O C.D Baiñas consegue esta tarde levarse un dos Trofeos máis valorados no Futbol da Costa,e a súa vez o primeiro Trofeo para este novo e reforzado Equipo de Juan Silva.
O Conxunto de Jose Manuel Pato foi claro dominador do encontro. Nos primeiros compases do partido os xogadores do Baiñas andaban un pouco desorientados, notabase que había xogadores novos no plantel e esta circunstancia aproveitouna moi ben Lucas para adiantar o Corcubion.
Pouco lle duraría a alegria os homes entrenados por Nito, xa que unha boa internada pola banda de Javi Suarez fai que Cristian empate o partido para o Baiñas tras un bó pase do dianteiro . A partir de ahí o partido cambia totalmente e empezan a chegar as ocasións de Gol, donde un pouco mais tarde un penalti provocado e materializado por Javi Suarez fai que estes se adianten no marcador 1-2. Os homes de Nito que tiñan baixas importantes non souberon repoñerse o segundo gol e intres mais tarde xa chegaria o 1-3 obra de Fernando.
Xá ,para rematar a primeria metade chegaria o Golazo de Falta directa obra de Esteban, que pon contra as cordas a un Corcubión bastante floxo en todas as súas liñas. Tralo descanso se produciron varios cambios en ambos conxuntos, pero o resultado xa non se movería ata cerca de rematar o encontro con Gol de Iago Lema de Penalti provocado por Edu. E así terminaría un encontro con unha Victoria do Baiñas por 2 a 4 que adxudicaria o Trofeo Carlos Lojo o equipo de Pato.