2ª Autonómica: Cando a vida está por riba de todo
05 de outubro de 2015 (15:35 h.)
Ameixenda - Cerqueda (0-0)
- Ameixenda: Maikel, Jorge, Grille (Rafa, m.60), Bichiño, Samuel, Momaño (David, m.40), Andrés (Demetrio, m.70), Jesús, Brais, Camacho e Mario.
- Cerqueda: Diego Dourado, Javi Pazos, Atu, Dani, Sergio, Lorenzo, Fernando, Manu Guillamet, Darío (Javi Gemelo) (Uru), Luchi (Brais) (Jon) e Adrián (Eloy).
- Expulsións: os visitantes Fernando e Javi Pazos e o local David no m.90.
O susto da temporada
Partido moi pelexado, co vento moi protagonista, sen demasiadas ocasións. A primeira parte o Cerqueda xogou con el a favor, e tivo varias ocasións nos primeiros minutos a lanzamentos desde fóra da área de Fernando, e Luchi de falta, ou Adrián. O choque parábase durante máis de media hora polo suceso acontecido a falta de 5 minutos do descanso, e o choque quedou tremendamente frío durante a segunda metade. Os locais levaron a iniciativa neses segundos 45 minutos, e tiveron varias ocasións aproveitando o vento e a superioridade numérica, facendo a Diego Dourado como protagonista do partido, porque ademais da súa acción heroica, fixo 5 boas paradas para deixar o empate a 0.Porteño - Cabana (3-3)
- Porteño: Martín, Curra, Gabri, Manuel, Óscar, Quilmes, Pejo, Vicente (Cachirulo, m.65), Cristian, Roi e Marcos (Wii, m.65).
- Cabana: Vázquez, Raúl, David Varela (Grille, m.85), Ismael, José Cabana, Aurelio (Samuel, m.65), Adrián (Álex, m.75), Reigía, Diego, Eloy e Santi.
- Goles: 0-1, m.50: Santi; 1-1, m.60: Quilmes; 1-2, m.65: Santi tras un erro defensivo; 1-3, m.75: Diego tras un erro do meta local; 2-3, m.89: Cristian de penalti sobre Roi; 3-3, m.91: Roi nunha melé dentro da área.
- Expulsión: o cabanés Eloy no m.26 e ao local Wii (m.88).
Empate "in extremis"
Segue con moitas baixas o Cabana de Tono e Ordóñez, que voltaba á súa casa. Tampouco arrinca tampouco o equipo de Papi, que segue buscando reforzos de categoría. Quedaba marcado o partido pola expulsión do visitante Eloy aos 25 minutos, que permitiu que o Porteño tomase o mando. Non acerto as poucas ocasións que tivo o cadro local nunha igualada primeira metade, e na segunda, cando mellor estaba, chegaba o primeiro regalo e Santi metía por diante. Empataba pronto Quilmes pero o Cabana acertaba cada vez que chegaba aproveitando as concesións defensivas locaisl. Co 1-3 mete Papi toda a artillería. Pasan os minutos e cando quedan apenas 3, cando o partido parecía case que sentenciado, os locais piden penalti sobre Roi que non sinala o árbitro pero na seguinte xogada si que pitan o penalti sobre o propio Roi e Cristian recurta distancias. E xa co tempo cumplido, tras varios rexeites, nunha melé dentro da área, empataba o cadro da Ponte. Aínda tivo o Cabana a puntiña nunha contra para volver a darlle a volta ao marcador, pero quedaría finalmente con ese empate que non satisface a ningún. [fbvideo link="https://www.facebook.com/cabana.soc.dep/videos/497516150423718/" width="700" height="500" onlyvideo="1"]Zas - Mazaricos (1-0)
- Zas: Bugui, Rubén Forján, Josito, Braulio, Dieguito, Rubio (Manu, m.65), Isma, Adrián (Cilindro, m.70), Sande (Dani, m.64), Chapela (Dieguiño, m.80) e David Blanco.
- Mazaricos: Miguel, Miguel, Marcos, Matías, Martín, Ricardo, Pereiro, Estéfano, David, Jose Ángel e Chenel.
- Gol: 1-0, m.60: Rubio.
