cando o anticiclón se afiance no Cantábrico, nos achegue ventos do nordés que limpe con esas nubes. Tal e como contamos neste artigo semella que ese anticiclón, chegará para quedarse e deixarnos unha Semana Santa con predominio do sol.
Un venres de exposicións e música
Será unha fin de semana de exposicións, pois teremos varias citas. Interesante será a presentación da exposición fotográfica da dumbriesa Bego Corbal na Capela do Pilar de Corcubión. Unha sesión que se completará pola noite co espectáculo audiovisual de Koroiev nun escenario inmellorable.
Mentres por Vimianzo estreará exposición de pintura o alemán-muxián Kappeler, ao tempo que no Faro Vilán segue aberta a exposición de cultura xaponesa.
Así, poredemos completar a noite do venres en clave musical. Ademais da cita corcubionesa, Bergantiños estará fervendo co Rockarballo, festival con 7 grupos da zona. Ademais, tamén en Carballo teremos o concerto de GramPoder e en Laxe do New Orleans Trío.
Finde de natureza, música e monólogos
Arrincará o sábado coa Andaina Coñece a Costa da Morte por Muxía, unha desas citas para desafiar o tempo a base de fermosa natureza.
E a música volverá ser protagonista na noite sabatina. Comezamos polo Concerto de Dani Royo en Cee. Seguimos polo Concerto de Animal Soul en Corcubión, e subimos cara o norte para disfrutar do Concerto de Los Claretes en Carballo.
Teremos tamén o Monólogo do actor galego Pepo Suevos en Malpica.
E xa o domingo, para pechar o Marzo Lareteiro de Vimianzo, chega o monólogo de Charo Pita, cos seus “Contos de amor, erotismo e morte".
Máis información
Tendes toda as citas debulladas en:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).