3ª Galicia: caeu o Volantes ante o Ameixenda

O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O partidazo da xornada respostou ás expectativas. O Ameixenda xogou o mellor encontro da tempada e impúxose ó líder. O Cabana, noutro gran encontro, derrotou ó Laxe. Seaia, Castriz e Nantón sumaron de tres en tres en Corcubión de Camelle igualaron nun encontro trepidante. Moitos goles, emoción e bo fútbol na nosa terceira. AMEIXENDA 3 - VOLANTES 1 AMEIXENDA: Papi, Oca, Bruno, Adán, Bicho, Andrés, Chucho, Piquero, Susiño, Castreje, Cristian.   Tamén xogaron Camacho, Pablo e Yago. VOLANTES: Javira, Daniel, Pardelo, Raúl, Iván Cerilla, Godo, Maikel, Picho, Juan do Sivil, Thiago, Cajulo.   Tamén xogaron Alberto, Yeray e Rubén. GOL:  1-0 30´Chucho 2-0 55´Cristian 2-1 60´Godo 3-1 75´Cristian Expulsados Manolín no 76´e Thiago no 85´
O Ameixenda puido co Volantes de Baño en Cee Gran partido entre dous aspirantes ó título en Cee. Saíu o líder dominando o encontro, con poucas aproximacións á porta de Santi Papi. Pero na primeira ocasión local, Chucho engancha unha volea que entra na porta visitante. Costoulle reaccionar ó Volantes, e no 55 Cristian nun balón en profundidade aproveitou para marcar o segundo. Reduciu distancias Godo pero o Ameixenda controlou moi ben o resto do partido, e anotou o terceiro nun remate de Cristian a centro de Castreje. A expulsión de Thiago non fixo mais que refrendar que non era o día do Volantes. CASTRELO 0 - SP.SEAIA 4 CASTRELO: Carreira, Martín, Esteban, Maikol, Luis Roget, Steven, Felix Roget, nico, Elvis, Iván Caamaño e Lado.   Tamén xogaron Dani Picallo, Sergio Lema, Juan, Gustavo e Fabio. SP. SEAIA: Recarey, Canario, Jorge Parga, Vistas, Josi, Chols, Darío, Carracedo, Alvaro Ramos, Changui e David.   Tamén xogaron Sergio, Dani, Jose Camafreita e David Pérez. GOLES: 0-1 54´Vistas   0-2 56´Changui   0-3 66´Chols   0-4 89´Sergio Expulsado Carreira no 65´ Resultado engañoso o que reflexa o electrónico do Municipal de Vimianzo ó final do encontro. O Castrelo aguantou moi ben no primeiro tempo pero afundiuse no segundo cos goles en 2 minutos de Vistas e Changui. A expulsión do gardameta local Carreira non fixo mais que agrandar a diferencia entre ambos equipos, que non foi tanta no campo. O Seaia logra a primeira vitoria sen o seu adestrador Fran Martuxa, que deixou o equipo esta semana. CORCUBIÓN 3 - CAMELLE 3 CORCUBION: Abe, Dantés, Mario Suárez, Pablo, Alexandro, Adrián, Coté, Antón, Samuel, Lema, Gabri.   Tamén xogaron Rubén, Asier, Martín, Marcos Porto e Mario Atán. CAMELLE: Caamaño, Sergio, Angel Riveiro, Barbeito, Barreiro, Miguel Riveiro, Méndez, Mario, Adrián Pasantes, Vieites e Cristian Lema.   