Unha cargada #AxendaCostadaMorte aínda en clave de muller
         16 de marzo de 2018 (11:25 h.)
      
    Citas en clave de Muller
- Unha das citas da fin de semana será Macrofoliada de Baio, que organiza o alumnado no auditorio do pavillón baiés coa presencia de unha multitude de artistas.
 - O venres, a Libraría Ler de Santa Comba acolle presentación dun libro sobre “Mulleres e Poder”.
 - Muxía organiza unha interesante Xornada Pedaleando pola Igualdade, que inclúe charlas e unha marcha cicloturista para a mañá do sábado.
 - O sábado, o Rock Corner Bar de Cee acolle un Concerto en Feminino con Las Antonias.
 - A cita dominical polo Día da Muller trasládase a Laxe, onde celebran unha Marcha Saudable e un obradoiro de defensa persoal.
 
Máis citas
- Os Venres Culturais traen a Carballo un concerto de De Vacas e unha obra de Elefante Elegante para a tarde dominical.
 - O Venres tamén hai un novedoso concerto da galega MJ Pérez en Laxe.
 - Laxe continúa co seu marzo enolóxico e prepara dúas catas de viño para venres pola tarde e sábado pola mañá.
 - O ciclo de monólogos de Cee remata este sábado coa visita de Félix Díaz “Caxoto”.
 - Os sábados de Vimianzo disfrútanse a golpe de teatro e de risas. Este sábado, Mofa e Befa no Auditorio da Casa da Cultura vimiancesa.
 - A noite sabatina vimiancesa poderase rematar no Celme Café co Concerto de Dr. Rocket.
 - O Curruncho Pop trae á Biblioteca de Carballo a Alasdair Roberts.
 - O domingo Senda Nova celebra o Día da Árbore cunha sesión de prantacións de autóctonas no espazo de natureza.
 
Exposicións
- A Tenda Turística Stoupa de Cee acolle durante o mes de marzo unha exposición de arte xaponesa da muxiá Yano Yoro.
 - Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
 - Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
 - As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
 - No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
 
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)