Unha #AxendaCostadaMorte de San Cristivo, natureza e cultura mariñeira
Chega unha nova fin de semana de xullo e non nos collen as citas na #AxendaCostadaMorte. Temos xornadas culturais e de natureza, festivais, pero sobre todo, festas, festas #comarea!.
En todo caso, antes de repasar unha por unha as citas, facemos un repaso ao parte costeiro que nos trae 4gotas-com, que ademais nos recomenda a Praia de San Francisco de Muros, pero podes buscar a túa praia na web e ver que tempo, que ondas e a que temperatura estará a auga. Este é un resumo completo:
O venres entrarán néboas. Estarán presentes no litoral toda a xornada baixando, e moito, as temperaturas. No interior da Costa levantarán as néboas na tarde.
O sábado volve a achegarse o anticiclón, pero o fará moi paseniñamente e con ventos do norte, polo que as nubes baixas / néboas aguantarán ata despois de comer nos arredores de Bergantiños e na tardiña voltarán. Entre Fisterra e Muros abrirán ao final da mañá a non volverán ata a noitiña e nesas zonas a temperatura achegarase ata os 23-24ºC
O domingo espertaremonos con nubes, pero no sur da Costa axiña marcharán e teremos día de praia con vento moderado do norte e uns 25-26ºC. En Bergantiños abrirá ao mediodía e non superarán os 23ºC por mor do nordés.
Marea de festas polo San Cristovo
É protagonista o San Cristovo, e son varias as citas que non se poden perder, como o San Cristovo de Baio, con esa espectacular procesión motorizada que sairá ás 11:30h.
Ollo co San Cristovo de Carnés, que arrincaba onte ca Faguía e a París de Noia, e continúa, venres, sábado e domingo a tope.
Tamén andan de San Cristovo por Corzón, Mazaricos, con dous días de boa troula.
E como non, as Festas do San Cristovo de Cee, sempre tan vividas.
Ademais, domingo e luns poderemos achegarnos a Muxía, on teñen as Festas de Vilaestose-Senande.
Xornadas Culturais Mariñeiras
Como para perder estas Xornadas Muros Mira ao Mar. O fermoso casco histórico muradán tinguirase de vila mariñeira dos tempos pasados para acoller unha marea de actividades relacionadas coa artesanía, gastronomía, música, teatro, danza…
En clave cultural, e salgada, a Fundación López Abente outorga o seu Premio de Poesía, nunha cita na que ademais haberá música e unha conferencia.
Encontro Monte Pindo
Outra das citas singulares da fin de semana é esta cita que artella a ACDR Pedramar do Pindo, para a posta en valor do Olimpo Celta. O programa do VII Encontro Monte Pindo traerá motas máis cousas, facendo fincapé no sendeirismo, a historia, a música e facendo unha rendida homenaxe á gastronomía da zona. Ademais, o Trail Encontro Monte Pindo será o punto forte.
De festival
O Festival Sereas e Piratas cumple 10 anos na Praia de Razo. Unha cita que une a natureza, os deportes náuticos e o mellor pop e indie do panorama peninsular. Non perdan este festival que trae como cabeza de cartel aos míticos Aerolíneas Federales, de novo polos escenarios.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).