3 pilotos da Costa e un campión no Campionato Galego de Trial
13 de outubro de 2011 (20:30 h.)
Esta fin de semana pasada, o vimiancés Jesús Manuel Sampedro proclamouse campión galego de trial na categoría de promoción.
Pero non quedou aí a participación costeira no Campionato de Trail e na proba de Baiona, xa que un carnotán e outro vimiancés levaron o nome da nosa bisbarra. O carnotán Carlos Waldomar e o vimiancés Manuel Soto tamén participaron deixando ben alto o pavillón costeiro.