Tamén xogaron Tajes, Rodri e David GOLES: 1-0 9´Coté   2-0 12´Samuel   2-1 43´Mario Vázquez   2-2 48´Angel Riveiro   3-2 58´Samuel   3-3 89´Angel Riveiro Expulsados Antón no 33´polo Corcubión, Barreiro no 70´ e Miguel Riveiro no 85´ polo Camelle. Partido trepidante en Corcubión, clásico costeiro, con goles, expulsións, polémica e por momentos bo fútbol. Coté adiantou ós locais, o fisterrán está en vena goleadora, e pouco despois o Corcubión fixo o segundo. Parecía que se ía levar o partido comodamente, pero a expulsión de Antón Lestón doulle aire ó Camelle, que igualou con tantos de Mario e Angel Riveiro. Samuel volveu a adiantar ós locais, viñeron as expulsións dos visitantes, pero xogando con 9 o Camelle logrou igualar o partido cando este xa esmorecía. PORTEÑO 3 - CASTRIZ 5 PORTEÑO: Brais, Marcos, Vicente, Sergio, Manu Castiñeiras, Caamaño, Adrián Sendón, Wii, Luis Eiroa, Isma e Curra.   Tamén xogaron Jonathan, Xoel, Mario e Velo CASTRIZ: Alvaro, Rubén, Paredes, Matías, Mata, Kevin, Steven, Negreira, Iván, Amarelle e Pastoriza.   Tamén xogaron Adrián e Jonathan Pazos. GOLES:   0-1 7´Mata   0-2 2´Matías   0-3 51´Kevin   1-3 61´Xoel   2-3 64´Velo   2-4 77´Adrián   2-5 88´Mata   3-5 89´Xoel Expulsado Iván no 36´polo Castriz, e Caamaño no 69´e Isma no 89´por parte do Porteño. Locura de partido na Ponte do Porto, con goles e emoción. O Castriz foi sempre por diante con certa comodidade, a pesar de xogar con 10 dende a media hora, pero o Porteño púxose 2-3 mediado o segundo tempo. A expulsión de Caamaño, e os goles de Adrián e Mata sentenciaron o encontro. CABANA 2 - LAXE 1 CABANA: Víctor, Fernando, Djamel, Duda, Ismael, Manolo, Reigia, Ferreiro, Pablo, Laik e José Angel.   Tamén xogaron Mateo, Alessandro, Christian e Manu. LAXE: Eloy, Toja, Naya, Jacinto, Borja, Paredes, Santi, SAmu, Elias, Ventura e Adán.   Tamén xogaron Felipe, Gola, Iván e Jorge. GOLES: 1-0 14´Pablo   1-1 44´Samuel   2-1 85´Laik Expulsados Djamel no 87´polo Cabana e Felipe no 89´polo Laxe. Derbi moi intenso nas Redondas. Unha boa xogada colectiva adiantou ó Cabana, finalizada por Pablo. O Laxe buscou o empate e un golazo de falta de Samuel poñía xustiza no marcador. No segundo tempo o Cabana foise a pola vitoria, Cristian estrelou un balón no pao e a falta de 5 minutos un pase de Ismael mandouno Laik o fondo das mallas para darlle a vitoria ó equipo local. NANTON 3 - OUTES B 1 NANTON: José Vidal, José Manuel, Pablo Romero, Lareu, Diego, Carlos Vidal, Moreira, Pereira, Diego Pastoriza, Redondo e Iván.   Tamén xogaron Fabio, Martín, Gavín e Dani Bardanca. OUTES: Antón, Cesar, Alvaro, Juan, Saul, David, Paullo, Aitor, Alberto, Sergio Lado e Breno.   Tamén xogaron Fabián, Jasón, Raúl e Pazos. GOLES: 1-0 40´Diego Pastoriza   2-0 54´Pablo Romero   2-1 59´Sergio Lado   3-1 80´Iván O filial non puido repetir a machada da semana pasada, e aínda que plantou cara ó Nantón, caeu derrotado con certa claridade. Con 1-0 chegouse ó descanso despois do tanto de Pastoriza. Pablo firmaba o segundo pero pronto acortou distancias o Outes B, que apretou pero o terceiro gol de Iván doulle a vitoria a un Nantón que se acerca ós postos punteiros da clasificación.