Derbi con franxa
Intenso derbi da montaña que levou este Zas de Víctor Pazos, que controlou máis o partido e tivo máis ocasións. Así e todo foi un choque moi igualado, decidido por un solitario gol de Rubio tras un balón perdido pola zaga amarela no medio campo. Os de Néstor, que prantexaron un partido moi correoso cun gran bpque defensivo, apenas xeraron ocasións de gol, pero tiveron o empate a 5 minutos para o final nunha xogada na que pediron penalti sobre Chenel que o colexiado non apreciou punible. Os zaenses consideran, pola súa banda, demasiado curto o marcador pola ocasións xeradas. Na primeira mitade Josito tirou esplendidamente unha falta sobre a barreira pero o balón foi a cruceta. Pediron un penalti sobre David Blanco mais este prantouse diante do porteiro pero non acertou a definir. Os visitantes pola súa parte buscaban os balóns en largo a Chenel pero Josito e Braulio tiveron a este perfectamente controlado. Na segunda parte, ademais do golazo de Rubio, David Blanco das que non soe perdoar.Ponteceso - Cee (3-1)
- Ponteceso: Brais, Collazo (Cacha, m.70), Moscoso (Marquez, m.55), Charli, Pablo (Iago, m.65), Mendieta, Nando, Recarey, Puente, Dieguito e Youseff (Eloy, m.46).
- Cee: Carliños, Jorgito, Piquero, Aitor, Nico, Andrés Fandiño (Ismael, m.46), Jacobo, Pereira (Esteban, m.46), David de Muxía, Picallo (Chiru, m.55) e Josiño do Ézaro (Leo, m.55).
- Goles: 1-0, m.16: Puente cun golazo pola escuadra; 2-0, m.20: Recarey de falta directa; 3-1, m.43: Puente tras unha parede con Recarey; 3-1, m.75: Leo.
- Expulsións: o adestrador pontecesán Barca e o delegado ceense Gabi no mesmo minuto.
- Lesión: o local Youssef con 4 puntos nunha cella.
Baixan as augas revoltas por Cee
Está tendo sorte o equipo de Barca que está en racha total, e o domingo foi merecedor da vitoria ante este Cee de Alfredo Cambeiro, por onde "baixan as augas revoltas". Certos "problemas de disciplina" fan que o cadro ceense teña que xogar cun porteiro de 15 anos, Carliños, e ver situacións como un xogador fumando de curto no banquiño durante todo o segundo tempo por negarse a saír, tralo toque de atención de Cambeiro deixando a varios veteranos no banquiño. "Non sei como se resolverá isto", recoñece Alfredo, pero en todo caso afirma estar aberto ao diálogo para reconducir a situación. O Ponteceso, pola súa banda, presentou un equipo moi semellante ao do ano pasado, só coa única novidade de Nando, que volve ao equipo pontecesán tralo seu pasou polo Seaia, mentres outras incorporacións como Baba ou demais está tendo problemas. A primeira metade comezou moi ben para os locais, que saían tocando e que se adiantaban pronto gracias á calidade de dous dos homes máis prometedores formados na casa: Puente e Recarey. Houbo momentos de xogo duro pero o partido calmouse. Na segunda puideron entrar varias ocasións de Eloy nada máis comezar, pero o Cee foi meténdose en campo contrario e facendo dano. Leo recurtou, e os puntas ceenses, ademais de pedir dous penaltis, obrigaron a lucirse ao meta local Brais, para manter a vantaxe.Buño - Castriz (0-4)
- Buño: Jose, Miguel Dourado, Fran Borrazás, Dimitri, Eloy, Dani Mato, Iván Mato (Richard, m.80), Emilio, Víctor (Juan, m.65), Dani e Dani Calvete (Velo, m.60).
- Castriz: Añón, Miguel (Dani Martínez), Álex, Alberto, David Velo (Fabián), Martín Uruguayo, Bolón (Iván), Darío, Adrián Prol, Bruno (Diego Maneiro) e Álex Flores.
- Goles: 0-1, m.18: Álex Flores; 0-2, m.50: Álex Flores; 0-3, m.85: Adrián Prol; 0-4, m.88: Darío.
Boa efectividade xalleira
Primeira parte igualada, con dominio de balón do Castriz pero sen crear demasiado perigo, na que o cadro de Periscal atopouse cun gol nun fallo da defensa tras un saque de banda que o deixaba pronto en vantaxe. Na segunda si que foi moi superior o equipo visitante, facendo moi rápido o 0-2 e completando a goleada nos minutos finais.Esteirana - Carnota (4-0)
- Esteirana: Ponte (Alex de Yi), Code, Rafa (Jose), Veloso, Tobío (David=, Sui, Adri, Simón, Alex, Campos e Róber Pladur.
- Carnota: Peipo, José Ángel (Cibrán), Manolo Chouza, Carreira, Adrián, Raúl (Alexis), Nakata, Miguel, Oreiro, Oli (Pumuki) e Jrabello.
- Goles: 1-0, m.7: Róber Pladur; 2-0, m.10: Róber Pladur; 3-0, m.28: Campos; 4-0, m.55: Róber Pladur á contra.
