2ª Galicia: tarde de derbis e rebelión dos da cola

Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com PUENTECESO S.D. 0 - SP. ZAS 1 PUENTECESO: Xurxo, Martín Puente, Luis Alvite, Matías, Eloy Trigo, Recarey, Dieguito, Juanma, Iván Rodríguez, Luca e Eloy Alvarez.  SP.ZAS: Maikel, Jaime, Brais, Alex, Isma, Pablo Fuentes, Manu Fuentes, Josito, Diego, Rubio e Dani Mato. Tamén xogaron Xoel e Rubén Corzón. GOL: 0-1 37´Alex Tres puntos de ouro se levou o Zas de Corredoira na visita a Ponteceso, onde o cadro local buscaba acercarse ó líder Mazaricos. A tarde foi fría pero o partido iniciouse quente, cun disparo de Recarey dende a frontal da area que rexeitou o pao longueiro. O primeiro cuarto de hora foi de acoso local, Dieguito tivo unha boa ocasión á saída cun córner e o propio Recarey outra só diante da porta de Maikel. Tras este inicio de acoso, o Zas comezou a carburar, e Xurxo tivo que rexeitar un cabezazo case na liña de gol. Pouco despois chegou o único gol do encontro, nun centro lateral que rematou Alex. No segundo tempo anulouse un tanto a Recarey nun centro lateral por posible fora de xogo. Reclamouse un penalti a Dieguito na area do Zas, e aínda que os locais o intentaron con intensidade o Zas defendeu ben o resultado e levouse os puntos en xogo.
OUTES C.F. 4 - C.D. BAIÑAS 2 OUTES: Antón, Borja, Cutu, Dani Maroñas, Pose, Jura, Simón, Alvaro, Yago Dosil, Babu e Elías. Tamén xogaron Joel, David, Cris e Bruno. BAIÑAS: Víctor, Héctor, Roi, Mayor, Jesús, Cristian Canosa, Javi, Javi Souto, Pablo Muíño, Cristian Hermida e Oreiro. Tamén xogaron Moreira e Esteban. GOLES: 0-1 44´Pablo Muíño 1-1 45´Roi Carril en pp   2-1 52´Elías   3-1 62´Yago Dosil   3-2 82´Pablo Muíño   4-2 89´Bruno Expulsados Cristian Canosa do Baíñas e Cris do Outes 83´ Gran partido local ante un Baíñas que viña enrachado. Primeiro tempo onde o Outes tivo un par de boas opcións de adiantarse no marcador pero foi o Baíñas por medio do seu goleador Pablo Muíño o que antes do descanso anotaría o 0-1 nun remate cruzado. Pero acto seguido unha falta lanzada por Borja golpea en Roi e introdúcese pola escadra para dar o empate ós locais co que se foi os vestiarios. O segundo tempo foi intensísimo. O Outes foi mellor media hora, anotando por medio de Elías e Yago Dosil e poñéndose en merecida vantaxe. Pero un arreón final do Baíñas permitiulle recortar diferencias, e a dous minutos do final incluso Pablo Muíño marrou un penalti que podía significar o empate. Nunha contra Bruno sentenciou un precioso encontro. CORME C.F. 9 - LIRA C.F. 2
O Corme foi un vendaval no Cairo. Foto de Fin Lema. CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Doldán, Sueiro, Diego, Manu Bermúdez, Lucas, Alejandro, Toniño e Alejo. Tamén xogaron Javi Peón, Eloy, Brais, Samu Costa e Isaac. LIRA: Peipo, Javichu, Eloy, Manuel Cartamil, Jose Manuel, Cristian, Miguel, Kike Paluca, Pesco, Oliver e Adrián. Tamén xogou Angel. GOLES: 1-0 5´Alejo   2-0 9´Alejo   3-0 29´Alejandro   4-0 46´Diego   4-1 49´Kike   5-1 64´Lucas   6-1 66´Alejo   6-2 66´José M.   7-2 76´Lucas   8-2 78´Dani Cousillas   9-2 87´Isaac
Recibiu o Lira a goleada da tempada a mans dun inspiradísimo Corme, que empeza a ter en Alejo o seu home gol de outras tempadas e mete medo ós equipos da zona alta. Como empece a carburar este Corme vai a ser un candidato claro a levarse o título. Dende o inicio o Corme saíu a por todas e xa ós 10 minutos mandaba no marcador con 2 tantos de diferencia. A partir de ahí o recital foi continuado, con goles de bonita factura, sobre todo o quinto, de Lucas dende campo propio. U.C.CEE 1 - BUÑO S.D. 1 CEE: Parroto, Martín, Jorge, Nico, Aitor, Carlos Leis, Esteban, Penedo, Leo, Juan Bello e Charly. Tamén xogaron Adrián Canosa e Carlos Castiñeira. BUÑO: Brais, David Alvarez, Manuel, Moscoso, Pablo, Jorge Calvete, Petis, Fran, Richard, Emilio e Martín. Tamén xogaron Miguel, Juan Antelo, Eloy e Alexander.  GOLES: 1-0 78´Penedo   1-1 80´Jorge Calvete Empate xusto en Sampaio de Refoxos entre Buño e Cee, nun partido que tivo unha parte para cada equipo. O Cee dominou o primeiro tempo, tendo o balón e facéndose defender con orden ó Buño. Un disparo de Penedo que dou no pao foi a ocasión máis clara deste período. O Buño saíu mellor no segundo acto, pero no treito final foi cando chegaron os tantos, case sen solución de continuidade, adiantándose o Cee por medio de Penedo e igualando os visitantes acto seguido con gol de Jorge Calvete. Co Cee volcado no treito final o Buño puido levarse o partido en perigosas contras. U.D.CERQUEDA 1 - S.C.D.MALPICA 0 CERQUEDA: Dourado, Dani, Javi Souto, Marcos Pensado, Fran, Eloy, Iván Mato, Cholo, Méndez, Martín e Michel. Tamén xogaron Manu Guillamet, Gonzalo, Ati, Martín e Bastón. MALPICA: Anxo, Mante, Omar, Santi, Juan Fuentes, Mauri, Andy, Ures, Vituco, Gonzalo Vilariño e Rubén. Tamén xogaron Dimitri, Gustavo e Fabio. GOL: 1-0 80´Atu
