Unha comida solidaria con Estrella Michelín en Santa Comba

Equipo do Restaurante Retiro da Costiña, de Santa Comba

Moi interesante o proxecto "Experiencias Solidarias" que organiza de forma habitual o cociñeiro Manuel Costiña para contribuír ao desenvolvemento de proxectos solidarios en apoio de diversos colectivos. O responsable do Restaurante Retiro da Costiña, o restaurante xalleiro con Estrella Michelín, prepara un xantar solidario para axudar á AECC Santiago na loita concra o cancro.

A cita será o vindeiro 1 de decembro, e cunha achega de 100 euros (todo o recadado será para a causa) poderase gozar dunha experiencia gastronómica neste coñecido restaurante e participar nunha poxa de pezas asinadas polos prestixiosos cocineros Martín Berasategui, Paco Roncero, Pedro Subijana, Arzak, Jordi Cruz e os irmáns Roca, todos con estrela Michelín.

No xantar estarán personalidades como o humorista Roberto Vilar, ou Javi Mos. O ágape consistirá nun menú degustación completo para 40 persoas, que inclúe 9 salados, pre-sobremesa e dous doces. Cada cuberto ten un custo de 100 euros. Tamén haberá un Donativo Cuberto Cero para todos os que queiran colaborar coa iniciativa e non poidan asistir á comida, con achega libre.

Data límite para realizar achegas

As persoas que realicen un donativo deberán deixar o seu nome e apelidos e DNI ao efectuar o ingreso a fin de poder participar no sorteo de pezas e posteriormente chamar a AECC ao telf.: 981 576 479 para que apunten os seus datos.
Os donativos poderán realizarse ata o venres 27 de novembro, día en que termina o prazo para realizar achegas.

Nesta iniciativa solidaria de Retiro da Costiña a favor de AECC tamén colaboran a firma Mariana de Bertamiráns, responsable do deseño das camisetas, Rogelio Rial Romaris, propietario de Casa Barqueiro en Negreira, quen fixo as xestións necesarias para conseguir as pezas asinadas dos 8 cocineros, e os proveedores de moitos produtos cos que se vai a elaborar o menú solidario que se servirá o próximo 1 de decembro en Retiro da Costiña, tamén posuidor dunha estrela Michelín e dous soles Repsol.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).