Volve Pladur
San Lorenzo - Volantes (7-0)
- San Lorenzo: Javi Souto (Puyol, m.60), Anxo, Adrián (Kevin, m.58), Rudi, Juanjo, Álex Taibo, Álex Figueiras (Omar, m.58), Mario, Isaac (Joaquín, m.55), Fuentefría (Luís, m.55) e Juni.
- Volantes: Rubén (Jose), Juan, Sergio, Mou, Jurjo (Kajulo, m.46), Yago, Tico, Javi, Piki, Pardelo e Yanki.
- Goles: 1-0, m.11: Isaac; 2-0, m.24: Alex Figueiras; 3-0, m.58: Joaquín; 4-0, m.65: Joaquín; 5-0, m.75: Mario; 6-0, m.80: Joaquín, 7-0, m.85: Rudi.
- Lesión: o meta local Rubén.
- Expulsións: os muradáns Sergio (m.55) e Juan (m.60).
O laranxa ponse escuro
Mal pintan ás cousas por Baño. Apenas puido contar con 13 xogadores Jurjo para a visita ao líder, e ademais de quedar con 9 homes, o cadro laranxa recibíu 7 pero puideron caer algún máis.Coristanco - Camariñas (2-1)
- Coristanco: Herrera, Xavi, Pablo, Sergio, Rubén, Mallón (Ivi, m.50), Andrés (Iván, m.80, Damián (Toni, m.60), Magovi (Jorge, m.70), Gonzalo (Alexis 75) e Lagoa.
- Camariñas: Pablo, Niko, Kevin (Sergio, m.80), Rodri, David Vieites (Pablo Suárez, m.75), Moriño, Carlos, Sergio (Espi, m.50), Chikote (Adrián min.70), Sule e Yuyo.
- Goles: 1-0, m.15: Gonzalo; 1-1, m.22: Yuyo; 2-1, m.40: Yuyo tras un erro da defensa.
Erros caros
Pagaron moi caros os erros o cadro camariñán, xa con Javi Baña no banco trala destitución de Gerpe. O cadro camariñán fixo un bo partido pero o Coristanco estivo máis acertado. Comezou o Coristanco levando a manixa, e Magovi e Gonzalo avisaban, antes de que este último adiantase aos de Da Silva. Pero reaccionaba ben o Camariñas e Yuyo empataba, pero nun fallo do central visitante, recuperaba Magovi e mesmo marcaba o 2-1. Foise arriba o cadro visitante na segunda, metendo ao Coristanco no seu campo, e terías varias ocasión, sobre todo a balón parado, que sacou Herrera.Baíñas - Fisterra (2-1)
- Baíñas: Sergio, Matías, Alemán, Samu, Héctor, Carliños, Miguel, Jorge, Esteban, Javi e Tasky. Tamén: Pablo Rey e Cristian.
- Fisterra: Norberto, Munitis, Julito (Abel, m.80), Roco, Dani, Santi (Piti, m.46), Cote (Guardiola, m.60), Pablo Lestón, Adrián (Bruno, m.36), Mané e Adrián Makaay.
- Goles: 1-0, m.30: Jorge; 1-1, m.60: Mané; 2-1, m.77: Matías marca un golazo dende 35 metros.
- Expulsións: os fisterráns Mané (m.73) e Bruno (m.89).
Partidazo tardío
Pechaba a xornada o tardía partidazo entre dous dos mellores equipos deste comezo de tempada. Chegaba o cadro de Pablo Mallón con 11 xogadores e dous lesionados, que só saíron para perder tempo no desconto. Pero pelexou o equipo verde e amarelo ante un gran Fisterra. O partido foi unha parte para cada un. O equipo local dominou na primeira metade, a favor de vento, e cun Javi Suárez sempre protagonista facendo moito dano por banda dereita. Jorge tivo unha gran ocasión quedando só diante da portería, e na seguinte entrada por banda non fallaba. Mellorou o equipo de Nacheo na segunda, meteu atrás ao Baíñas e empatou o choque cun gol de Mané. E cando mellor estaba o cadro visitante, o colexiado expulsaba a Mané por un agarrón ao borde da área sendo o segundo cartón. Non se viñeron abaixo os fisterráns que o seguiron intentando, pero o Baíñas tamén chegaba en varias contras, pedindo un penalti por mans de Pablo Lestón. Aínda quedaba tempo cando o colexiado expulsaba a Bruno, e xa co tempo cumplido aínda Sergio sacou un balón baixo paus que puido ser o empate. Partidazo no Municipal que dá conta de que estes dous equipos van estar moi arriba.Crónicas da 2ª Autonómica
- X.4: Ouro en Ara Solis.
- X.3: 3 líderes e 2 pechacancelas.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: 6 minutos de acerto.
- Preferente: Pechando a táboa.
- Unha xornada marcada por un grave susto.
Conversas co Mito
- Conversas I: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Conversas II: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa as facía eu”.
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).