Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Foi no Cairo onde caeu o Mazaricos por vez primeira. Iguálase a liga coas vitorias de Baíñas, Esteirana, pero o Puenteceso pinchou e non foi quen de acercarse mais o Mazaricos.
CORME 3 - MAZARICOS 1CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Pandi Sueiro, Diego, Brais Torrado, Lucas, Toniño, Javi Peón e Samu Costa. Tamén xogaron Eloy, Alejandro, Manu Bermúdez e Uru.MAZARICOS - Toni, Cristian, Manu, Amoedo, David, Ricardo, Manuel Luis, Estéfano, Roberto, Miguel e Pereiro. Tamén xogaron Oreiro, Barbeira e Molinos.GOLES: 1-0 44´Samu Costa 2-0 76´Samu Costa 2-1 80´Manuel Luis 3-1 87´Lucas
Expulsado Oreiro no 76´e Martín estando no banquillo por parte do Mazaricos.
Caeu o líder en Corme, nun partido igualado e bronco, de total intensidade costeira. O primeiro tempo foi igualado, con unha ocasión para cada equipo. Estéfano estrelou un balón no pao longueiro. Nunha xogada desafortunada, onde o Mazaricos estaba momentaneamente con 10 por lesión do lateral, o Corme aproveitou a circunstancia e anotou o primeiro tanto. Co 2-0, anotado de penalti, parecía sentenciado o encontro. Nun lío entre banquiños o Mazaricos recibiu as dúas expulsións. REcortou distancias pero o gol de Lucas contra o final sentenciou o encontro.
PUENTECESO 0 - CERQUEDA 0PUENTECESO: Xurxo, Luis Alvite, Matías, Eloy Trigo, Rubén Sotelo, Mendieta, Ismail, Recarey, Charro, Dieguito, Yago. Tamén xogaron Martín Puente, Juanma, Iago García e Eloy Álvarez.
CERQUEDA: Richard, Dani, Atu, Javi Pazos, Manu Guillamet, Darío, Iván Mato, Méndez, Julián, Martín e Michel. Tamén xogaron Vieites, Fernando, Gonzalo e Bastón.
Expulsados, Javi Pazos no 64´ e Martín no 86´no Cerqueda.
Choque moi parexo no Pinguel. Primeiro tempo aburrido e sen ocasións, unha por equipo, a do Cerqueda ó cuarto de hora á saída dun córner, e a do Puenteceso nun disparo de Dieguito á media hora. O Puenteceso acosou máis no segundo tempo. Matías, coa súa habitual pericia nos libres directos sembrou o pánico na defensa visitante. Charro e Dieguito puxeron a proba a un seguro Richard. O Cerqueda quedou primeiro con 10 e logo con 9 homes, defendeu o resultado como puido, e incluso viu como o colexiado anulou un tanto ó local Iago.
MALPICA 1 - ESTEIRANA 4MALPICA: Anxo, Jordán, Ramón, Manteca, Santi Cambón, Dani Casal, Martín, Gonzalo Vilariño, Ures, Eloy e Gustavo. Tamén xogaron Dariel, Joel, Soule e Rubén.ESTEIRANA: Xandro, Codesido, Simón, Samu Pensado, Josiño Alves, David, Dani Rama, Alex Rama, Adrián, Rober Pladur e Pablo Rama. Tamén xogaron Brais e Estévez.GOLES: 0-1 19´Rober Pladur 0-2 31´Adrián 1-2 44´Eloy 1-3 54´Adrián 1-4 89´Rober Pladur
Expulsado Simón no 65´.
Está a Esteirana nun gran momento de xogo e eso tradúcese nos resultados. Rober Pladur entrou en xeira goleadora e anda imparable. Onte anotou o primeiro tanto aproveitando un rexeite dun disparo de Pablo Rama. Adrián anotou o segundo, poñendo terra de por medio, pero nunha triangulación entre Gonzalo e Eloy este recortou diferencias antes do descanso. Adrián parece sentenciar o partido pero a expulsión de Simón dou alas ós locais. A Esteirana aguantou ben as acometidas locais e nunha contra Anxo comete penalti sobre Pladur que o propio dianteiro se encarga de transformar.
SP. ZAS 1 - MONTELOURO 3SP.ZAS: Tivoli, Isma, Josito, Alex, Manu Fuentes, Diego, Bruno, Fabián, Rubio, Dani Mato, Brais. Tamén xogaron Maikel, David Blanco, Andrés, Pedro e Rubén.MONTELOURO: Iago, Miguel, Abel, Manolo Chouza, Pablo Vidal, Adrián, Gabri, Raúl, Dani Corniños, Juan de Celia e Dani de Sahorta. Tamén xogaron Cesar, Gelo, Juanma e CristianGOLES: 0-1 16´Gabri 0-2 61´Raúl 1-2 64´Diego 1-3 69´Dani de SahortaExpulsado Maikel no Sp.Zas no 75´
Está imparable o Montelouro, que venceu en Zas a un conxunto local que non da reaccionado. Adiantáronse os visitantes nun polémico penalti por supostas mans de Josito que Gabri non marrou. O Zas volcouse sobre a portería visitante, en en 5 minutos tivo clarísimas ocasións nas botas de Dani Mato, Rubio e Diego, este último bateu no poste o seu lanzamento. Rubio lanzou unha falta ó longueiro antes do descanso. Despois do descanso os postes seguían sendo protagonistas, primeiro Rubio e despois Juan de Celia estrelaban o balón nos mesmos. Raúl de fermosa vaselina fixo o segundo dos de Louro, pero acortou diferencias Diego nunha falta lateral. O terceiro de Dani de Sahorta e a expulsión de Maikel sentenciou o encontro.
