2ª Autonómica: Ponteceso e Camariñas afiánzanse
Xornada 20 e a Liga da Costa parece cousa de dous. Non fallaron os Ponteceso en Carnota e o Camariñas na casa ante un correoso Castriz. E aproveitaron así o tropezo do Club do Mar ante un San Lorenzo que sempre ensina a súa mellor cara ante os de arriba. Por detrás, Muros e Sofán aseguran que loitarán por esa terceira praza e non deixarán que os dous de arriba se acomoden.
Por abaixo tamén houbo encontros importantes. O Porteño case que sentenciou ao Vimianzo nun encontro vital para os de Gerpe. Con eles loitarán pola 3ª praza de descenso o Buño, que só empataba ante un Baio en cadro, e O Pindo, que caía ante o Dumbría B. Esteirana, Corme, Malpica e Baio tampouco poden despistarse.
Sofán - Fisterra (2-0)
- Sofán: Álex, Róber, Miniño (Gustavo, min.80), Juanjo, Pensado, Alemán, Adri (Manolo, min.76), Diego, Jacobo (David, min.61), Mario, Bertín (Juanjo Rabuñal, min.65).
- Fisterra: David, Juan, Roco, José María Senra, Piti, Rodri, Nico, Roa (Hidalgo, min.76), Guardiola, Tati (Eddy, min. 82), Manoliño.
- Goles: 1-0, min.30: Mario; 2-0, min.78: Juanjo Rabuñal.
- Expulsado: Nico (min.78).
Partido máis cómodo do esperado no Carral ante un Fisterra que chegaba cheo de xuventude, con moitas baixas e a marexada de fondo aínda presente. Non puido estar Senra no banco fisterrán por mor dunha operación (desexámoslle dende aquí unha pronta recuperación para guiar o barco). O Fisterra intentou xogar favorecendo que se vise un econtro bonito nunha tarde fría pero fermosa.
O Sofán controlaba o xogo e o Fisterra buscaba a contra. Tardou a SD en crear perigo pero Adrián non puido marcar. Foi Mario quen á media hora adiantaba aos locais.
A xogada clave chegou á volta do descando, cando o meta Alex fixo unha doble intervención a tiros de Rodri e Guardiola case a bocajarro que significaría o empate. A expulsión de Nico foi un mazazo ao que non se puideron levantar os fisterráns e Juanjo facía o 2-0 sentenciando o choque.
Cómpre destacar o debut do arteixán Alex na meta sofanista, que ademais tivo moita relevancia facendo meritorias intervencións en momentos claves. O meta de 21 anos chega cedido dende o Laracha e pode ser unha peza básica para os sonfaistas.
Muros - Malpica (2-1)
- Muros: Ruzo; (Lupi, min.74), Gael, Iván, Teo, (Dani, min.73), Mayuyo, (Martín, min.88), David, Bibi, Miguel, Toni, Varito, (Edu, min.90), Cexo, (Manu Dosil, min.84).
- Malpica: Suso; Charly, Marcos Amado, Víctor, Iago, Ismael, Neucha, Casais, (M. Dourado, min.46), Cheo, Manu Pardo, Eloy.
- Goles: 1-0, min.40: Miguel, de fermosa falta frontal; 1-1, min.50: Eloy; 2-1, min.75: Toni aproveita un barullo na área visitante.
Precisaba a vitoria o Muros para achegarse á 3ª praza trala derrota do Club do Mar o sábado. E foi a por ela, pero o Malpica aguantaba e intentaba saír á contra. Miguel e Sexo intentárono por parte local; e Cheo facía o propio por parte visitante. Pero o gol non entrou ata que Miguel lanzou unha maxistral falta dende a frontal a 5 minutos do descanso.
Na segunda, malia que tampouco había demasiada profundidade, o Muros mellorou o xogo. Así e todo Eloy conseguía o empate e os de Felipe tiveron que remar e loitar contra a seria defensa e un Suso espectacular. Foi Toni o que meteu un pé pícaro para darlle a vitoria aos locais. No treito final estirouse o Malpica pero Lupi abortou os intentos visitantes.
Corme - Esteirana (0-1)
- Corme: Susiño (Javi, min.80), Adolfo, Abel (Chino, min.80), Pipo (Juanma, min.70), Alejandro, Martincinho, Diego, Lente (Yoshua, min.55), Iago, Lucas (Felipe, min.80), Alejo.
- Esteirana: Ramón, Mingos, José Varela, Suizo (Cajulo, min.75), Dani Rama, Pepiño, Uru (Adrián, min.60), Alex, Simón, Andel (Adelino, min.60), Roberto Pladur (Godo, min.75).
- Gol: 0-1, min.20: Simón de falta.
