3ª Autonómica: Unha xornada de baixa

Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Non puido completar o partido o Lira, cheo de lesionados, e o choque tivo que ser suspendido. Foi a nota máis salientable desta 3ª xornada da 3ª Autonómica, que deixa ao Corcubión como líder en solitario tras remontar ao Montelouro. Parece que soa ben o curso por Laxe, que se aproveitou dos problemas lirachos para colocarse segundos na táboa.

Camelle - Muxía (0-0)

  • Camelle: Jimmy, Cristian (Santi, m.69), Rodrigo (David, m.68), Valiña, Ruben, Ricardo (Toja, m.75), Tedín, Javier, Jati (Tonsón, m.80), Mario e Adrián Pasantes.
  • Muxía: José, Curras, Peski, Martín, Castreje, Pana, Julián, Álex (Ruso, m.80), Cris, Conguito (Man, m.60) e Alberto (Benlloch, m.70).

Soso, soso

Partido moi igualado, en xogo e ocasións, sen demasiado que contar. Comezou o Camelle de Jesús de Petrallo algo máis metido no encontro, pero o Muxía foise metendo e acabou tendo máis ocasións no último cuarto de hora.  

Corcubión - Montelouro (3-2)

  • Corcubión: Beto, Checho, Adri, Pablo, Balucho, Sebas, Edu, Alán, Lema Tito e Toja. Tamén xogaron: Keylor, Xabi, Gabi, Iván e Mario Suárez.
  • Montelouro: Fernando (Yago, m.70), Abel, Juan, Pablo, Bolo (César, m.50), David, Riky, Gelo, Luís (Juan, m.70), Edu e Gabriel (Sergio, m.80).
  • Goles: 1-0, m.15: Riky; 0-2, m.25: Riky; 1-2, m.44: Toja; 2-2, m.47: Tito; 2-3, m.73: Toja.
  • Lesións: os locais Gabi cun pinchazo e Pablo por un golpe na cabeza no que acabou mareado.

Remonta o líder

Partido moi igualado na primeira parte na que o equipo de Marcelo se colocaba por diante con dous tantos de Riky, que facía soñar ao cadro loureán con empatar no liderato ao agora intratable Corcubión. Pero o Corcubión tirou de eficacia, e do bo estado de xogadores como Toja, que se estrou este ano e seguro que é un puntal importante no cadro de Emilio Corzón.  

Laxe - Lira (8-0)

  • Laxe: Jacobo, Jacinto, Bras, Stiven, Aarón, Djamel, Pichel, Borja, Gora, Santi e Zurich. Tamén: Iván, Miguel Varela e Rafa.
  • Lira: Aitor, Catalán, Miky, Eloy Cee, Pata, Germán, Salva, Costa, Saúl e Choqueiro.
  • Goles: Zurich (3), Jorge Pichel (2), Djamel (2) e Santi.

Suspendido por falta de efectivos

Tocadísimo anda este Lira de efectivos, con 7 lesionados que fai imposible que o seu curto plantel (14 xogadores) manteñan un bloque no campo. O sábado xogaron lesionados Pata, Catalán, Germán e Miki e Choqueiro saíu tocado tras forte golpe no hombreiro. De feito, non puideron acabar o partido e o colexiado deu por suspendido o choque ao comezo da segunda metade, xa con 8-0 no marcador.  

Seaia - Nantón (0-4)

  • Seaia: Jorge, Vistas, Pepis (Kevin, m.65), Roke (Miguel, m.46), Jorge, Parga, Ramón, Feles (Sergio, m.56), Guille (Nacho, m.60), Cristian e Pablo (Carabel, m.60).
  • Nantón: Guille, Maikel, Guau, Raúl, Diego, Valetín (Carlos Vidal, m.64), Fabio (Martín, m.70), David, Enmanuel (Iván, m.76), Redondo (Lareu, m.56) re Silvariño.
  • Goles: 0-1, m.25: Enmanuel no man a man; 0-2, m.30: Enmanuel a pase de Fabio; 0-3, m.35: Enmanuel a pase de Redondo; 0-4, m.60: Iván dende 30 metros.

Foi o Nantón o que estreou o taboleiro de vitorias

Primeira vitoria da campaña para o Nantón de Carlos Margarida a costa dun Seaia de Alberto Abeleira que aínda non estreou o taboleiro de puntos e aínda ten moito percorrido e moito marxe de mellora por diante. O partido decidíase na primeira media hora, cando o cadro visitante se colocaba 0-3 sen deixar posibilidades de remontada ao Seaia. Enmanuel facía en 10 minutos un gran triplete. Na segunda, o Nantón nadou e gardou a roupa, aguantou as embestidas dos locais e Iván ampliou o marcador cun golazo dende 30 metros.

Crónicas da 3ª Autonómica

Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).