2ª Galicia: Iguálase a parte alta

Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Parece que co paso das xornadas se vai igualando a competición, os equipos de abaixo están a facer fronte ós de arriba e a todo o mundo lle costa sacar os puntos. No partido da xornada, igualada en Mazaricos. O Puenteceso desaproveitou a ocasión para acercarse ó líder, non así o Corme e o sorprendente Montelouro. MAZARICOS 2 - ESTEIRANA 2 MAZARICOS: Toni, Cristian, Sueiro, Amoedo, Roberto, Pereiro, Estéfano, Molinos, Manuel Luis, Ricardo e David.   Tamén xogaron Orlando e Barbeira. ESTEIRANA: Xandro, Code, Samu Pensado, Josiño Alves, Dani Rama, David, Manu Tobío, Alex Rama, Adrián, Rober Pladur e Pablo Rama. Tamén xogaron Estévez e Cristian. GOLES: 1-0 3´Manuel Luis   1-1 13´Manu Tobío   1-2 67´Pablo Rama   2-2 88´Molinos Partido moi emocionante en Mazaricos, con dous equipos que mostraron o porque da súa candidatura ó título de liga. O primeiro tempo foi igualado. Adiantouse o equipo local moi pronto con gol de Manuel Luis, pero a Esteirana igualou nunha xogada por banda ós poucos minutos, por medio de Manu Tobío. O Mazaricos foi a por todo no segundo tempo, marrou ata 3 ocasións claras de gol e viu como Pablo Rama adiantaba ós visitantes no 67´. Volcouse o líder e Molinos a pouco do final logrou a igualada, pero aínda no desconto tivo a Esteirana a opción de levarse o partido, pero o meta local Toni fixo unha gran parada. O mellor partido do que vai de tempada en Mazaricos, por emoción e calidade dos contendientes. U.C.CEE 3 - PUENTECESO 1 U.C.CEE: Parroto, Martín, Jorge, Nico, Aitor, Carlos Leis, Penedo, Esteban, Charly, Juan Bello e Leo.   Tamén xogaron Adrián Canosa, Uri e Javi. PUENTECESO: Damián, Luis Alvite, Matías, Eloy Trigo, Recarey, Juanma, Rubén Sotelo, Iago, Luca, Mendieta e Eloy Alvarez.   Tamen xogaron Charro, Dieguito, Ismail e Martín Puente. GOLES: 0-1 15´Matías   1-1 19´Aitor   2-1 29´Charly   3-1 87´Javi
Ambos equipo en irmandade contra a violencia de xénero Un Cee en racha derrotou con claridade ó Puenteceso. O inicio de partido non parecía presaxiar tal cousa. Despois dunha ocasión de Recarey, Matías á saída dun córner adiantaba ós visitantes. Pero pouco despois Aitor ó rematar unha falta lateral facía o empate. Foi man de santo para o Cee, que nunha xogada de Leo con centro que Charly rematou ó fondo das mallas se adiantaron no marcador antes do descanso. O segundo tempo foi de ida e volta. Leo marrou unha clara ocasión no 57, e pouco despois foi o visitante Eloy Alvarez o que fixo o mesmo. Damián salvou ó Puenteceso cunha gran parada, e cando os visitantes mais acosaban unha contra serviu para que o Cee anotara o terceiro tanto.
Penedo e Leo, dous veteranos en mil batallas, impulsaron ó Cee CORME 1 - OUTES 0 CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Pandi, Sueiro , Eloy, Brais, Lucas, Javi Peón, Toniño e Samu Costa.   Tamén xogaron Diego, Doldán, Manu Bermúdez, Isaac e Alejandro. OUTES: Xandre, Borja, Cutu, Maroñas, Pose, Chia, David, Yago Dosil, Alvarito, Chúa e Jura.   Tamén xogaron Simón, Babu, Christian e Bruno. GOL: 1-0 34´Samu Costa de penalti Un penalti moi discutido polos visitantes foi suficiente para que o Corme se levara o partido e siga na persecución do líder. O encontro foi moi disputado, con escasas ocasións no primeiro tempo, exceptuando a do gol e un córner de Lucas que case mete directo. No segundo tempo o Outes buscou o empate con forza, quizais o mereceu pero pagou a súa falta de acerto ante a meta rival. MONTELOURO 3 - BAÍÑAS 0 MONTELOURO: Fer, Miguel, Abel, Cesar, Pedro García, Adrián, Alex Siaba, Raúl, Dani Corniños, Juan de Celia e Dani de Sahora.   Tamén xogaron Geiko, Riki, Gelo e Juanma.
Baíñas e Montelouro formando antes do inicio BAIÑAS: Víctor, Héctor, Roi Carril, Joserra, Esteban, Samuel, Cristian, Javi Souto, Javier García, Pablo Muíño e Oreiro.   Tamén xogaron Jesús, Felipe, Pejo e Damián. GOLES: 1-0 65´Dani Sahora 2-0 68´Juan de Celia   3-0 89´Geiko
Dani Sahorta anota o primeiro tanto Que gran partido xogou o Montelouro unha vez mais, para impoñerse a un dos equipos poderosos da liga. O encontro foi pródigo en ocasións de gol. O Montelouro tivo numerosas opcións, e o Baíñas, con esa dianteira de luxo formada por Muiño e Javi, estrelou ata 2 balóns nos paos. Pero no segundo tempo o balón parado penalizou ó Baíñas. Nun córner Dani Sahorta anotou o primeiro, e nunha falta directa o crack Juan de Celia o segundo. O penalti transformado por Geiko ó final foi a puntilla.
