40 nen@s disfrutan da vela en Corcubión

Despois de pasar por Corme, os cursos de Vela da Deputación desenvólvense esta semana no peirao de Corcubión. Corenta mozos e mozas, de entre 9 e 18 anos, están xa aprendendo técnicas básicas de navegación con vela lixeira e windsurf e farán un taller de nós mariñeiros.

Como remate do curso, o venres cada participante poderá escoller a modalidade que máis lle gustou para poder repetila unha vez máis.

Nas vindeiras semanas toca en Muros, e xa poden inscribir aos seus cativos en www.dacoruna.gal/deportes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.