O derbi en Xaviña respondeu ás espectatívas e foi moi igualado Partido moi igualado en Xaviña, onde o Cerqueda se levou os tres puntos cando todo parecía indicar que a igualada sería o resultado final. Un Cerqueda moi ordenado contrarrestou a un Malpica que en todo momento buscou ós seus homes máis importantes para crear perigo, Vituco e Gonzalo Vilariño. No primeiro tempo apenas houbo ocasións e o fútbol foi moi trabado. No segundo acto Vituco tivo a máis clara para o Malpica, pero Dourado fíxolle un paradón. O Cerqueda tivo tres claras opcións, por medio de Javi Souto á saída dun córner, un man a man de Méndez e un remate a porta baleira de Javi Pazos. O gol de Atu de remate dende fora da area levou o delirio ás gradas e doulle os puntos ó equipo de Raúl Periscal. U.D.MONTE LOURO 3 - S.D. ESTEIRANA 4
Vaia partidazo o de Louro e Esteirana MONTE LOURO: Fer, Miguel, Pablo Vidal, César, Pedro, Adrián, Alex Siaba, Raúl, Geiko, Dani de Sahorta, Dani Corniños. Tamén xogaron David Lestón, Abel, Gabri. ESTEIRANA: Rober, David, Codesido, Dani Rama, Josiño Alves, Eloy, Alex Rama, Rober Pladur, Pablo Rama, Xián, Manu Tobio. Tamén xogaron Samu Pensado, Adrián, Jaime e Brais. GOLES: 0-1 18´Pablo Rama   0-2 25´Eloy   0-3 33´Pablo Rama   1-3 51´Geiko de pti   2-3 69´Miguel   3-3 79´Alex Siaba   3-4 82´Codesido Vaia tremendo derbi en Louro o vivido onte. O encontro foi un carrusel de sensacións e goles. O Monte Louro non se atopou en ningún momento no primeiro tempo e a calidade do rival fixo o resto: tres tantos en media hora e o derbi case sentenciado. Pero non se pode fiar un deste equipo de Oscar Leis, que no segundo tempo arriscou e levou o partido a donde quería, conseguindo unha incrible remontada. E cando parecía posible a vitoria local, nunha falta lateral a Esteirana anotou o cuarto e definitivo tanto. Aínda tiveron os de Louro opcións de igualar pero non foi posible.
Goles e emoción foron as constantes MUXÍA C.F. 3 - CAMARIÑAS F.C. 0 MUXÍA: Hugo, Pesqui, Mario, Martín, Michael, Conguito, Julian, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Lagoa e Mauro Romaní. Tamén xogaron Iván Chans, Ruso, Tomás e Pereira. CAMARIÑAS: Martín, Rodri, Santos, Moriño, Brais, Diego, Mickael, Soule, Fran, Maikel e Javi Antelo. Tamén xogaron Adrián Bardanca e Anxo. GOLES: 1-0 38´Manu Nogueira   2-0 60´Manu Nogueira   3-0 65´Iván Lagoa
O Muxía venceu no derbi despois de moitos anos sen disputarse Xa facía anos que non se vivía este derbi en Muxía e había gran expectación. Os locais fixeron un gran partido e leváronse o triunfo. No primeiro tempo o dominador foi o equipo de Adrián Lema, que levou o peso do encontro e se adiantou nun disparo de Manu Nogueira. A pesar de xogar en contra de vento no segundo, o Muxía seguiu controlando o xogo. Un novo tanto da figura do encontro, Manu Nogueira, poñía moi difícil o partido para o Camariñas. Un centro de Mario cun remate impresionante de Lagoa foi a sentencia. S.D. CORISTANCO 0 - MAZARICOS C.F. 0 CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel, Mato, Lagoa, Javi, Pazos, Braian, Jorge Lorenzo, Corral, Rial e Botana. Tamén xogou Damián. MAZARICOS: Toni, Danis, Sueiro, David, Ricardo, Molinos, Estéfano, Raúl, Barbeira, Pereiro e Martín. Tamén xogaron Manuel Luis, Joel e Amoedo. O Coristanco estase a convertir nas últimas semanas no mataxigantes da liga. Se a semana pasada venceu á Esteirana, esta foi o Mazaricos o que non puido con eles, sendo incluso superior o conxunto local por momentos. O primeiro tempo foi moi bo por parte local, cun Mazaricos sorprendido e defendendo as acometidas do Coristanco. Igualouse no segundo tempo, pero foi o cadro local o que tivo as mellores ocasións. Igualada que se pode considerar xusta visto o visto, pero unha vitoria local non extrañaría a ninguén.