Variedade cultural en Carballo polas Letras Galegas do vello profesor

Xa vimos a tremenda Semana de Ciencia Ficción que disfrutarán os cativos carballeses co gallo da Semana das Letras. Pero hoxe coñecemos o plan que teñen dende o concello para os adultos, e xa podemos ver o Programa das Letras Galegas 2015 que se desenvolverá no Xardín Municipal, no Pazo da Cultura e na Biblioteca Rego da Balsa entre o 7 de maio e o 5 de xuño.

A cita máis auténtica, é o xa tradicional maratón "As letras en voces", que terá lugar o propio domingo 17 de maio de 11.00 a 13.30 horas, nunha cita que conta coa colaboración das asociacións culturais e centros de ensino do municipio. Trátase dunha lectura pública e colectiva dos autores e autoras homenaxeados no Día das Letras na que calquera que queira participar le un fragmento literario de calquera dos máis de cincuenta persoeiros que teñen sido recoñecidos este día, con especial atención ao escollido este ano, o escritor, intelectual e investigador Xosé Filgueira Valverde, coñecido como "o vello profesor".

Faladoiros, proxeccións, concertos, teatro, títeres, rutas, música e moitos libros, neste completo programa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte