Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Última xornada do 2015 na Liga da Costa (saben que o día 27 hai Copa da Costa… menuda data…). Unha xornada que deixa ao Zas líder trala súa goleada en Cee ao Ameixenda, e o tropezo do Ponteceso na Rocheira, ante un Coristanco que pasará as uvas con tranquilidade.
Pero o protagonista da xornada foi o Mazaricos, que gañaba o partido máis interesante da xornada en Verdillo, e supera ao San Lorenzo colocándose na 3ª praza a só 4 puntos do líder, e a 2 do Ponteceso.
Así e todo, a cousa está moi igualada, e entre o Zas e o Castriz (7º) hai só 8 puntos. En todo caso, a xornada deixa un novo adestrador destituído. O Castriz decide prescindir de Raúl Periscal polos "malos resultados".
Por abaixo, había un partido por riba de todos, de urxencia. E a polémica foi protagonista, con varias decisións arbitrais que non gustaron nada aos cabaneses e que permitiron que o Volantes escape lixeiramente da zona de descenso directo que precisamente marca o Cabana, co Carnota.
Raúl Periscal foi destituído como míster do Castriz
Temporal verde
Un temporal en todos os aspectos foi o Fisterra en Ara Solis ante un Camariñas cheo de xuvenís e mesmo cadetes. Foi superior de principio a fin o cadro de Nacho, e só o cadete Brandon, recén chegado do Dumbría da División de Honra, puido empatar con 1-0 no marcador. Pero era un espellismo, porque a superioridade local era clara.
Volantes 3-2 Cabana
Volantes: Rubén, Pablo, Juan, Roi, Paky, Uru (Tiko), Iago, Pardelo, Andel, Javi (Cucurro) e Yanki (Sergio).
Cabana: Vázquez, David (Grille, m.88), Isma, José Cabana, Raúl, Alex, Fernando, Miki, Manolo do Cruceiro (Borja, m.80), Santi e Adrián.
Goles: 1-0, m.15: Yanki de penalti; 1-1, m.44: Raúl; 1-2, m.51: Manolo do Cruceiro; 2-2, m.86: Juan nun barullo na área; 3-2, m.89: Pardelo remata facendo unha posible falta ao porteiro visitante.
Polémica final
Partido importantísimo na zona baixa, moi igualado que se decidía nos últimos instantes cun gol muradán moi protestado polos cabaneses por unha posible falta ao porteiro.
O choque estaba sendo moi duro, moi intenso, moi igualado. Comezaba o choque cun penalti, tamén protestado polos visitantes, que non fallaba Yanki. Pero antes do descanso empataba o Cabana.
A segunda era de dominio visitante, e Manolo metía aos de Toni por diante. Puido sentenciar aí o equipo cabanés, pero fallou e o Volantes volveuse meter no partido. Quedaban 4 minutos cando Juan aproveitaban un barullo na área para empatar.
Chegaban aí dúas novas xogadas polémicas. O colexiado sinalaba outro penalti, que tamén protestaron os cabaneses, pero desta volta Yanki fallaba ante a parada de Vázquez. Na seguinte xogada, un saque de banda longo, o balón chega colgado e Pardelo, posiblemente empurrando ao porteiro, fai o gol da vitoria local ante as protestas visitantes.
Baíñas 5-1 Carnota
Baíñas: Sergio; Matías, Pablo Rey (Samuel, m.74), Mario Casal, Héctor; Cristian (Esteban, m.59), Migueliño, Jorge Calvete, Eloy Cabeza (Tasky, m.56); Javi Suárez e Pablo Muíño.
Carnota: Peipo, Tono, Pedro Pichín, Adrián, Berni, Miguel, Nakata, Pumuki, Oli (Oreiro), Raúl e Manuel Luís.
Goles: 1-0, m.26: Javi Suárez; 2-0,m .37: Pablo Muíño; 3-0, m.51: Eloy Cabeza; 3-1, m.60: Pedro Pichín; 4-1, m.69: Mario Casal; 5-1, m.74: Javi Suárez.
Pouca historia
Partido sen moita historia pola superioridade clara do Baiñas de principio a fin, pois, aínda que tardou en bater a meta dun Carnota que chegaba con só 12 futbolistas, aos poucos fíxose dono do partido e o resultado quedouse curto, pois os atacantes locais, malia conseguir cinco tantos, tiveron oportunidades para lograr un resultado moito máis abultado ante un Carnota moi combativo e loitador, pero pouco máis.
San Lorenzo 2-4 Mazaricos
San Lorenzo: Javi, Rubén (Anxo, m.65), Adrián (Kevin, m.46), Juanjo, Rudi (Luís, m.46), Alex Taibo, Fuentefría, Mario, Isaac, Dani Pena(Parafita, m.62) e Juni.
Goles: 0-1, m.20: David de tiro cruzado; 0-2, m.25: Estéfano no segundo pau tras un pase de Chenel; 0-3, m.37: Estéfano; 1-3, m.50: en propia; 2-3, m.52: Fuentefría; 2-4, m.60: David de penalti.
O mellor partido dos amarelos
O mellor partido da temporada do equipo de Néstor, que superaron a un grandísimo rival como o San Lorenzo. Un equipo, o de Pedro Gómez, que volveu ter demasiados erros defensivos que permitiron encaixar 4 tantos, algo pouco habitual nestas dúas últimas campañas para o equipo de Verdillo.
Comezouaba mellor o partido o San Lorenzo, pero en fronte estaba un Mazaricos moi ordenado, con moita intensidade e un posicionamento defensivo avanzado que fixo q o rival non puidese xogar cómodo. Cada vez que recuperaban os amarelos se prantaban na área contraria. e así chegaban os primeiros goles, aproveitando roubos-erros e meténdose rápido arriba. 0-3 sinabal o marcador ao descanso.
Saíu o San Lorenzo a por todas tralo descanso e no primeiro cuarto de hora barreu ao cadro amarelo e recurtou ata poñerse 2-3 e meterse no partido. Pero un penalti tonto cometido pola defensa local permitía ao Mazaricos marchar de novo. Aguantou aí fenomenalmente as embestidas do San Lorenzo o cadro amarelo e sumou unha xusta vitoria meténdose na 3ª praza a sí 4 puntos do liderado e 2 da promoción de ascenso.
Ameixenda 1-9 Zas
Ameixenda: Maikel, Sergiño, Trillo (Ruso, m.40), Momaño, Álex, Jesús, Demetrio (Antón Lestón, m.46), Bichiño, Mario (Rafa, m.60), Borja e Nes (Grille, m.70).
Zas: Bugy (Tívoli, m.58), Diego F.(David Blanco, m.46), Josito, Manu (Carlos, m.46), Rubén Forján, Sande (Martín, m.57), Isma, Cili (Pablo,m .58), Rubio, Dani e Dieguiño.
Goles: 0-1, m.6; Dani marca tralo seu propi rexeite; 0-2, m.10: Rubio dende a frontal; 0-3, m.29: Dieguiño a centro de Diego F.; 0-4, m.33: Sande a centro de Rubio; 0-5, m.38: Dani; 0-6, m.47: David Blanco en xogada persoal; 0-7, m.55: David Blanco a pase de Rubén Forján; 0-8, m.58: David Blanco en xogada persoa; 1-8, m.70: Antón Lestón; 1-9, m.76: David Blanco de cabeza.
Vendabal do novo líder
Fala o marcador dun partido no que só houbo un equipo sobre o campo. O Zas barriu do campo a un Ameixenda que non se enterou de que empezaba o choque e en 10 minutos xa tiña dous goles no lombo, para rematar a primeira metade con 5 goles encaixados. Na segunda, David Blanco quixo sumar para o pichichi (xa suma 20 goles polos 17 de Álex Flores e os 15 de Estéfano) e así rematou a goleada.
Porteño 1-1 Esteirana
Porteño: Moro, Gabi, Caamaño, Roi, Oli, Iago, Quilmes, Doyle, Cris, Wii e Porto.
Esteirana: Ponte, Code, Rafa, Dani, Tobío, Martín, David (Alex), Marcos (Simón), Pablo, Jaime, e Manu.
Goles: 0-1, m.25: Rafa de cabeza nun córner; 1-1, m.28: Caamaño.
Expulsións: o local Quilmes e o vistante Simón.
Empate igualado
Redundante o partido entre un Porteño que necesita sumar de 3 en 3 e unha Esteirana acomodada no centro da táboa, peroi que chegaba con moitas baixas á Grixa. O campo estaba en malas condicións e o colexiado tivo choio e sacou ata 10 tarxetas amarelas con dúas expulsións.
Dominou o cadro esteirán a primeira metade que se adiantaba de córner. Estirouse o Porteño e antes de rematar a primeira parte empataría.
Na segunda foi un partido roto, de ida e volta sen pasar polo impracticable medio do campo, e tendo ocasións os dous equipos. A xogada clave, o penalti fallado por Cristian Canosa no eduador do segundo tempo.
Tivo tamén a Esteirana un par delas ao final para levar os puntos, pero Moro estivo moi seguro na meta loca.
Coristanco 2-1 Ponteceso
Coristanco: Nacho, Samuel (Marcos, m.60), Mato, Iván, Pablo (Sergio, m.70), Joni, Pazos, Toni (Damián, m.65), Gonzalo (Rubén, m.85, Magovi (Mallón, m.80) e Ivi.
Ponteceso: Brais, Puente, Collazo,Nando, Juanma, Dieguito, Laik, Yago, Ismail, Mendieta e Charli. Tamén: Eloy, Pablo, Xurxo, Iván e Márquez.
Goles: 1-0, m.40: Magovi á media volta; 1-1, m.52: Nando de falta que toca na barreira; 2-1, m.62: Ivi.
Unha Rocheira demasiado miúda para o Ponteceso
Partido de tensión na Rocheira, onde o Ponteceso non se soubo adaptar ás medidas do campo e só creou perigo a balón parado.
O Coristanco empezou moi intenso replegado no seu campo e buscando contras rápidas cos seus 3 homes de ataque, Ivi, Gonzalo e Magovi, que tiveron varias ocasións que fixeron lucirse ao meta visitante. A máis clara, un penalti protestado que pararía Brais maxistralmente ao cuarto de hora. Minutos antes un defensa local sacaría debaixo dos paus un remate de cabeza de Charli. Era Magovi o que facia xustiza a 5 para o descanso poñendo aos locais por diante.
O Coristanco seguía ben ordenado ante un Ponteceso que intentaba combinar pero non podía. Pero presionaba ben o cadro de Barca, que nunha falta empataría por medio de Nando. Despois do gol o Ponteceso encerrou o Coristanco no seu campo xerando varias ocasións para adiantarse no marcador. Mendieta remataba un centro de Eloy que para o porteiro local, Eloy supera cunha vaselina nun man a man pero chega un defensa local a sacar cando estaba a punto de entrar. E tras unha boa xogada combinativa pola banda esquerda, Puente tamén fai lucirse a un gran Nacho.
Tamén tiña o cadro local, pero o tanto de Magovi era anilado por fóra de xogo. Ivi marcaría o gol local e a partir de aí o Ponteceso, con máis corazón que cabeza, intentaría meter o Coristanco na súa área pero non puido coa defensa verde.
O banquillo visitante quedou moi enfadado coa actuacion arbitral polo que entenden que foi un exceso de permisividade. Ademais os pontecesáns seguen coa plaga de lesións que esta semana hai que aumentar a Baba que se lesionou xa no quencemento facendo que Barca só poida contar agora mesmo con 11 xogadores seniors. Sentaralle ben o parón.
Buño 0-4 Cerqueda
Buño: Toni, Miguel, Fran, Eloy, Dimitri (David), Emilio(Dani), Dourado, Juan (Gurita), Jorge (Iván), Richard e Víctor.
Cerqueda: Diego, Atu (Sergio, m.78), Dani, Pazos, Jon (Uru, m.46), Manu, Fer (Brais, m.67), Lorenzo, Darío, Eloy (Luchi, m.52) e Martin (Gemelo, m.70)
Goles: 0-1, m.16: Manu aproveita un barullo na área tras un córner; 0-2, m.03: Martín tras unha xogada entre Fer e Darío; 0-3, m.60: Gemelo nada máis saír; 0-4, m.80: Luchi de cabeza.
6 partidos sen perder o equipo de Emilio Uzal
Fermoso derbi xogado en Xaviña con 200 afeccionados nas bancadas. Empezaron os dous equipos moi metidos, con moito respecto e un Buño aproveitando que os visitantes saían algo dubitativos. Pero no minuto 16 xa mandaba o Cerqueda cun gol de Manu que aproveita un barullo na área. No 32 Martin facía o segundo nunha boa xogada de Darío por banda e rematou só no segundo pau.
Despois do descanso o Buño intentaba meterse no partido pero apenas conseguía crear perigo. Só Víctor inquedou a Dourado nun doble remate que o porteiro visitante solventou ben. Javi Gemelo saía o campo por Martin e o primeiro balón que tocou rematouno a rede desde a frontal. Mazazo que sentenciou o partido. Luchi faría o cuarto nunha contra demostrando que a pesar dos anos e dos quilos demais, hai un gran xogador.
Dura derrota para o Buño que necesita mellorar e xusta vitoria para o Cerqueda que parece non vai ter ningún problema para manter a categoría.
Este foi o golazo de Gemelo que facía o 0-3 nada máis saír ao campo:
[fbvideo link="https://www.facebook.com/union.cerqueda/videos/1002410183155696/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]
Este é o 0-4 que demostra a falta de intensidade da defensa local a esas alturas do partido:
[fbvideo link="https://www.facebook.com/union.cerqueda/videos/1002411786488869/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]
Goles: 0-1, m.17: Esteban a centro de Nico; 1-1, m.62: Bolón; 1-2, m.93: Jacobo marca un golazo tras unha falta botada por Aitor.
Lesión: os ceenses Jorge e Esteban.
No desconto
Un gol do eterno Jacobo Sande no desconto valeulle ao Cee para levar os puntos de San Pedro, e facer moito dano a un cadro xalleiro que aspira a todo, pero que, en todo caso, pasará findano a só 8 puntos do liderado. Mentres o Cee queda a só 3 do propio Castriz.
Foi un choque igualado, que comezaba cun Cee empurrando, e meténdose por diante con gol de Esteban aproveitando a eterna internada de Nico pola banda.
Cambiou o conto na segunda. O Castriz metíase arriba, dominaba o xogo e facía sufrir á defensa ceense. Empatou Bolón e tivo o equipo dePeriscal ocasións para levar a vitoria. Tamén tiveron os de Cambeiro boas contras, como un man a man de Josiño, ou un par de tiros de Xavi e Penedo.
E cando parecía que o partido esmorecía, unha falta botada por Aitor era perfectamente remataba por Jacobo Sande para levar os puntos ata Cee (que rematou con 4 xuvenís como Borja, Xavi, Samuel e Isma, no campo) e meter ao cadro case no grupo de arriba.
As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.