3ª Galicia: saltan as primeiras sorpresas
24 de setembro de 2018 (11:09 h.)
OUTES C.F. 2 - C.F. CASTRELO 3
OUTES CF - Esmorís, Alvaro, Babu, Saúl, Martín, Veleiro, Edu, Santiago, Sergio, Simón e Quin. Tamén xogaron Breno, Joel, Fabio Lestón e Fabio Lado.
CF CASTRELO - Carreira, Steven, Luis Roget, Domingo, Eloy, Iván Caamaño, Maikol, Darío, Roi Caamaño, Chavico e Rubén. Tamén xogaron Picallo, Mario, Estebo, Chivarra e Hugo.
GOLES: 1-0 12´Santiago 1-1 15´David Carreira 1-2 17´Steven 2-2 27´Edu 2-3 58´Roi Caamaño
Gran vitoria do Castrelo ante o Outes remontando o marcador nun dos campos máis difíciles da categoría. Ten pinta de que este CAstrelo dará moito que falar este ano. Adiantouse o Outes pronto, pero de seguido, en dous minutos o CAstrelo anotou dous tantos para poñerse por diante. Ó descanso chegouse con igualada merced a un tanto de Edu. No segundo tempo foi Roi Caamaño no 57´o que co seu tanto dou a vitoria ós visitantes.
SP SEAIA C.F. 0 - S.D. CASTRIZ 2
SP. SEAIA - Martín Recarey, Canario, Vistas, Jorge Parga, David, Juni, Iván, MAra, Adrián Parga, Chols e Josi. Tamén xogaron Alejandro, Carracedo, Diego e Pablo.
SD CASTRIZ - Alvaro, Paredes, Rompe, Kevin, Steven, Anxo, Mauri, Chiki, Iván, Alex e Sebas. Tamén xogaron Gemelo, Negreira, Martín e Esponjo
GOLES: 0-1 75´Martín 0-2 89´Sebas
Expulsado Mara no 88´
O favorito Castriz sufriu para levarse o partido na Pedra Queimada ante un animoso Seaia, que dou a cara ata case o final do encontro. O gol decisivo foi ós 75´, por medio de Martín, que tiña saído pouco antes. Nos intres finais foi expulsado o local Mara, e Sebas sentenciou o partido co 0-2.
U.D. CORCUBIÓN 4 - CAMELLE S.D. 1
UD CORCUBIÓN - Marcos, Mario, Angel, Oca, Castillo, Alex, Chiru, Iago Lema, Antón Trillo, Tito e Rodrigo. Tamén xogaron Martín, Diego, Pablo Castro e Evaristo.
CAMELLE SD - David Tajes, Rodrigo, Valiña, Pablo, Barreiro, Méndez, Vieites, Vázquez, David, Adrián Tajes e Varu. Tamén xogaron Tedín e Manu.
GOLES: 1-0 17´Iago Lema 1-1 30´Barreiro 2-1 36´Iago Lema 3-1 46´Iago Lema 4-1 80´Chiru
Mala tarde do Camelle o sábado en Corcubión, onde o equipo local se recuperou da goleada recibida en Coristanco e levou os tres puntos con claridade. O primeiro tempo foi igualdado, adiantando Iago Lema ós locais por duas veces contrarrestando o tanto de Barreiro. Iago Lema, a figura do partido con 3 tantos, anotou o terceiro e ante o acoso do Camelle Chiru marcou o cuarto para darlle unha gran vitoria ó Corcubión.
C.F. PORTEÑO 2 - S.D. CORISTANCO 2
CF PORTEÑO - Martín, Adrián, Jose, Roi Carril, Manu Castiñeiras, Mario, Javi, Espi, Luis Eiroa, Vicente e Antelo. Tamén xogaron Angel, Jorge, Wii, Cousillas e Canosa
SD CORISTANCO - Diego Mallo, Sergio, Mato, Miguel, Lagoa, Pazos, Damián, Javi, Botana, Corral e Alex. Tamén xogaron Xuco, Figueiras e Adrián.
GOLES: 0-1 12´Pazos de penalti 1-1 48´Angel 1-2 80´Figueiras 2-2 90´Antelo
Foi expulsado Mario no 74´
Partidazo na Grixa, entre dous dos equipos chamados a estar arriba. O Coristanco, máximo favorito ó título, adiantouse pronto de penalti por medio do seu capitán Pazos. Pero a Grixa é un campo incómodo para os visitantes, que o comprobaron coa igualada nada máis sair dos vestiarios. Quedouse con 10 o Porteño, e faltando 10 minutos Figueiras anotou o 1-2 , que parecía definitivo. Pero o Porteño non se rendiu, buscou o empate e logrouno co tempo cumplido nun exercicio de fe e tesón.
S.D. LAXE 1 - C.D. NANTÓN 3
SD LAXE - Adrián, Iván, Elías López, Jacinto, Borja, Felipe, Gus, Adrián Lema, Caamaño, Bieito e Djamel. Tamén xogaron Manuel Reigía e Dani
CD NANTÓN - Guille, Maikel, Pablo, Gavín, David Fariña, Pereira, Touriñán, Christian, Pastor, Iván Redondo e Moreira. Tamén xogaron José Manuel, Fabio, Martín e Alberto.
GOLES: 1-0 17´Adrián Lema 1-1 25´Pastor 1-2 70´Iván Redondo 1-3 85´Christian
O Nantón púxose líder da competición tras remontar un marcador adverso en Laxe. Adiantouse o equipo local por medio da súa figura Adrián Lema, pero igualou Pastor antes do descanso. No segundo tempo o Nantón foi o que tivo máis acerto de cara a gol e levouse os tres puntos con tantos de Iván REdondo e Christian.
CABANA S.D. 8 - AS BALEAS F.S. 0
CABANA SD - Darío, Dani Mato, Raúl, Iván, Alberto, Sergio, Christian, Iván Mato, Pose, Cacha e Santi. Tamén xogaron Fernando, Isma, Yago, Rubén e Diego
AS BALEAS FS - Juán, Brian, Lema, Lucas, Alvaro, Nico, Tedín, Carlos, Bieito, JEsús e Antelo. Tamén xogou Vicente.
GOLES: 1-0 2´Iván Mato de pti 2-0 20´Cacha 3-0 44´Iván Mato 4-0 49´Cacha 5-0 54´Pose 6-0 76´Pose 7-0 80´Iván 8-0 88´Pose
Nova goleada recibida polas Baleas, que a este paso van a bater récords negativos na competición. Esta vez foi ante un Cabana que se bastou coa inspiracións dos seus homes máis destacados, MAto e Cachadiña, para levarse o partido con facilidade.