Os momentos críticos, entre os deberes do tenis de mesa soneirán

Esta pasada fin de semana 14 e 15 de outubro os equipos de tenis de mesa da comarca tiveron unha nova e completa xornada. Non tiveron sorte nos momentos claves os cadros de zaseiros da 2ª Nacional e 1ª Galega. No resto, só o cadro de Santa Comba conseguíu a vitoria.

2ª Nacional

  • Resultado: A.D. Vincios Domínguez Dantas - A.D. Ponciano Nieto (4-2)
Non puido o AD Ponciano Nieto acadar a primeira vitoria do curso en categoría nacional na 3ª xornada. Pero cada vez está máis preto de conseguilo o cadro soneirán. O partido disputado en Gondomar foi moi igualado, polo que a vitoria puido ser para calquera dos dous equipos, debido a que 4 dos 6 partidos decidíronse no quinto set. O cadro zaseiro amosouse moi unido e competitivo. Gonzalo Martínez Lema perdeu 3-2 contra Mario Cebreiro; Brais Blanco cedía tamén co mesmo resultado contra Simón Casal. Mentres que Miguel Rey lle daba o primeiro punto ó equipo contra Nicolás González (3-0),. Pero Brais cedía 3-1 contra Mario; Gonzalo gañoulle a Nicolás (3-2) e finalmente Miguel perdía contra Simón (3-2).  

1° Galega:

  • Resultado: A.D. Zas Construcciones Cernadas - Recreo Cultural CTM (3-4)
Imaxe do Recreo Cultural A Estrada- AD ZAS Construcciones Cernadas Raúl López, Eduardo Cernadas e Ana Garcia fixeron un gran partido. A pesar de comezar perdendo 2-0, lograron empatar co dobles (Raúl e Ana) e co individual de Edu. Aínda que Ana perdeu 3-1 contra José Ramón, as esperanzas aumentaron coa vitoria moi loitada de Raúl e estando 3-3, o partido decisivo estivo nas mans de Edu, que caia 3-1contra Carlos Delgado.  
  • Resultado: Concello de Mazaricos - CTM Lalín “B” (1-4)
Moito pelearon os de Mazaricos ante os xa experimentados nesta categoría de Lalín, Javier Rodríguez perdía 3-2 contra Marcelino Tuñez e cuns parciais moi axustados, o mesmo lle pasaba a Alex Blanco con Breogán Soto, logo José Ángel superaba a Javier Gonzalez nun partido larguísimo. O dobre foi claro para Lalín e, no 5º partido Javier perdía 12-14 no 2º set que o desanimou e cedeu ao final por 1-3  

2° Galega

  • Resultado: A.D. Zas O Pinar - Arteal "B" (0-4)
Imaxe do AD Zas O Pinar - Arteal O equipo formado por Laura García, Miguel Romero, Lara Romero e Tatiana Recarey non tivo opcións frente ós xogadores santiagueses, debido á falta de confianza na pista; pero o punto positivo foi que puxeron en práctica o aprendido nos adestramentos.  
  • Resultado: A.D. Zas Dimobel - Arteal “B”(0-4)
Os veteranos tampouco tiveron moitas opcións contra os composteláns, pero estiveron unidos en todo momento, polo que destacou o compañeirismo entre Matteo Yang, José Antonio Pazos e Javier Romero.  
  • Resultado: Hípica Coruña - Concello de Santa Comba (2-4)
Segundo triunfo dos de Santa Comba, o trio formado por Brais Gesto, Cristian Vilar e Miguel Forjan fai moi bo equipo e estarán ao final nos postos de arriba. Neste encontró solo Cristian e Brais cederon ante o veterano Yanguas. Peor oresto dos partidos gañaronnos fácilmente.  
  • Resultado: Recreo Cultural de A Estrada – SD A Baña (2-4)
Primeira vitoria da SD A Baña nas ligas absolutas de tenis de mesa, a canteira en A Baña de momento está garantida. Os puntos conseguironnos Álvaro Pérez e Alba Pérez, está gañando os dous individuais e o dobre con Álvaro. No será o último que gañen pero o primeiro sempre da moitas forzas e gañas de seguir.  

Vindeiras citas

Os vindeiros encontros serán:
  • Sábado 21 de outubro: - 2ª División: AD ZAS PONCIANO NIETO – ARTEAL ás 17:00h no ximnasio do CPI de Zas. - 1ª División: Conxo Ponte de Ferro – CONCELLO DE MAZARICOS ás 18:30 no pavillón de Vite, Santiago. - 2ª Galega: AD ZAS O PINAR – CONCELLO DE SANTA COMBA ás 17 h. no ximnasio do CPI de Zas. - 2ª Galega: LICEO NOIA “D” – AD ZAS DIMOBEL BAZAR BAIO ás 17 h no Liceo de Noia. - 2ª Galega: SD A BAÑA - VTM PIZZERÍA HILTON ás16 h no ximnasio do CPI de A Baña. - 2ª Galega: SD A BAÑA - VTM PINTURAS FIGUEIRAS ás 18 H. no ximnasio do CPI de A BAÑA.
  • Domingo 22 de outubro: 1ª Galega: CTM Recreo Cultural de A Estrada – CONCELLO DE MAZARICOS.
 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

   

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema.