2ª Galicia: os aspirantes reducen distancias
05 de marzo de 2018 (11:00 h.)
MAZARICOS C.F. 1 - U.C. CEE 1
MAZARICOS: Toni, Danis, Manuel, Amoedo, Martín, David, Ricardo, Manuel Luis, Estéfano, Roberto e Pereiro. Tamén xogaron Oreiro, Barbeira, Carreira e Iago.
CEE: Carlos, Nico, Jorge, Aitor, Bermúdez, Carlos Leis, Javi Canosa, Esteban, Leo, Juan Bello e Charly. Tamén xogaron Adrián Canosa, Penedo e Martín.
GOLES: 0-1 74´Penedo 1-1 78´Ricardo
O líder e o histórico Cee xogaron un partido moi competido no Pino do Val, no que o Cee, a pesar e adiantarse, non aguantou a vantaxe o suficiente, e viu como o Mazaricos lle igualaba ó pouco do gol de Penedo. O veterano Ricardo foi o que anotou o tanto do empate. No primeiro tempo o partido estivo igualado, cun Cee moi mellorado e competitivo. Os de Rosky quéixanse de dúas xogadas polémicas na area local nas que o colexiado non pitou nada, e do gol do Mazaricos, precedido de posible falta ó porteiro ceense.
U.D. CERQUEDA 0 - CORME C.F. 2
CERQUEDA: Diego Dourado, Bastón, Atu, Martín, Marcos Pensado, Michel, Manu Guillamet, Méndez, Gonzalo, Iván Mato e David Dourado. Tamén xogaron Uru, Cholo, Eloy e Martín.
CORME: Susiño, Jesús, Dani, Pandi, Sueiro, Eloy Villar, Diego, Lucas, Toniño, Samu Costa e Alejo. Tamén xogaron Brais, Doldán e Manu Bermúdez.
GOLES: 0-1 55´Alejo 0-2 66´Diego
O Corme levouse un difícil encontro nun dos campos máis complicados da categoría, e tivo que esperar ó segundo tempo, onde primeiro Alejo e despois Diego anotaron os tantos dos azuis. A expulsión de Manu Guillamet ós 60 minutos axudou á vitoria visitante.
U.D. MONTE LOURO 1 - OUTES C.F. 4
MONTE LOURO: Fer, Miguel, David, Manolo Chouza, Pedro, Gelo, Alex Siaba, Raúl, Geiko, Riki e Dani Corniños. Tamén xogaron Gabri, Abel, César, Juanma e Cristian.
OUTES: Xandre, Cristian, Cutu, Maroñas, Simón, Jura, Mario, Martín, Quin, Babu e Lucas. Tamén xogaron David, Alvaro e Joel.
GOLES: 0-1 3´Lucas 0-2 24´Lucas 0-3 35´Simón 0-4 80´Cutu 1-4 85´Gabri
O debut de Lucas, xogador procedente do Bertamiráns, relanzou ó Outes en Louro, onde venceu con contundencia. O propio Lucas anotou os dous primeiros tantos. Con vantaxe no marcador o Outes foi superior, e incluso Quin puido marcar un cuarto tanto. No segundo tempo o Louro non foi quen de acortar diferencias e o Outes non sufriu en ningún momento.
MUXÍA C.F. 3 - PUENTECESO S.D. 0
MUXÍA: Hugo, Iván Chans, Denis, Michael, Martín, Pereira, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Lagoa, Isma e Mauro. Tamén xogaron Conguito, Mario, Toja e Tomás.
PUENTECESO: Damián, Martín Puente, Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo, Ismail, Luca, Iván, Dieguito, Charro e Eloy Alvarez. Tamén xogaron Adrián Pose, Xurxo, Raúl e Jose.
GOLES: 1-0 35´Iván Chans 2-0 49´Conguito 3-0 55´Adrián Alcaina
Partido marcado polo forte vento en Arliña. Con vento en contra un erro de Damián aproveitouno Iván Chans para abrir o marcador. A mellor ocasión dos visitantes foi un disparo fortísimo de Matías que sacou ben Hugo. Con vento a favor o Muxía controlou mellor e sentenciou o encontro con dous disparos dende fora da area.
S.D. CORISTANCO 4 - SPORTING ZAS 1
CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel, Mato, Lagoa, Pazos, Samuel, Damián, Jorge Lorenzo, Bermúdez, Corral e Botana. Tamén xogaron Samu Vázquez, Rial, Cristian e Braian.
