1ª Galicia: O Fisterra impúxose no derbi das urxencias
05 de febreiro de 2018 (11:15 h.)
SIGÜEIRO C.F. 0 - SONEIRA S.D. 3
SONEIRA S.D.: Anxo, Darío (Brais Mouzo 83´), Jota, Aarón, Forján, De la Sierra, Pichi (Chinda 71´), Basti (Vía 62´), Nazo (Chapela 60´), Alex Figueiras e Sandelo
GOLES: 0-1 7´Basti 0-2 58´Nazo 0-3 65´Chapela
Encontro moi completo do Soneira en Sigüeiro onde venceu con claridade ó conxunto local. A primeira media hora foi do Soneira, combinando con claridade e chegando á meta local. Ademáis do gol de BAsti, Nazo, Pichi e Forján tiveron boas opcións de gol. O segundo tempo discurriu polos mesmos derroteiros, e Nazo e Chapela, que saíu polo propio Nazo, sentenciaron o encontro moi pronto.
S.D. FISTERRA 1 - S.D. SAN LORENZO 0
S.D. FISTERRA: Paulo, Fabián, Breixo, Robertín, Ayose, Piti (Noé 87´), Dani, Pablo Lestón (Gabriel Vigo 77´), Gabri Pazos (Mané 89´), Víctor (Isaac 65´) e Roco.
S.D. SAN LORENZO: Javi Souto, Samu, Adrián (Yago Varela 75´), Juanjo (David Baneira 85´), Pablo Díaz, Alex Taibo, Aitor (Alex Rodríguez 81´), Pablo Garrido (Brais Cancela 61´), Parafita, Diego Varela e Dani Pena.
GOL: 1-0 34´Víctor
Derbi igualado en Ara Solis que se decidiu por un solitario gol de Víctor Agulleiro contra a media hora de encontro. O encontro foi dos de tensión, coñecedores ambos equipos do que se xogaban. Ningún quixo arriscar de inicio, condicionados polo vento e a auga que caeu. O gol chegou nun centro de Pablo Lestón que Víctor rematou ás mallas. Tivo Robertín outra boa opción para os locais, e por parte do San Lorenzo era Parafita o que aglutinaba o perigo. O centrocampista verdillés está nun bo momento. O San Lorenzo acosou no último cuarto de hora e Paulo tivo que facer dúas boas paradas para evitar a igualada. Robertín mandou o que puido ser a sentencia ó longueiro, pero o Fisterra aguantou e levouse os puntos.
C.D. BAIO 0 - TORDOIA C.F. 1
C.D. BAIO: Dani Varela, Pablo Novo, Isaac, Mario, Norberto (Adrián Lema 30´), Fachal (Martín 59´), MC, Iván Rojo, Bieito, Diego Moreno (Rubio 56´), Santi Díaz (Ramón 70´).
GOL: 0-1 15´Dubra
Tivo un mal día o Baio ante o Tordoia nun duelo fundamental para a permanencia que caeu do lado visitante. O Baio buscou o gol dende o principio e tivo unha gran ocasión ós 10 minutos, nunha cesión ó porteiro que interceptou Iván Rojo, pero non foi quen de marcar. Adiantouse o Tordoia ó cuarto de hora por medio de Dubra. Lesionouse Norberto e tivo que saír Adrián Lema. Á media hora Isaac tivo un man a man pero o gardameta visitante sacou o balón a córner. Dani Varela sacou unha boa man a tiro de Dubra e Santi Díaz puido marcar pero un defensa sacou o balón baixo paos. No segundo tempo seguiron as ocasións locais, un man a man de Santi Díaz, un disparo de Rubio que sae rozando o pao pero non era o día dos locais cara a gol.