100 inscritos para a I Travesía a Nado de Balarés

Estanse poñendo de moda as travesías a nado pola volta. Tralo exitazo da Travesía Camariñas-Muxía coa solidaria Travesía das Sisargas pendente, esta fin de semana temos cita na ría de Laxe e Corme.

A Agrupación Deportiva Abellariza IES Ponteceso prepara xa a I Travesía a Nado Balarés para este domingo 23 de xullo. A proba será dende a Praia de Balarés ata a Praia Aréa das Vacas (xa en Cabana) que completa un percorrido circular de 3,3 km.

Xa están as 100 prazas cubertas. A entrega de dorsais terá lugar dende as 09:30 h. ate as 11:00 h. e a saída será as 12:00 h.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).