Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
O líder Mazaricos superou unha proba de fogo vencendo ó Puenteceso con un solitario tanto de David. Por detrás, so a Esteirana e o Baíñas responderon. Na zona baixa o Coristanco caeu no minuto 90 e queda como colista.
MAZARICOS 1 - PUENTECESO 0MAZARICOS: Toni, Cristian, Manu, Amoedo, David, Ricardo, Manuel Luis, Molinos, Estéfano, Barbeira e Pereiro. Tamén xogou Orlando.
PUENTECESO: Xurxo, Luis Alvite, Matías, Eloy Trigo, Ismail, Recarey, Juanma, Luca, Eloy Alvarez, Rubén e Charro. Tamén xogaron Martín Puente, Dieguito, Iván, Iago e Damián.
GOL: 1-0 49´DavidExpulsado Cristian no 83´
Non defraudou o partidazo da xornada. Competido ata o final, conscientes os equipos do que había en xogo. Iniciouse con susto o partido, pois o local Estéfano levou un balonazo no peito, tendo que interrumpirse o encontro ata en dúas ocasións para atendelo. Os visitantes puideron adiantarse no marcador nun esvarón de Toni que Charro case aproveita para marcar. Un disparo lonxano de Amoedo levou o susto á meta de Xurxo. No inicio do segundo tempo o único gol: David recolleu un rexeite dunha falta e dun disparo seco anotou o tanto. Aínda mandou o Mazaricos un balón ó pao. O Puenteceso tentouno no treito final pero Toni estivo moi acertado a disparo de Dieguito.
SP.ZAS 3 - OUTES 3SP.ZAS: Tívoli, Jaime, Isma, Víctor Vecino, Josito, Diego, Dani Mato, Brais, Fabián, Alex e Manu Fuentes. Tamén xogaron Pablo Fuentes e Andrés.OUTES: Antón, Borja, Cristian, Maroñas, Pose, Simón, Babu, Yago Dosil, Alvarito, Jura e Mario. Tamén xogaron Chía, Elías, Xandre e Bruno.GOLES: 1-0 5´Dani Mato 1-1 14´Yago Dosil 1-2 59´Pose 1-3 61´Pose 2-3 87´Pablo Fuentes 3-3 89´Jaime
Partido raro en Zas. O equipo local dispuxo de múltiples ocasións de gol pero quen tivo o acerto, ó contrario que en pasadas xornadas, foi o Outes, que gañaba a pouco do final por 1-3. Pero unha xogada polémica na que os visitantes reclaman falta ó seu meta, que tivo que ser sustituido despois do gol, o Zas recortou diferencias a falta de dous minutos, e no desconto logrou un empate que se antolla xusto.
BAIÑAS 4 - CORME 1BAIÑAS: Víctor, Tantán, Roi Carril, Jesús, Mayor, Felipe, Hermida, Samuel, Cristian, Javi Souto, Pablo Muíño. Tamén xogaron Javi, Héctor, Damián e Oreiro.CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Pandi, Eloy, Diego, Brais Torrado, Lucas, Toniño, Javi Peón e Alejo. Tamén xogaron Uru, Isaac, Aitor e Angel.GOLES: 0-1 7´Diego 1-1 12´Pablo Muíño 2-1 36´Pablo Muíño 3-1 62´Pablo Muíño 4-1 78´Jesús
Novo recital goleador de Pablo Muíño, que xa suma 13 tantos no seu haber, para darlle a vitoria ó Baíñas ante o Corme. O conxunto local, coa presencia do ex do Soneira Mayor no centro do campo, estase a convertir por méritos propios en candidato ó título ligueiro, e a vitoria ante o Corme, un dos equipos máis potentes do campionato así o atestigua. A pesar de que se adiantou o Corme por medio de Diego, o dianteiro do Baíñas tiña o día afortunado e anotou tres tantos, que unido ó postreiro de Jesús, cerrou unha boa goleada para os locais.
LIRA 3 - U.C.CEE 2LIRA: Oliver, Adrián, Eloy, Pedro, Javichu, Miguel, Jano, Toni, Pesco, Kike e Isma. Tamén xogaron Yeray e Manuel Cartamil.U.C.CEE: Carlos, Martín, Ismael, Nico, Carlos Leis, Esteban, Andrés, Carlos Castiñeira, Leo, Juan Bello e Uri. Tamén xogou Alex.GOLES: 0-1 15´Pedro en pp 0-2 47´Carlos Castiñeira 1-2 51´Isma 2-2 67´Kike 3-2 89´Jano
Remontada de infarto do Lira para impoñerse a un Cee que viña dunha magnífica xeira, e que a pesar de atoparse 2-0 arriba no marcador non foi quen de aguantar o resultado. Primeiro tempo dos visitantes que se foron por diante ó descanso, e nada mais vir dos vestiarios parecían sentenciar o encontro. O gol de Isma, moi rápido despois do 0-2 foi a clave. O Lira empezou a crer na remontada, e o Cee, sin apenas cambios, non foi quen de aguantar. Co 2-2 Juan o Bello tivo a vitoria, e na seguinte xogada Jano doulle o partido ós locais.
