3 cracks, 3 equipos, 3 Copas
Xa o di unha boa siareira do Fútbol da Costa. I é que 3 Copas da Costa seguidas non é calquera cousa. E se ademais, son 3 Copas consecutivas con 3 camisetas distintas, non hai parangón. Queremos facer hoxe mención especial a 3 figuras do fútbol costeiro, os 3 foron nominados para o 11 Ideal da Costa, dous saíron escollidos, e un deles, foi nomeado Mellor Xogador.
Falamos de Jota, nominado entre os Mellores Medios Centros. Falamos de Oscarín, escollido Mellor Lateral Esquerdo. E falamos de Doro, Mellor Interior Dereito e, por se lle faltaba algún premio, Mellor Xogador da Costa 2013-2014.
3 anos, 3 cracks, 3 equipos, e 3 títulos da Copa da Costa. Aí é nada. No 2010, coa camisola laranxa do Santa Comba, vencían a primeira (xa era a segunda para Doro) nun choque de ida e volta co derradeiro e definitivo partido en Dumbría. Daquela Oscarín estaba lesionado pero Jota e Doro eran os motores da maquinaria monocolor que dirixía entón Gelucho.
No 2013, no ano do 50 aniversario, e xa coa camiseta bicolor tras unha, a priori calmada, fusión entre os equipos do Xallas e o Santa Comba, o campo do Platas Reinoso acollía a primeira final a partido único en anos. Unha final bonita, na que o XSC foi superior ao Malpica cun Doro soberbio, marcando o único gol do partido. Oscarín e Jota, por suposto, no 11 inicial de Corredoira.
Despois do convulso cambio na dirección do cadro xalleiro, estes 3 xogadores, que pensaban rematar as súas carreiras en Santa Comba, colleron as maletas cara o máximo rival, o Dumbría. Canosa acolleunos cos brazos abertos, e lles fixo un oco no 11 para intentar facer do Dumbría un equipo con aspiracións. Chegou a final da Copa 2014, e o destino (e algunha preciptaba decisión da Federación) levounos ata Fontenla, para enfrontarse ao seu antigo equipo. O resultado xa o coñecedes, co triunfo do Dumbría fronte ao XSC no que era a 3ª Copa para Jota e Oscarín, e a 4ª para Doro.
Parabéns para eles, e esperamos velos moitos anos máis sobre o céspede.