Raúl pelexando un balón na area MUXÍA 2 - LIRA 1 MUXÍA: Hugo, Iván Chans, Tomás, Peski, Michael, Conguito, Toja, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Lagoa.   Tamén xogaron Angel Luis, Roberto, Denis, Romaní e Martín. LIRA: Raúl, Pelexo, Pedro, Eloy, Adrián, Brais, Joseph, Miguel, Toni, Pesco e Kike Paluca.   Tamén xogaron Ismael Sanli e Oliver. GOLES: 1-0 36´Víctor Alcaina   1-1 65´Conguito en pp   2-1 72´Víctor Alcaina
O sintético de Muxía está a ver vitorias continuadas dos locais Igualado encontro na Arliña entre o Muxía e o Lira. Ambos equipos reeditaron os duelos do ano pasado en 3ª. O Muxía adiantouse no marcador nunha pena máxima transformada por Víctor Alcaina, xogador que el mesmo provocata o penalti. No segundo acto un saque de esquina serviu para que igualara o Lira, nun mal despexe de Conguito. O Muxía non se veu abaixo e foi con decisión pola vitoria, e nun disparo escorado de Víctor Alcaina atopouna. Aínda puido ampliar a conta o cadro local en ocasión de Mario e Toja, pero o 2-1 foi o resultado final. CERQUEDA 1 - SP.ZAS 5 CERQUEDA: Dourado, Bastón, Dani, Atu, Vieites, Michel, Julián, Méndez, Iván Mato, Manu Guillamet e Eloy. Tamén xogaron Martín e Gonzalo. SP.ZAS: Tivoli, Jaime, Isma, Víctor Vecino, Manu Fuentes, Bruno, Brais, Dani Mato, Rubio, Diego e Josito. Tamén xogaron David Blanco, Fabián, Andrés e Rubén. GOLES: 0-1 16´Dani Mato 1-1 33´Iván Mato de pti   1-2 39´Dani Mato  1-3 50´Rubio   1-4 58´David Blanco   1-5 71´Dani Mato Expulsados Iván Mato e Rubio no 75´
O Zas saíu da crise goleando ó Cerqueda Espertou o Zas en Xaviña a costa dun Cerqueda que se caracterizaba por recibir poucos goles pero que onte non puido facer nada ante o potencial anotador visitante. O encontro estivo marcado pola lesión do colexiado Bruno Méndez, co cal estivo detido un bo anaco ata que chegou o sustituto. O Zas adiantouse por medio de Dani Mato ó cuarto de hora. Igualou o Cerqueda de penalti, pero pouco despois o mesmo Dani Mato enganchou un disparo que entrou pola escadra. O propio xogador, excepcional toda a tarde, tivo a sentencia no 43´pero fallou diante de Dourado. Tentou a igualada o Cerqueda á saída dos vestiarios. Iván Mato tivo duas clarísimas opcións, sobre todo un disparo ó longueiro, pero no 51´ anotou Rubio e a saída de David Blanco, que saíu no segundo tempo e a calidade de Dani Mato fixeron o resto. CORISTANCO 0 - BUÑO 0 CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel Mallo, Mato, Andrade, Botana, Cristian Pace, Bermúdez, Jorge Lorenzo, Damián, Samuel e Corral.   Tamén xogaron Samu Vázquez, Cebey e Figueiras. BUÑO: Brais, David Alvarez, Manuel, Moscoso, Pablo, Fran, Petis, Emilio, Juan Antelo, Posiño e Zinho.   Tamén xogaron Pedro, Richard, Dourado e Eloy. Partido moi igualado na Rocheira. As ocasións estiveron repartidas e a igualada semella xusta. Iniciouse o encontro con ocasións nos primeiros minutos: Juan Antelo por parte do Buño e Samuel polos locais puideron anotar. Tivo Petis unha gran ocasión pero preferiu pasar en vez de tirar e perdeuna. Corral puido anotar pero mandou o balón fora. No segundo tempo o Coristanco tivo boas opcións nas botas de Corral e Damián. Contestaron Posiño e Richard e a pouco do final Juan Antelo nunha falta case da a vitoria ós visitantes. Ó final igualada na Rocheira. CAMARIÑAS 1 - MALPICA 4 CAMARIÑAS: Martín, Rodri, Kevin, Moriño, David Pasantes, Maikel, Nico, Mickael, Joseba, Soule e Adrián Bardanca.   Tamén xogou Rodrigo Santos. MALPICA: Anxo, Omar, Santi Cambón, Jesús, Mante, Martín, Ures, Eloy Cabeza, Dani Casal, Gonzalo Vilariño e Gustavo.   Tamén xogaron Rubén Castro, Ramón, Pablo Souto e Lamas GOLES: 0-1 35´Eloy  0-2 64´Ures   0-3 67´Martín   0-4 87´Pablo Souto   1-4 89´Moriño Paso adiante para a salvación do Malpica, que sacou a relucir en Camariñas a calidade das súas novas fichaxes para levarse o partido. Unha delas, o ex Sofán e Dumbría Eloy Cabeza anotou no primeiro tempo o gol co que se chegaba ó descanso. No segundo acto o Malpica desmelenouse e anotou tres tantos mais, e o final gol de Moriño non foi mais que para maquillar un pouco o resultado, pois a superioridade visitante foi clara.