BUÑO 0 - CAMARIÑAS 0BUÑO: Brais, Dourado, Eloy, Moscoso, Pablo, Jorge Calvete, Petis, Fran, Adrián Rama, Emilio e Martín. Tamén xogaron Pedro, Alexander, David Álvarez, Juan Antelo e Manuel.CAMARIÑAS: Martín, Soule, Rodri, Santos, Moriño, Brais, Joseba, Bardanca, Mickael, Nico e Maikel. Tamén xogaron Javi Antelo, Alberto e Kevin. Expulsado Brais no 26´ por parte do Camariñas.
Partido condicionado pola expulsión no primeiro tempo de Brais por agresión a un rival. Aínda a pesar de quedar con 10 o Camariñas dominou o primeiro tempo e incluso marrou un lanzamento de penalti. O Buño levou o peso no segundo tempo pero sen excesiva profundidade. O Camariñas defendeu ben a portería e saíu en perigosas contras comandadas por Soule, que fallou a ocasión mais clara nun remate dentro da area que puido significar a vitoria visitante.
LIRA 2 - CORISTANCO 2LIRA: Peipo, Adrián, Jano, Yeray, Joseph, Javichu, Brais, Pesco, Toni, Isma e Miguel. Tamén xogaron Kike Paluca, Lamela e Pedro Castro.CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel Mallo, Mato, Jonathan, Pazos, Samuel, Jorge Lorenzo, Bermúdez, Rial, Corral e Botana. TAmén xogaron Andrade, Cristian Pace e CebeyGOLES: 0-1 7´Corral 1-1 14´Brais de pti 2-1 58´Adrián 2-2 71´Yerai en ppExpulsado Rial no 43´ por parte do Coristanco.
Encontro intenso en Carnota, onde o Coristanco logrou empatar a pesar de xogar o segundo tempo con 10 homes. Adiantáronse os visitantes por medio de Corral, tiveron algunha ocasión mais pero pronto igualou o Lira de penalti. Acosou o equipo local durante o resto do primeiro tempo. Un novo penalti ó borde do descanso significou a expulsión de Rial, pero Diego Mallo, que fixo un partidazo, detivo o lanzamento. Adiantouse o Lira no segundo tempo, pero o Coristanco con 10 lanzouse ó ataque, igualou, e logo defendeu o punto, dando por bo o resultado, pois o acoso do Lira nos últimos minutos foi intenso.
BAÍÑAS 2- MUXÍA 1BAÍÑAS: Víctor, Tantán, Roi Carril, Moreira, Esteban, Canosa, Damián, Javi Souto, Pablo Muíño, Cristian Hermida e Javier Oreiro. Tamén xogaron Javier García, Héctor, Samuel e Roi CaamañoMUXÍA: Angel Luis, Denis, Michael, Tomás, Tarrela, Conguito, Toja, Víctor Alcaina, Julián, Adrián Alcaina, Manu Nogueira. Tamén xogaron Roberto, Lagoa, Iván Chans e Mario Romaní.GOLES: 1-0 64´Javi Souto 1-1 68´Adrián Alcaina 2-1 85´Pablo Muíño.
Partido igualado e moi emocionante no Municipal de Vimianzo. Primeiro tempo espeso, sen apenas ocasións. Un lanzamento de Oreiro que saíu rozando o pao foi a mellor dos locais este período. Manu Nogueira e Toja cerca do descanso tiveron as visitantes, pero sobre todo na segunda, na que Roi Carril sacou o remate do xuvenil baixo paos, non tiveron acerto cara a gol. Unha nova ocasión de Toja ó vir dos vestiarios precedeu o gol inicial de Javi, nunha falta lateral. Pouco despois, noutro balón parado, Víctor Alcaina firmou o empate. O Muxía foi decidido en busca da vitoria, e tivoa na cabeza de Michael, nun remate á saída dun córner, pero foi o de sempre, Pablo Muíño, o que aproveitando un balón peinado por Javi lle dou a vitoria ós locais.
OUTES 0 - UC CEE 6OUTES: Xandre, Borja, Cutu, Maroñas, Pose, Simón, Babu, Chúa, Yago Dosil, Jura e Mario. Tamén xogaron Bruno, Chía, Fran e Boris.UC CEE: Parroto, Martín, Aitor, Nico, Borja, Carlos Leis, Penedo, Esteban, Charly, Juan Bello e Leo. Tamén xogaron Uri, Adrián Canosa, Nes, Carlos Castiñeira e Carlos González.GOLES: 0-1 28´Leo 0-2 34´Esteban 0-3 43´Esteban 0-4 44´Juan Bello 0-5 61´Leo 0-6 79´Leo
Día no que se atoparon un equipo con todo de costas, o Outes, e outro que lle saíu un gran encontro, de ahí o resultado final, con tres tantos do incombustible Leo. O acerto visitante de cara a porta foi elevado. O conxunto local quixo recordar ós seus dous lesionados, Elías e Martín.