Unha #AxendaCostadaMorte chea de teatro, música e gastronomía
Rematou o Entroido pero a vida cultural non para e a Axenda Costa da Morte segue con moitas actividades. Pero antes de repasalas, ollamos o exclusivo parte costeiro dos amigos de 4gotas.com:
Será unha fin de semana marcada pola humidade e presenza de nubes.
Temos un anticiclón moi preto de Galicia, pero se da achegado un chisco máis. Por momentos o fará e será o responsable de que se queden moitas nubes e moita humidade (mesmo orballos) e por momentos alonxarase un pouco e permitirá a chegada de algunha fronte atlántica que aporte chuvias. As máis significativas serán na tarde do venres e na madrugada do domingo e o momento con menos nubes será a mañá do venres.
As temperaturas serán suaves, entre os 8-9 de mínima e os 13-14 de máxima (agás nas primeiras horas do venres que irá un chisco máis de frío). O vento do suroeste soprará moderado nas tardes.
Se queredes saber porqué anticiclón non é igual a sol, como erróneamente se pensa, podedes consultar este artigo.
Venres carballés
As primeiras citas da fin de semana, teñen lugar o venres, sendo Carballo un bo epicentro cultural. Ata 3 concertos contamos na capital bergantiñá. Teremos ás 21:00h o Concerto de Narf, canción de autor en galego, no marco do programa #EusonRosalía. E xa máis tarde, as salas toman o protagonismo, co Conceto de Shinova e o Concerto de Elle Belga.
Moito teatro
A fin de semana vén en clave teatreira, se ben arrincará en Malpica ca Presentacion da Revista Thaumazein.
Para o sábado teremos a fantástica estrea do Frankestein de Badius Teatro na casa.
E a noite sabatina poderase pechar co Concerto cavernícola de Re-Acción en Muros.
Xa para o domingo, teremos teatro infantil en Carballo, mentres arrinca o Marzo Lareteiro de Vimianzo co monólogo de César Cambeiro.
Festa Gastronómica
Ollo que por Mazaricos teremos a Gran Festa do Bolo do Pote, unha das citas gastronómicas máis auténticas da volta.
Novas relacionadas
Máis información
Tendes toda as citas debulladas en:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).