SP. ZAS: Maikel, Isma, Vecino, Manu Fuentes, Alex, Bruno, Pablo Fuentes, Brais, Diego, Dani Mato e Rubio. Tamén xogaron Andrés, Josito, Rubén e Pedro.
GOLES: 0-1 25´Mato en pp 1-1 50´Pazos 2-1 52´Lagoa 3-1 65´Corral 4-1 80´Braian
Gran vitoria do Coristanco para saír do descenso directo ante o Zas. Os visitantes adiantáronse e foron con vantaxe ó descanso, despois dun primeiro tempo que dominaron, e no que incluso mandaron dous balóns ós paos. Pero nun atinado segundo tempo os de Pensado levantaron o marcador. Pazos, Lagoa, Corral e o xuvenil Braian anotaron os catro tantos, e o Coristanco aínda puido marcar algún gol máis se aproveitase todas as ocasións das que dispuxo.
CAMARIÑAS F.C. 1 - C.D. BAIÑAS 2
CAMARIÑAS: Martín, Rodri, Moriño, Brais, David, Soule, Mickael, Dani Costa, Nico, Djibi e Maikel. Tamén xogaron Adrián Bardanca, Diego e Dani.
BAIÑAS: Víctor, Tantán, Roi Carril, Héctor, Felipe, Cristian Hermida, Esteban, Mayor, Cristian Canosa, Javi Souto, Pablo Muíño. Tamén xogaron Moreira, Jesús, Oreiro e Damián.
GOLES: 1-0 22´Maikel 1-1 50´Javi Souto 1-2 68´Mayor
Sufriu o Baíñas para levarse os puntos en Camariñas. Os palilleiros están moi necesitados de puntos na clasificación, e plantaron cara a un claro candidato ó título. Adiantáronse no marcador ós vinte minutos por medio de Maikel. Con vantaxe chegaron ó descanso, pero o Baíñas, consciente de que non podía ceder puntos, forzou a máquina no segundo tempo. Primeiro Javi Souto e logo Mayor remontaron o partido, non sen complicacións, e o Baíñas recorta diferencias co Mazaricos.
S.D. ESTEIRANA 3 - LIRA C.F. 2
ESTEIRANA: Rober, Simón, Codesido, Dani Rama, Eloy, Jaime, Alex Rama, Adrián, Rober Pladur, Josiño Barreiro e David. Tamén xogaron Estévez, Xián, Campos e Brais.
LIRA: Raúl, Eloy, Cristian, Pedro, David, Miguel, Jano, Kike, Oliver, Bruno e Toni. Tamén xogaron Maceiras e Ramón.
GOLES: 1-0 2´Simón 1-1 37´Oliver 1-2 69´Kike 2-2 71´Pladur de pti 3-2 87´Alex Rama
Vaia partidazo en Esteiro, onde o conxunto local tivo que remontar nos últimos instantes ó Lira, que se tiña posto por diante no marcador. Pronto parecía que encarrilaba a Esteirana o partido co gol de Simón nada máis comenzar, pero o Lira saíu respondón. Igualou Oliver, e no segundo tempo o antaño ídolo azulgrana, Kike Paluca, puxo o segundo no marcador, ante o asombro da grada. Pero esta Esteirana ten pouso e homes que tiran do carro. Igualou Pladur de penalti, volcouse o cadro local, e a pouco do finla Alex Rama levou o delirio ó graderío, para manter á Esteirana na loita polo título.
S.C.D. MALPICA 0 - BUÑO S.D. 3
MALPICA: Anxo, Fabio, Mante, Dimitri, Santi, Jordan, Ures, Andy, Vituco, Dani Casal e Omar. Tamén xogou Pablo Souto.
BUÑO: Brais, Miguel, Manolo, Moscoso, Posiño, Jorge Calvete, Fran, David Dourado, Richard, Anxo e Martín. Tamén xogaron David Alvarez, Alexander, Emilio, Gurita e Pablo.
GOLES: 0-1 48´Jorge Calvete 0-2 53´Jorge Calvete 0-3 77´Richard
Machada do Buño no derbi na Pedra Queimada, ante un Malpica con baixas e un pouco desquiciado. Os de Dani Calvete xogaron un partido moi serio, esperaron a súa oportunidade, e leváronse o encontro no segundo tempo con dous goles do medio Jorge Calvete e un de Richard. Foi expulsado Dani Casal. Foi decisivo tamén o feito de que a figura local, Gonzalo Vilariño, non dou chegado ó partido despois dunha longa viaxe dende Las Vegas.