4 medallas e un 3º posto por clubs para estrear a tempada do Piragüismo Dumbría
Gran comezo de tempada para o CDM Piragüismo Dumbría. O equipo municipal volve con catro medallas e un terceiro posto por clubes da primeira proba da Copa Galega de Slalom de Augas Bravas que se celebrou este pasado fin de semán en Salvaterra de Miño.
Nunha xornada de ata certa calor, e cun caudal de auga ideal no río tea, foron os rapaces internos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra os que lograron tódalas medallas para o CDM Piragüismo Dumbría.
Lorena Costa, que competíu coma xuvenil, quedou moi preto do ouro na competición de K1 feminino, só por detras de Ainhoa Lameiro, do Club Penedo, anfitrión da proba.
Na competición de K1 cadete, unha das máis reñidas da competición, Jorge Quintáns foi o vencedor, e Marcos Sánchez foi terceiro, realizando unha magnifica proba. Jorge aínda lograría un terceiro posto na modalidade de canoa.
O resto de representantes dumbrieses tivero unha participación irregular, notando demasiado o parón do inverno e a falta de horas de auga a causa da falta de chuvias. En xeral empeoraron nas finais respecto das preliminares, coma Marco Oreiro, que pasou de terceiro na canoa senior a cuarto;.
Pero a tempada é moi larga. A vindeira proba será a Copa de España de Slalom, que terá lugar en Mondariz a fin de semana do 4 e 5 de marzo.
- A mazaricá Andrea Pérez, Campiona Galega Absoluta de Piragüismo na casa
- Outras catro medallas para o CDM Piragüismo Dumbría en Ribadumia
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).