2ª Galicia: o Mazaricos, imparable

Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Parece difícil parar ó equipo de Roberto Amoedo. Non foi quen o remozado colista, o Malpica. Favoreceulle ademáis o conxunto do Pino do Val a derrota do Puenteceso en Louro. Os restantes perseguidores gañaron, pero as distancias e sobre todo as sensacións empezan a ser favorables ós amarelos. U.C.CEE 0 - CORME 1 U.C.CEE: Parroto, Martín, Aitor, Nico, Jorge, Carlos Leis, Penedo (Borja 63´), Esteban (Nes 76´), Charly, Juan e Leo (Canosa 54´) CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas (Uru 89´), Pandi, Javi Peón (Alejandro 82´), Eloy, Diego, Isaac (Samu Costa 54´), Brais Torrado (Manu Bermúdez 72´), Lucas e Toniño GOL: 52´Javi Peón Sacou petróleo o Corme en Cee. O cadro local, necesitado de resultados, non foi quen de ver porta no primeiro tempo, onde foi superior ó Corme, e pagouno no segundo. O Cee marrou un par de ocasións claras no inicio, sobre todo unha a porta valeira, e no inicio do segundo tempo unha chegada dende atrás de Javi Peón rematou no único tanto do encontro. O Cee apareceu nervioso entón, e o Corme aguantou ben as embestidas locais, podendo incluso aumentar a conta. CERQUEDA 2 - OUTES 0 CERQUEDA: Dourado, Bastón (Fran 65´), Dani, Atu, Javi Souto (Vieites 69´), Michel (Eloy 85´), Martín, Julián, Gonzalo (Manu Guillamet 63´), Méndez (Darío 76´) e Iván Mato OUTES: Xandre, Borja, Cutu, Maroñas, Chua, Simón, Martín (Bruno 36´), Jura, Babu, Yago Dosil e Álvarito (Breno 74´) GOLES: 1-0 16´Julián   2-0 78´Iván Mato
O susto da xornada estivo en Xaviña, coa lesión de Martín Caamaño Encontro duro e competido en Xaviña, cun primeiro tempo sen apenas ocasións, no que un disparo lonxano que fixo un bote estraño e no rexeite do pao Julián anotou o tanto. O Outes dominou o segundo tempo, mandou dous balóns ós paos, pero nunha contra Iván Mato sentenciou o encontro. A nota negativa foi a lesión de Martín Caamaño, con rotura de clavícula.
MONTELOURO 3 - PUENTECESO 1 MONTELOURO: Iago, Miguel (Juanma 89´), Abel, Manolo Chouza, Pedro García, Adrián, Alex Siaba (Pablo Vidal 82´), Raúl (Gabri 70´), Dani Corniños, Juan de Celia (Cesar 88´) e Dani de Sahorta
PUENTECESO: Xurxo, Luis Alvite, Matías, Ismail, Rubén Sotelo, Eloy Alvarez, Mendieta, Iago (Iván Rodríguez 70´), Dieguito, Recarey e Juanma (Jose Suárez 75´)
GOLES: 0-1 26´Luis Alvite   1-1 30´Alex Siaba   2-1 55´Raúl   3-1 87´Gabri  Gran partido do Montelouro, remontando para impoñerse ó Puenteceso. O inicio foi trepidante, con ocasións para ambos equipos, e nunha falta lonxana de Matías, rexeitada por Iago, Luis Alvite adiantou ó Puenteceso. Pero Alex Siaba pronto igualou, e o propio xogador de Louro tivo duas claras ocasións antes do descanso. O Puenteceso foi polo encontro no segundo tempo, pero atopouse co segundo tanto de Raúl. Tentou a igualada Recarey nun disparo lonxano, pero cos visitantes volcados chegou o definitivo 3-1.