Tarde fría, con moito vento e pouca xente no Cairo, i é que había enterro e moita resaca da vitoria dos xuvenís do sábado. Ademais, os locais chegaban con moitas baixas en Corme. O encontro comezaba cun tiro ao pao do Corme, pero á volta da xogada Simón marcaba de falta.
Quedaba o partido como máis lle gusta á Esteirana, por diante fóra da casa con espacios. E fixeron moito perigo os rápidos dianteiros muradáns que aproveitaron unha e outra vez a lentitude da defensa cormelá para achegarse á meta de Susiño e do xuveni Javi, que tivo uns minutos. Puideron ampliar aínda no treito final, por medio de Roberto Pladur, un posible penalti, e Cajulo, que tivo unha ocasión doble.
Vitoria fundamental para os de Esteiro, que collen na táboa ao Corme e se alonxan lixeiramente dos de abaixo.
Camariñas – Castriz (1-0)
- Camariñas: Pombo, Pesqui (Ogando, min.75), Breo, Maikel, Josiño, De la Sierra, Moriño, Brais, Javi (Adrián, min.60), Juan Bello, Mané (David, min.60).
- Castriz: Angel, Chinda, Alex, Toniño, Sergio Pose (Martín Ríos, min.85), Alberto, Dani, Mauri (Bruno, min.70), Suso, Sebas (Rubén, min,75), Fili.
- Gol: 1-0, min.87: Juan oBello tra un pase de David.
Partido equilibrado e duro o xogado no Hermanas Patiño. O Castriz prantouse atrás intentando controlar os homes perigosos do Camariñas. E conseguíu maniatar na primeira parte provocando o mal xogo dos locais, que conducían demasiado o balón favorecendo á fortaleza dos de Huelvis.
Na segunda cos cambios e sobre todo coa entrada de David, cambiaron as tornas, e o Camariñas tomou as rendas do partido. E iso que á contra facía dano o Castriz e tivo un man a man de Sebas que lle quitou Pombo, pero os xalleiros non aproveitaron os espacios que abriu Manolín nas súas filas. Angel tamén parou unha internada de Juan oBello, pero non puido facer o propio a falta de 3 minutos para o final oBello non marraba unha gran xogada de David pola banda.
Dumbría B - O Pindo (1-0)
- Dumbría B: Anxo, José Manuel, Sergio Cives, David Carreira, Samuel (Ivanete, min.75), Jesús, Fernando (Ramimro, min.60), Miguel Poyo, Tantán, Pablo Lestón (Pablo Casáis, min.70), Pablo Muíño (Tano, min.85).
- O Pindo: Garrido, Jose, César, Mateo, Miguel, Julián (Pulpo, min.70), Diego (Edu, min.80), Rivas, Rafa, Víctor y Aitor.
- Gol: 1-0, min.65: Pablo Muíño de penalti.
Partido solo en Dumbría que se decidiu dende os 11 metros. Un penalti ademais protestado polos visitantes que o viron 1 metro fóra da área. Non reaccionou o equipo do Pindo e malia intentalo nun par de ocasións non evitaron que o Dumbría marche definitivamente da zona de perigo.
Vimianzo - Porteño (0-1)
- Vimianzo: Damián, Amarelle, Maikol, Lagoa, Camilo, Arán, David Pose, Pablo Santa Cristiña, Martín (Ribeiro, min.65), Sergio Vilaseco (Dieguito, min.75), Iván de Baíñas (Manacas, min.60).
- Porteño: Asier, Rubén (Astu, min.70), Roi (Piti, min.20), Pejo, Manu, Quilmes, Óscar (Iván, min.46), Brais, Ismael, Sestayo, Iago (Varela, min.65).
- Gol: 0-1,min.25: Iago picou ao porteiro.
- Expulsión: o local Lagoa no min.80.
- Lesión: Roi con 5 putos de sutura tras un golpe.
- Buño: Brais, Daviciño, Lolo (Emilio, min.70), Diego, Angel, Fernando (Elías, min.65), Mendieta, Jorge, Juan, Víctor, Rubén (Berti, min.60).
- Baio: Manuel, Diego, Mario, Ramón, Pablo, Martín, Pirucho, Alberto, Fachal (Bieito, min.46), Canai, MC (Eloy, min.75).
- Gol: 0-1, min.20: MC tras unha indecisión entre o central e o porteiro local; 1-1, min.96: Víctor.
- Expulsión: Pirucho no min.60.
- Carnota: Riolo, Nico, David Brea, Tono da Caixa, Pedro, David Castreje (Óliver, min.60), Andrés (Pumuki, min.80), Gabri (Pablo Beiro, min.70), Casti, Joselu, Manuel Luís.
