O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Cambio na cabeza da clasificación en 3ª, onde da a sensación que estaremos ata o final de liga con continuas alternancias nos primeiros postos. O Muros venceu ó Cabana no partidazo e ponse líder, mentres que o Camelle tamén foi quen de derrotar o sábado ó Ameixenda, e agora mesmo ocupa a segunda plaza.
MUROS 1 - CABANA 0MUROS: Xandre, David, Brea, Iván Cerilla, Gael, Ramón, Javi, Saúl, Canote, Pedro e Alvarito. Tamén xogaron Banana, Hugo, Alex e Edu.
CABANA: Víctor, Djamel, Fariña, Ismael, Fernando, Mateo, Cristian, Diego, Manolo, Reigía e Pablo. Tamén xogaron Samuel, José Angel e Manu.
GOL: 1-0 43´Iván Cerilla
Partido vibrante en Muros, onde as defensas estiveron máis acertadas que os ataques. Boa primeira parte do Cabana, que aguantou as embestidas locais ata a media hora. O último cuarto de hora foi do Muros, que apretou moito, e froito dunha falta lateral chegou o único gol do encontro. Antes do descanso unha falta a Ismael foi sinalada como penalti, pero Xandre detivo o lanzamento de Fernando.
Iván Cerilla anotou o único tanto
O Muros fixo un gran traballo defensivo no segundo tempo e incluso o meta visitante tivo que intervir en varias ocasións con acerto. Coa expulsión de Ismael a pouco do final o Cabana baixou os brazos e o Muros levouse o encontro.
Fernando marrou un penalti antes do descanso
LAXE 4 - OUTES B 0LAXE: Eloy, Iván, Toja, Naya, Jacinto, Borja, Santi, Samu, elías, Ventura e Bieito. Tamén xogaron Gora, Felipe, Jorge e Carlos.OUTES B: Gorka, Lago, Juan Antonio, Saúl, Jasón, Sergio, Paullo, Fabio, Fran, Aitor e Breno. Tamén xogaron Boris, Fabián e Raúl.GOLES: 1-0 11´Ventura 2-0 15´Borja 3-0 48´Samuel 4-0 85 Carlos
Clara vitoria dun Laxe que se acerca ós postos cabeceiros. Os locais sentenciaron no primeiro cuarto de hora, con tantos de Ventura e Borja Iglesias, e xogaron cómodos ante un filial que tentou plantar cara pero que se lle fixo moi costa arriba a pronta vantaxe do Laxe.
CASTRIZ 3 - VOLANTES 1CASTRIZ: David Gerpe, Rubén, Toniño, Carlos, Adrián, Mata, Steven, Nakata, Iván, Amarelle e Jonathan. Tamén xogaron Raúl, Matías, Kevin e Martín Negreira.VOLANTES: Javira, Rapante, Juan do Sivil, Mou, Cajulo, Pardelo, Raúl, Godo, Ricardo, Yeray e Maikel. Tamén xogaron Tico, Alberto, Mingos e Yanki.GOLES: 0-1 7´Cajulo 1-1 44´Mata 2-1 58´Mata 3-1 82´Mata
Gran tarde goleadora do medio de Santa Comba Mata, que con tres tantos tumbou ó Volantes de Sil. Adiantouse o equipo visitante con tanto de Cajulo nada máis comenzar o encontro, pero a pouco do descanso igualou o Castriz, que no segundo tempo aproveitou a tarde inspirada do seu talentoso medio para levarse o partido.
CAMELLE 4 - AMEIXENDA 0CAMELLE: David Caamaño, Sergio, Angel Riveiro, Pablo, Barreiro, Miguel Riveiro, Carlos, Alvaro Lema, Tajes, Vieites e Roi. Tamén xogaron Adrián Pasantes, Rodrigo e Sergio Romero.AMEIXENDA: Papi, Bichiño, Camacho, Chucho, Piquero, Susiño, Lagoa, Cristian, Bicho, Yago e Adán. Tamén xogaron Tomás, Pablo e Santi.GOLES: 1-0 25´Angel Riveiro 2-0 40´Barreiro 3-0 77´Rodrigo 4-0 81´Rodrigo
Partido de non crer no Rodeiro, onde o Ameixenda fallou numerosas ocasións, sobre todo no inicio do encontro, e acabou inexplicablemente goleado. O estado do campo perxudicou o fútbol do Ameixenda, que viu como o Camelle se adiantaba no marcador á media hora. Antes do descanso o goleador local Barreiro poñía terra de por medio. O Ameixenda seguiuno intentando no segundo tempo, pero o campo cada vez poñíase peor e non favorecía os intentos visitantes. Os locais, máis cómodos e habituados, esperaron as súas oportunidades para sentenciar o encontro nos minutos finais e situarse segundos na tabla clasificatoria.
Simpáticos espectadores no Rodeiro o sábado vendo o Camelle - Ameixenda
SP. SEAIA 1 - NANTON 0SP.SEAIA: Jose, Jorge Parga, David, Dani, Carracedo, Ramón, Chols, Parga, Josi, Mara e Vistas. Tamén xogaron Changui, Darío, Bili e Alvaro Ramos.NANTÓN: Guille, José Manuel, Pablo, Gavín, Diego, Dani, lareu, Micael, Christian, Redondo e Martín. Tamén xogaron Pereira e Juan.GOL : 1-0 19´Carracedo
Un Nantón con moitas baixas caeu en Malpica ante o Seaia cun solitario gol de Carracedo ós 20 minutos. Os locais puideron sentenciar o encontro antes do descanso pois mandaron un balón ó longueiro, pero en ningún momento sufriron ante un conxunto visitante que en ningún momento inquedou. Incluso o Nantón, con 10 baixas tivo que recurrir a xogadores lesionados e a outro do ano pasado, Juan, para completar o equipo.
CASTRELO 0 - PORTEÑO 1
CASTRELO: David, Nico, Gustavo, Maikol, Esteban, Steven, Félix, Juan, Lado, Iván e Dani. Tamén xogaron Mario e Elvis.
PORTEÑO: Jonathan, Pejo, Caamaño, Curra, Adrián, Xoel, Jorge, Vicente, Luis, Rachón e Marcos. Tamén xogaron Isma, Angel, Mario e Manu.
GOL 0-1 73´Pejo
Sufriu o Porteño para impoñerse no derbi de cercanías ante o Castrelo no Municipal de Vimianzo. O conxunto da Ponte do Porto tivo que esperar ó último cuarto de hora, onde con un gol do súa última fichaxe, Pejo, foi capaz de levarse tres importantes puntos para non descolgarse da zona alta.