Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Non hai que deteña a Mazaricos e Puenteceso na súa carreira man a man cara o título ligueiro. Esta xornada volveron a ganar os dous. Por detras o grupo de perseguidores non falla: Esteirana, Corme e Baíñas. Na zona baixa vitoria balsámica do Coristanco e o Malpica volveu a puntuar, demostrando que a súa recuperación pode ser un feito.
U.C.CEE 0 - MAZARICOS 2U.C.CEE: Carlos, Martín, Aitor, Jorge, Nico, Carlos Leis, Penedo (Canosa 59´), Esteban, Charly (Nes 78´), Juan o Bello e Leo (Borja Trillo 66´)MAZARICOS: Toni, Joel (Molinos 56´), Amoedo, Martín (Carreira 63´), Esteban, David, Ricardo (Manuel 63´), Estéfano, Roberto, Barbeira (Manuel Luis 76´) e Miguel (Raúl 85´)GOLES: 0-1 66´Barbeira 0-2 80´Molinos
O líder Mazaricos mostrou a súa fortaleza en Cee e levouse os tres puntos no segundo tempo do encontro. A primeira parte foi bastante igualada, con moito centrocampismo e poucas ocasións de gol. O tanto de Barbeira fixo que o Cee se volcara sobre a meta de Toni, pero o gardameta mostrouse moi seguro nun par de paradas, e defendendo os numerosos balóns laterais que centrou o Cee. Nunha contra anotou o Mazaricos o segundo e a partir de aí so tivo que limitarse a defender as acometidas cada vez menos intensas dos locais.
CORME 2 - CERQUEDA 1CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas (Uru 82´), Pandi, Sueiro (Eloy 65´), Diego, Doldán (Brais Torrado 17´), Lucas, Toniño, Javi Peón (Alejandro 76´) e Samu CostaCERQUEDA: Dourado, Bastón, Dani, Atu, Javi Souto, Michel, Eloy (Méndez 54´), Manu Guillamet (Cholo 73´), Iván Mato, Julián (Gonzalo 66´) e Vieites (Martín 87´)GOLES: 0-1 39´Iván Mato 1-1 68´Samu Costa 2-1 89´Diego
Toniño recibindo unha falta dos medios do Cerqueda
Frustrante derrota dun Cerqueda superior ó Corme en moitos momentos pero que viu escapar os puntos na última xogada. A presión dos visitantes afogou ó Corme no primeiro tempo. Susiño fixo un paradón a disparo de Mato, pero no segundo lanzamento do dianteiro non puido facer nada e adiantouse o Cerqueda. Ó descanso vantaxe visitante. O encontro rompeuse no segundo tempo. O Cerqueda tivo dúas ocasións para sentenciar, nun man a man de Méndez e un remate de Javi Souto, pero non o fixo e pagouno caro. Samu Costa a pase de Lucas igualou o encontro. E cando o empate parecía o resultado final, un córner centrado por Toniño mandouno Diego ó fondo das mallas.
Diego anotou o tanto do Corme cando o partido finalizaba
OUTES 1 - MONTELOURO 2OUTES: Xandre, Borja, Cutu, Maroñas (Chía 58´), Pose, Martín, Elías, Yago Dosil, Chúa, Jura e Mario (Veleiro 69´)MONTELOURO: Fer, Miguel, Abel, Manolo Chouza, Pedro García, Dani de Sahorta, Alex Siaba (Juanma 87´), Raúl, Geiko (Cristian 89´), Gabri (Cesar 68´) e Dani CorniñosGOLES: 1-0 3´Elías 1-1 72´Pedro García 1-2 78´Alex Siaba
Saída de Fer a por todas en Outes. Os de Louro fixeron un gran partido.
Inicio de cor local, con gol de Elías nada mais arrancar. Os de Cambeiro perdoaron no primeiro tempo e pagárono no segundo. Tivo paciencia o conxunto de Oscar Leis e Pedro García de cabeza á saída dun córner igualaba o encontro. Foi anulado un gol pouco despois ó Outes, nunha suposta falta ó gardameta visitante Fer, e no saque rápido desa falta o Montelouro lanza un balón longo, o meta Xandre sae a despejar coa mala sorte de que o esférico bate nun defensa e cae a pes de Alex Siaba, que no segundo intento anota o tanto da vitoria visitante.
O encontro decantouse no último cuarto de hora
PUENTECESO 2 - MUXÍA 0PUENTECESO: Damián, Luis Alvite, Matías, Eloy Trigo, Ismail, Recarey, Rubén Sotelo, Mendieta, Iago (Yago Fdez 73´), Charro (Eloy Álvarez 85´) e Dieguito (Luca 85´)
GOLES: 1-0 10´Charro 2-0 89´Luca
Gran partido no Pinguel entre o segundo e o terceiro clasificado da Liga da Costa. Comenzou forte o Puenteceso, e tras ocasións de Iago e Ismail, chegou o gol de Charro, un golazo de técnica individual do malpicán. Estirouse o Muxía e tivo a ocasión máis clara no 23´, nun penalti que o gardameta Damián enviou a córner nunha gran parada. Matías puido ampliar a vantaxe local nun libre indirecto na area pero enviouno fora. O segundo tempo foi de ida e volta, con ocasións para ambos lados, a mais clara para os visitantes cun disparo de Manu Nogueira no 85´que saiu rozando o pao. Pouco despois sentenciou Luca, e así acabou o emocionante partido.
SP. ZAS 1 - CORISTANCO 4SP. ZAS: Tívoli (Maikel 46´), Víctor Vecino, Alex, Fabián (Jaime 46´), Pablo Fuentes (Andrés 86´), Brais (Pedro 87´), Manu Fuentes, Josito, Diego, Rubio e Dani Mato
CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel Mallo, Mato, Lagoa, Pazos, Samu (Andrade 87´), Damián, Jorge Lorenzo (Figueiras 78´), Bermúdez, Corral (Jonathan 86´) e Botana (Torres 60´)
GOLES: 0-1 28´Damián 1-1 55´Manu Fuentes 1-2 81´Corral 1-3 85´Figueiras 1-4 89´Figueiras
Bo primeiro tempo dos de Coristanco, que se adiantaron no marcado nun disparo de Damián que pillou descolocado a Tívoli. As ocasións foron visitantes neste período. Saiu mellor o Zas na reanudación, e igualou por medio de Manu Fuentes. Pero cando parecía que o encontro se ía decantar para o lado local, por xogo e ocasións, o gol de Corral afundiu ó Zas. Co equipo de Corredoira entregado o Coristanco aproveitou para aumentar a diferencia en dúas contras.
BAIÑAS 2 - CAMARIÑAS 1BAIÑAS: Iván, Tantán, Roi Carril, Jesús, Esteban, Pejo (Héctor 84´), Cristian (Javi 88´), Javi Souto, Pablo Muíño (Damián 89´), Felipe (Oreiro 76´) e HermidaCAMARIÑAS: Martín, Soule, Rodri, Brais (Kevin 73´), Adrián Bardanca (David Pasantes 56´), Javi Antelo, Mickael, Nico, Joseba (Dani Costa 78´), Maikel e MoriñoGOLES: 1-0 7´Javi Souto 1-1 70´Soule 2-1 81´Pablo Muíño
Sufriu o Baíñas para sacar o derbi ante o Camariñas adiante, pero con un gol do de sempre, Pablo Muíño, a pouco do final, levouse un encontro que parecía ter na man dende o gol inicial de Javi Souto. Sen embargo o conxunto de Tono sorprendeu no segundo tempo, e igualou por medio de Soule, o seu mellor xogador. O Baíñas entón buscou o gol da vitoria con intensidade e o goleador local resolveu como fai case sempre.
LIRA 1 - ESTEIRANA 3LIRA: Peipo, Ramón (Eloy 33´), Pelexo (Ismael Lamela 71´), Cristian, Jano, Yeray, Miguel, Vituco (Oliver 73´), Pesco, Kike Paluca (Isma Sanli 24´) e Toni (Jose M. 81´)ESTEIRANA: Rober, Simón, Samu Pensado, Josiño Alves, David, Codesito, Manu Tobío, Pablo Rama (Brais 81´), Rober Pladur (Álvaro 89´), Adrián (Xián 89´) e Alex RamaGOLES: 0-1 5´Pablo Rama 0-2 15´Pablo Rama 1-2 57´Jano 1-3 88´Rober Pladur
Gran encontro da Esteirana ante un Lira que non levanta cabeza nas últimas xornadas, a pesar das importantes fichaxes realizadas. Dous tantos de Pablo Rama no treito inicial fixeron que os visitante tiveran tranquilidade para impoñer o seu xogo. Despois do descanso apretou algo o Lira, reduciu distancias por medio de Jano, que se está a mostras goleador nas últimas datas, pero a Esteirana aguantou ben o ímpetu local e incluso anotou outro tanto por medio de Pladur a pouco do remate do encontro.
BUÑO 0 - MALPICA 0BUÑO: Brais, Dourado (Juan Antelo 86´), Manuel (Eloy 80´), Moscoso, Pablo Canedo, Jorge Calvete, Petís, Fran (Richard 74´), Martín, Emilio (David 74´) e Adrián Rama (David Álvarez 80´)MALPICA: Anxo, Mante, Santi Cambón, Jesús, Martín, Pitu (Soule 75´), Dani Casal, Eloy, Johnny, Jordán e Gonzalo Vilariño
Moito público en Xaviña para ver o derbi malpicán. A pesar de non haber goles o respetable non tivo tempo de aburrirse. O Malpica, coas flamantes fichaxes mostrando a súa calidade, tivo o control do balón, ainda que sen moita profundidade. So inquedou a meta de Brais a balón parado. O Buño buscaba a contra pero con algo de precipitación. Baixou o Malpica físicamente no segundo tempo e aproveitouno o Buño para dominar mais, e tivo ocasións claras de vitoria nas botas de Richard e Emilio, pero non se moveu o marcador nun bonito encontro.