MUXÍA 2 - SP.ZAS 0 MUXÍA: Hugo, Maikel, Conguito, Chans, Martín, Adrián Alcaina, Julián (Pereira 57´), Manu Nogueira (Josiño84´), Tomás, Víctor Alcaina (Peski 71´), Toja (Mario 57´)
SP.ZAS: Maikel, Isma, Víctor Vecino (Fabián 54´), Diego, Alex, Manu Fuentes, Bruno, Pablo Fuentes (Andrés 73´), Brais (Pedro 85´), Dani MAto e Rubio
GOLES: 1-0 58´Manu Nogueira   2-0 69´Toja Primeiro tempo do Zas, que tivo o partido na man pero marrou ante Hugo dúas claras ocasións. No segundo tempo despertou o equipo local, e un centro de Mario rematouno Manu Nogueira ó fondo das mallas. Pouco despois nun remate de cabeza Toja anotou o tanto da tranquilidade sen dar opcións ó Zas de remontada. CORISTANCO 0 - BAÍÑAS 1 CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel Mallo (Figueiras 71´), Mato, Lagoa (Jonathan 80´), Botana (Cristian Pace 62´), Rial (Damián 46´), Corral (Andrade 78´), Bermúdez, Jorge Lorenzo, Samu e Pazos BAIÑAS: Víctor, Tantán, Héctor (Damián 79´), Moreira (Oreiro 62´), Roi Carril, Samuel (Cristian Canosa 77´), Esteban, Hermida, Javi Souto, Pablo Muíño (Javi 84´) e Felipe (Pejo 60´) GOL: 0-1 54´Roi Carril Nova vitoria do enrachado Baíñas, que vai como un tiro hacia os postos de cabeza. Onte foi en Coristanco, nun campo de dimensións reducidas pouco apto para o fútbol de contra de Pablo Muíño, pero soubo ter paciencia, o gardameta Víctor fixo un paradón a Samuel no primeiro tempo, e no segundo nun despiste dos locais anotou o tanto da vitoria. Jorge Lorenzo tivo o empate para o Coris pero non era o día dos verdes. CAMARIÑAS 1 - LIRA 1 CAMARIÑAS: Martín, Rodri, Kevin, Moriño, Maikel, Nico, David Pasantes, Adrián Bardanca (Javi Antelo 46´), Mickael, Joseba (Rodrigo Santos 55´) e Soule LIRA: Peipo, Eloy, Javichu, Adrián (Lamela 86´), Miguel, Jano, Joseph, Pesco, Isma Sanli (Oliver 89´), Toni, Brais GOLES: 0-1 42´Isma Sanli  1-1 62´Nico Igualada no Hermanas Patiño a todo, a goles e a expulsados, pois acabaron na ducha antes de tempo David Pasantes polo Camariñas e Eloy por parte do Lira. Adiantouse o Lira, sen Vituco nin Kike Paluca lesionados, por medio de Isma antes do descanso. Igualou o Camariñas cando xa se atopaba con 10 homes no terreo de xogo por medio de Nico. ESTEIRANA 3 - BUÑO 0 ESTEIRANA: Xandro, Simón, Dani Rama, Codesido, Josiño ALves, Alex Rama, Adrián (Eloy Campos  72´), Pablo Rama (Brais 80´), David (Rubén 87´), Rober Pladur (Eloy Fernández 87´) e Manu Tobío BUÑO: Brais, Dourado (Secundino 76´), Eloy (David Álvarez 76´), Moscoso, Pablo, Jorge Calvete, Petis, Fran, Richard (Adrián Rama 61´), Pedro (Emilio 61´) e Martín GOLES: 1-0 63´Rober Pladur   2-0 70´Rober Pladur   3-0 77´Manu Tobío A Esteirana volveu ó bo fútbol que nos acostuma na casa, dominando o encontro e levándose unha vitoria xusta e traballada ante o difícil Buño. Os visitantes dispuxeron dun libre indirecto na area local que non aproveitaron, e viron como a Petis lle anulaban un gol. Cando mellor xogaba o Buño no segundo tempo, con ocasións para Richar e Petis chegou o primeiro gol de Pladur. Pouco despois o mesmo Pladur de disparo dende fora da area facía o segundo e Manu Tobío á saída dun córner cerraba o partido. Lamentar a lesión de Secundino, que cara o final do encontro torceu o xeonllo e parece algo grave. MAZARICOS 2 - MALPICA 0 MAZARICOS: Toni, Cristian (Miguel 83´), Sueiro (Oreiro 69´), Amoedo, Martín, David (Molinos 83´), Ricardo, Estéfano, Rober, Barbeira (Manuel Luis 66´) e Pereiro (Carreira 89´) MALPICA: Anxo, Jordan, Manteca, Santi, Jesús, Yonny, Eloy, Gonzalo Vilariño, Dariel, Dani Casal e Ruben (Gustavo 25´) GOLES: 1-0 39´Pereiro   2-0 88´Oreiro Está imparable o líder Mazaricos, un conxunto moi solvente defensivamente, e que rentabiliza os seus goles como ninguén. Onte adiantáronse ante o difícil e engañoso colista, o Malpica, a pouco do descanso con tanto de Pereiro. E a pesar de que o Malpica o intentou, non superou a defensa local. O tanto da sentencia chegou contra o final do partido, cando o Malpica buscaba desesperadamente o empate.