5 clasificados costeiros para o Campionato Galego de Taekwondo

O Club Taekwondo Arte e Movemento, volve de Betanzos, con 5 clasificados en combate, e o equipo de exhibición infantil tamén clasificado para o Campionato Autonómico.

Tratábase da fase provincial de taekwondo en idade escolar. A competición comezou con exhibición, onde o equipo Arte e Movemento infantil acadou o bronce, e así lograba clasificarse. Despois comezaron os combate, onde os pequenos do clube deron a talla, acadando 5 podios, e polo tanto a clasificación para os Campionatos Galegos.

Estes foron os protagonistas:

  • Alex Lopez (Cee)- ouro.
  • Zoraida Barrientos(Muxia)- ouro.
  • Lois Benlloch(Fisterra)- prata.
  • Sheila Rey (Muxia)- prata.
  • Ismael Senande (Carnota )- bronce.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Clube Arte e Movemento.