Unha #AxendaCostadaMorte en clave feminina
09 de marzo de 2018 (11:09 h.)
Fin de semana con resaca feminista, despois da espectacular repercusión dos actos e da folga do 8 de marzo. Son moitas as actividades desta fin de semana que nos deixan os programas en clave feminina, pero ademais haberá moito teatro, música, poesía, risas…
Repasamos todas as citas e tamén as tendes debulladas en quepasanacosta.gal/axenda.
Citas singulares
- Os Venres Culturais de Carballo nos deixan unha sesión teatral par a noite do venres con Teatro do Atlántico, e unha obra infantil para a tarde dominical.
- Muros acolle este venres unha sesión de cine de xénero coa proxección de “Llueves vacas”, seguida dun debate, no marco do programa do 8M.
- Laxe continúa dedicando este marzo ao viño, e organiza dúas catas para a tarde do venres e a mañá do sábado.
- O Ciclo de Monólogos de Marzo de Cee recibe a visita do herculino Víctor Grande na tarde do sábado.
- Corme tamén recibe na noite do sábado o monólogo do gaditano Rafa.
- O programa teatral vimiancés nos deixa para o sábado a visita do Teatro do Atlántico.
- Ademais, as tardes de inverno dos domingos de Vimianzo teñen visita infantil, desta volta co concerto da Banda dos Cueiros.
- En Mazaricos poderedes disfrutar durante a mañá do domingo dunha concentración de coches deportivos.
- Coma sempre, a fin de semana se pode pechar o domingo andando ca nova Ruta do Bosque de Senda Nova.
O Rock Corner Bar de Cee acolle un recital poético en feminino na noite sabatina.
Tamén o domingo, no marco do programa “Con M de Muller”, Laxe artella unha cita de Teatro de igualade.
Exposicións
- A Tenda Turística Stoupa de Cee acolle durante o mes de marzo unha exposición de arte xaponesa da muxiá Yano Yoro.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)