Unha ocasión para aprender Linguaxe de signos

É unha das cousas que moita xente quere poñerse a aprender pero non atopa onde. Pois ben, a entidade Aloumiños, ante o interese de varias persoas, vén de decidir facer primeiro unha xornada de achegamento á lingua de signos, na que pretenden aproveitar para instar a xente que estea interesada en que se poña andar un curso poida ir vendo como sería, en que horario, que días, etc.

O acto, patrocinado por Óptica Enríquez, será o sábado 29 de novembro ás 17:00h no Pazo da Cultura de Carballo, e a mestra será Tania Liñares.

Tendes máis informaciónen asociacionalouminhos@gmail.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).