BUÑO 0 - CERQUEDA 2
O Cerqueda levouse o derbi
BUÑO: Brais, Dourado, Pablo, Moscoso, Fran, Jorge, Martín, Emilio, Richard, Adrián e Juan Antelo. Tamén xogaron Alexander, José, Pedro e Petís.CERQUEDA: Richard, Dani, Atu, Javi Souto, Martín, Michel, Julián, Méndez, Iván Mato, Eloy e Fran. Tamén xogaron Manu Guillamet, Gonzalo, Bastón e Marcos Pensado.GOLES: 0-1 32´Iván Mato 0-2 89´Manu Guillamet
Un Cerqueda ben plantado en Xaviña sorprendeu ó Buño no derbi local. Primeiro tempo igualado, desequilibrado polo gran gol de Iván Mato ó rematar de espuela un centro lateral. O Cerqueda, que roubaba con facilidade na liña de tres cuartos do Buño, tivo algunha ocasión mais para sentenciar. No segundo tempo o Buño subiu liñas, e un bo remate de Juan Antelo foi a súa ocasión mais clara. O Cerqueda esperaba sentenciar á contra, e foi nun córner co tempo acabado cando Manu Guillamet anotou o definitivo 0-2.
Foi un clásico partido de rivalidade no que o que aproveitou as ocasións se levou o gato á auga
SCD MALPICA 0 - UD MONTE LOURO 1
O Monte Louro colleitou unha nova vitoria
MALPICA: Anxo, Andy, Omar, Bolón, Santi Cambón, Jesús, Mante, Dani Casal, Gustavo, Gonzalo Vilariño e Ures. Tamén xogaron Rubén e Fabio.MONTE LOURO: Fer, Miguel, Abel, César, Pablo Vidal, Adrián, Alex Siaba, Raúl, Geiko, Gelo e Dani Corniños. Tamén xogaron David, Gabri e Juanma.GOL: 0-1 47´David
Partido moi serio do Monte Louro, xa claramente a revelación do campionato, na Pedra Queimada, onde un golazo de David dende 30 metros lle dou a vitoria ante un caótico Malpica, que cada semana presenta un xogador novo. O Louro non sufriu e aínda puido aumentar a vantaxe nunha boa ocasión de Alex Siaba.
Gonzalo Vilariño non foi decisivo esta vez
ESTEIRANA 2 - MUXÍA 0ESTEIRANA: Alex, Codesido, David, Dani Rama, Josiño Alves, Alex Rama, Rober Pladur, Pablo Rama, Eloy, Jaime e Manu Tobío. Tamén xogaron Rober, Xián, Estévez, Cristian e Brais.MUXÍA: Hugo, Conguito, Martín, Tomás, Peski, Mauro Romaní, Julián, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Toja, Víctor Alcaina. Tamén xogaron Mario, Lagoa, Ismael e Iván Chans.GOLES: 1-0 47´Eloy 2-0 87´Rober Pladur
Parece a Esteirana o máis firme perseguidor do Mazaricos e nun partido complicado impúxose a un rocoso Muxía que vendeu a pel moi cara. De feito ata os minutos finais con gol de Pladur non respirou tranquilo o conxunto azulgrana, que está nun estado e forma óptimo e cada vez coa maquinaria mais engraxada. O Muxía non foi rival doado, os de Adrián reforzáronse esta semana con Mauro Romaní, que se une ó gran equipo que están a montar por Muxía, pero non puideron coa forza como local que teñen os de Esteiro.
A Esteirana intratable na casa
CAMARIÑAS 1 - CORISTANCO 0CAMARIÑAS: Martín, Rodri, Moriño, Santos, Adrián Bardanca, Javi Antelo, Mickael, Soule, Dani, Joseba e Fran. Tamén xogaron David Pasantes e Diego. CORISTANCO: Diego, Mato, Andrade, Lagoa, Pazos, Samuel, Jorge Lorenzo, Vázquez, Corral, Cebey e Botana. Tamén xogaron Braian e Figueiras.GOL: 1-0 89´Rodrigo Santos
O Coristanco non mereceu levar o castigo da derrota en Camariñas. Xogou un gran primeiro tempo onde tivo o dominio do encontro, e no segundo tempo o partido igualouse, o Camariñas foi mais na busca da vitoria e atopouna cando xa non contaba nun saque de esquina co partido terminando.