3ª Galicia: as cousas están cada vez máis claras

VOLANTES DE BAÑO F.C. 2 - CABANA S.D. 1
VOLANTES: Javira, Tico, Dani, Rapante, Thiago, Cajulo, Pardelo, Lado, Miguel, Picho e Santi. Tamén xogaron Yanki, Javier e Ricardo. CABANA: Víctor, Duda, Fariña, Isma, Mateo, Manolo, Cristian, Manu, Cacha e Pablo. Tamén xogaron Alberto, Laik e Ferreiro. GOLES: 1-0 72´Thiago   1-1 85´Cacha   2-1 89´Picho Partidazo en Muros, dos que sirven para ganar títulos. Un Cabana respondón púxolle as cousas moi difíciles ó líder, que só sobre a hora se puido levar o partido. O primeiro tempo foi de tensión e intensidade, propio deste tipo de encontros decisivos, con poucas ocasións. Rompeuse o encontro no segundo acto. Adiantouse o Volantes nun balón á espalda da defensa visitante que Thiago mandou á rede cunha gran definición. O Cabana fíxose co balón e buscou a igualada. Tivo opcións nas botas de Cacha e Isma, e foi o talentoso Cacha cun disparo lonxano que entrou pola escadra o que empatou o partido a pouco do final. O Volantes apretou moito nos últimos instantes, foille anulado un tanto e no tempo de desconto nunha falta lateral Picho levou o delirio á grada, e pode que dera un título ó Volantes. Terá que aguantar a vantaxe da que dispón catro partidos máis. CAMELLE S.D. 0 - C.D. MUROS 2 CAMELLE: Caamaño, Sergio, Carlos, Pablo, Tedín, Barreiro, Miguel Riveiro, Méndez, Mario, Alvaro e Vieites. Tamén xogaron Adrián Pasantes, Adrián Tajes, David, Roi e Canosa.
MUROS: Xandre, Berni, Pedro, Iván Cerilla, Gael, Ramón, Javi, Banana, Saúl, Pedro Fdez., e Alvarito. Tamén xogaron Brea, Lice, Hugo, Yerai e Angel.
GOLES: 0-1 18´Berni   0-2 42´Banana O Muros dou a cara en Camariñas ante o Camelle e levouse unha vitoria desas que se chaman de ascenso. Agora mesmo os muradáns practicamente aseguran a súa presencia o ano que ven na Liga da Costa, e só queda por ver se son quen de arrebatarlle o título ó actual líder, o Volantes. Un gol inicial de Berni puxo en vantaxe ós de Bibi, que antes do descanso anotaron o segundo por medio de Banana e no segundo tempo só tiveron que nadar e gardar a roupa. Agora mesmo coa moral polas nubes, son os de Muros un rival moi difícil de superar e da a sensación de que poucos puntos se lle van a escapar de aquí ó final.
S.D. AMEIXENDA 2 - C.D. NANTON 2 AMEIXENDA: Bicho, Camacho, Oca, Bichiño, Bruno, Susiño, Castreje, Cristian, Pablo, Nes e Yago. Tamén xogaron Andrés, Juan Antonio e Borja. NANTÓN: Guille, Lareu, Pablo, Gavín, Diego, Dani, Fabio, Cristian, Pastor, Martín e José Manuel. TAmén xogou Moreira. GOLES: 0-1 5´Cristian   0-2 25´Pastor   1-2 28´Cristian   2-2 79´Cristian Chegou con moitas baixas o Ameixenda, incluso na portería, o que fixo que Bicho se puxera baixo paos. Saíu despistado o cadro local e o Nantón logrou adiantarse no marcador nun centro lateral que se envenena e acaba entrando na meta. En outro centro lateral Pastor anotaba o segundo rematando de cabeza. E ese segundo gol espabilou ó Ameixenda, e acto seguido á saída dun córner Cristian marcou nun balón morto na area. O segundo tempo foi local, cun Susiño cortando e distribuindo con criterio. Nes de falta, Cristian e Andrés tiveron claras opcións ante un Nantón que so se defendía como podía ante o acoso local. Foille anulado un gol a Cristian no 75, pero non pasou así catro minutos despois co gol do empate do propio Cristian. Ata o final non se moveu o marcador. S.D. CASTRIZ 1 - C.F. CASTRELO 2 CASTRIZ: David, Rubén, Toniño, Adrián, Mata, Negreira, Nakata, Iván, Raúl, Landeira e Jesús. Tamén xogaron Javi e Alvaro. CASTRELO: Oscar,Esteban, Mario, Luis, Steven, Félix, Iván, Dani, Martín, Carballo e Fabio. Tamén xogaron Gustavo e Nico GOLES: 0-1 17´Luis   0-2 23´Luis   1-2 80´Mata Dou a sorpresa un Castrelo moi competitivo nos últimos partidos no encontro adiantado ó sábado en Castriz. O equipo local nunca se atopou cómodo, e viu como dous tantos de Luis Roget nos primeiros vinte minutos poñían por diante ó Castrelo. O tanto de Mata, que recurtaba diferencias, chegou moi tarde e non houbo tempo para a remontada local. S.D. LAXE 3 - U.D. CORCUBIÓN 0 LAXE: Eloy, Toja, Naya, Jacinto, Borja, Ventura, Paredes, Jorge, Elías, Bieito e Gora. Tamén xogaron Santi, Veciño e Iñigo CORCUBIÓN: Rober, Tito, Gabri, Rubén, Carlos, Antón, Roi, Lema, Asier, Pablo e Dantés. Tamén xogaron Mario, Samu, Alexandro, Carballo e Sambade GOLES: 1-0 75´Iñigo   2-0 83´Santi   3-0 85´Paredes O Laxe case que asegurou unha das plazas de promoción ó vencer con sufrimento a un Corcubión duro e correoso, que vendeu a súa pel moi cara. O gol que abriu a lata foi de Iñigo, e logo Santi, que gran xogador o xuvenil de Laxe, e Paredes sentenciaron nos últimos minutos. OUTES B 0 - C.F. PORTEÑO 3 OUTES B: Gorka, Cesar, Fabián, Juan, Saúl, Fabio, Paullo, Bouzas, Alvaro, Jasón e Sergio. Tamén xogaron Tirnes, Breno, Lago e Raúl. PORTEÑO: Brais, Adrián, Jose, Manuel Canosa, Manu Castiñeiras, Jorge, Cousillas, Wii, Vicente, Marcos e Angel. Tamén xogaron Pejo, Isma, Martín e Mario GOLES: 0-1 18´Wii   0-2 52´Pejo   0-3 72´Pejo Expulsado Vicente 88´ O Porteño cumpliu en Outes e levouse un partido que lle permite seguir cerca dos postos de promoción, esperando erros dos rivais nestas últimas xornadas. O partido non foi nin moito menos fácil para os visitantes, que a pesar de adiantarse cedo con gol do oportunista Wii, tiveron que esperar á segunda metade coa saída do defensa Pejo, onte en vena goleadora, para sentenciar o encontro.