- Ponteceso: Norberto, Fabián, Mario (David Velo, min.70), Carlos, Dani, Pablo, Tucho, Luisete (Adrián, min.75), Bolón (Charro, min.80), Toniño (Puente, min.65), Alfrediño.
- Goles: 0-1, min.50: Alfrediño; 0-2, min.60: Luisete; 0-3, min.70: Bolón.
- Club do Mar: Iván (Borja, min.46), Chori (Chori, min.60), Juan Lareo, Chechu, Isaac (Pablo Piñeiro, min.46), Alberto, Repi, Corral, Fran, Jacobo, Brais.
- San Lorenzo: Sergio, Dubra, Casillero, Puñal, Quillo, Adrián (Anxo, min.80), Cachizo (Marcos Cancela, min.70), Alex (Fuentefría, min.60), Iván Rey, Jorge Pichel (Carliños, min.50), Alexandre.
- Goles: 0-1, min.20: Alex de falta; 0-2, min.35: Alexandre tras un erro do meta local; 1-2, min.75: Manu
- 1ª Autonómica: Cee e Xallas seguen apostando polo ascenso.
- Preferente: Un punto menos para acadar a salvación.
- Resultados da fin de semana no fútbol costeiro.
- O Camariñas presentou alegacións polo encontro ante o Ponteceso.
- A crónica da 3ª de Alberto Pose: Unhas conclusións sobre o 2010 na 3ª da Costa.
- A crónica da Liga da Costa de Manuel Varela: Por Nadal, datos e turrón.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora o Blog da SD Sofán, e o Blog do Malpica de Luis E. Porto.
- Fotos do SD Sofán.
Partido malo por parte de ambos conxuntos, acorde coa súa posición na táboa, e coa tensión dado todo o que se xogaban ambos equipos. Marcou o Porteño ao comezo, e se dedicou a nadar e gardala roupa. Lagoa, que acabou expulsado, mandou un balón ao pao na única xogada salientable da primeira metade.
Tampouco apretou demasiado o Vimianzo na segunda, e tan só tivo unha boa ocasión do Vimianzo de Pablo Santa Cristiña. E o Porteño dedicou máis a deixar pasar o tempo, consciente da importante vitoria que o achega aos Buño e O Pindo. No treito final o Porteño puido ampliar a renda á contra pero Varela quíxolla picar pero parou o meta Damián co peito; Astu fallou de cabeza a centro, e Iago tamén marrou a un centro de Varela.
Buño - Baio (1-1)
Foi mellor o Baio nos primeiros 45 minutos, pero trala expulsión de Pirucho meteu atrás o equipo baiés e o Buño apretou ata o empate. Ata 3 tiros ao pao, e un claro man a man de Rubén, puideron conseguir o empate pero o Baio resistíase a perder os 3 puntos malia que o partido tiña cor local.
E cando en Baio contaban cos 3 puntos, o colexiado deixou un longo desconto ata que Víctor acadou o empate. Protestaron os visitantes, que tamén entenderon que a primeira tarxeta de Pirucho non fora nunha entrada do seu compañeiro Mario.
Cómpre destacar o debut no cadro de Pablo Mallón de Daviciño, un exemplo de entrega e constancia na Liga da Costa.
Carnota – Ponteceso (0-3)
Non puido o Carnota facerlle fronte ao todopoderoso Ponteceso. Aguantou unha parte pero na segunda a pegada dos de Berto foi clave para sentenciar o choque.
Club do Mar - San Lorenzo (1-2)
Bo partido en Paiosaco entre dous equipazos. Comezou pegando o equipo local pero o balón non entraba e na meta local Sergio (Recarey lesionábase no quecemento) estaba fantástico. Un poste, un balón ao longueiro, un man a man de Corral que parou Sergio por dúas veces, e un cabezazo de Repi foron as mellores ocasións dos locais na primeira metade. Pero o balón non quería entrar e foi Alex o que adiantou aos visitantes por medio de Alex que transformou unha falta.
Sacou a súa mellor versión o San Lorenzo e pasou a controlar o partido demostrando que contra os de arriba sempre dá a cara. Brais puido empatar pero tampouco estivo fino. E Alexandre aproveitou un erro do meta local para facer o 2-0.
No comezo da segunda seguía dominando o San Lorenzo pero houbo que facer cambios porque se lle subiron os xemelgos a 4 xogadores e quedou sen medio campo o equipo de Verdillo. E crearon perigo os locais na última media hora, pero a defensa carballesa e o meta Sergio estiveron fantásticos. No último suspiro tivo Pablo Piñeiro unha boa oportunidade para empatar pero o sábado non era odía dos dianteiros caioneses, que seguen botando de menos á baixa de Tonecho, lesionado dende hai 2 meses.