5 equipos manteñen a loita aberta na Liga da Costa

Séguese apretando a zona alta e seguen 5 equipos en 3 puntos. O encontro da semana era o disputado o sábado na piscina de Paiosaco entre Club do Mar, 2º, e Sofán 5. Un ambientazo o vivido na Pedra Santa que dá envexa ao resto de campos da zona. O Camariñas mantén o liderato, empatado cos caionseses, tras vencer sen complicacións a un Vimianzo que non se recupera. Detrás está Ponteceso e Fisterra que sufriron para vencer a Porteño e Malpica. Por abaixo, O Pindo conseguíu unha votoria importante, e deixa por debaixo ao Corme e Porteño, ademais do Vimianzo e o Carnota, que non supera a mala racha.

Camariñas - Vimianzo (4-1)

  • Camariñas: Pombo, Pesquy (Gabi, min.69), Antelo, Breo (Alberto, min.69), Maikel, Moriño, De La Sierra, David (Adrián Negro, min.35), Brais, Sergio e Mané.
  • Vimianzo: Sergio, Martín, Amarelle, Iván de Treos, Camilo, Mario (Sergio de Quintáns, min.61), Lagoa, Manacas, David Pose, Javi Marroco e Pablo Santacristiña (Damian, min.69).
  • Goles: 1-0, min.31: Mané, de penalti; 2-0, min.56: Antelo de cabeza; 2-1, min.75: Lagoa, de penalti; 3-1, min.83: Adrián Negro; 4-1, min.88: Mané.
Non pasou moito apuros o Camariñas para sumar unha nova vitoria que lle permite seguir no máis alto da clasificación empatado a puntos co Club do Mar. Pola contra o Vimianzo suma xa 8 xornadas sen coñecer a vitoria, cun balance de 7 derrotas e un empate. Na tónica das últimas xornadas, o Vimianzo apenas creou ocasións de gol e o Camariñas sen practicar un gran fútbol marcou catro goles que puideron ser máis.

Club do Mar - Sofán (2-1)

  • Club do Mar: Borja, Chori, Fran Borrazás, Juan Lareo, Chechu, Repi, Alberto, Pablo Corral, Manu, Abel, Tonecho.
  • Sofán: Carlos, Juanjo, Pensado, Juan Rabuñal, Miniño, Diego, Alemán (Gende, min.80), Pizo, Jacobo (David Pensado, min.65), Bertín, Luisito.
  • Goles: 1-0, min.25: Abel; 2-0, min.82: Alberto de penalti; 2-1, min.88: Bertín de penalti.
Partidazo de 1ª en Paiosaco a pesar de que o campo era unha piscina. 400 espectadores creaban un ambientazo e o encontro non defreaudou: tensión, polçemica, goles, ocasións... un pouco de todo. Os locais prantexaron o encontro dende abaixo, cun Sofán controlando algo máis o balón pero cun Club do Mar afiado en punta. Dieguito e David Pensado mandaron o balón á madeira para os visitantes, pero foi Abel, ex xogador sofanista, quen abriu o marcador. O encontro na segunda estivo moi aberto, e se o equipo local puido sentenciar os sofanistas tiveron ocasións para empatar. Alberto sentenciou dende o punto de penalti e xa co tempo cumplido, Bertín recurtou tamén dende os 11 metros.

Muros - Corme (3-1)

  • Muros: Boas.Alineación: Rubén; Manu Dosil (Teo, min.70), David, Mayuyo, Miguel Riveiro, Dani Corniños, Varito, Bibi, Sexo (Gelo, min.65), Chema (Toni, min.55) e Yanky (Gael, min.75).
  • Corme: Susiño, Pipo, Abel, Rafa Valiña (Gonzalo, min.60), Pandi, Diego, Martín, Alejandro, Iago, Lucas, Alejo (Felipe, min.46).
  • Goles: 1-0, min.25: Bibi, de falta directa; 2-0, min.35: Yanky, despois dun pase atrás de Sexo; 2-1, min.82: Iago, de disparo axustado ao pao; 3-1, min.85: Bibi, rematando de volea un balón morto na área..
Partido entretido en Miraflores entre dous equipos con gusto polo toque de balón. Comezou o partido moi igualado onde por minutos dominaba o Muros pero o Corme tamén tocaba con claridade. Pero mediada a primeira metade a igualdade romperíase cun gran lanzamento de falta de Bibi que se colaba na porteria de Susiño. A partir de este gol o Muros fíxose co dominio do encontro xenerando ocasións de gol e nunha delas Yanky anotaba o segundo logo dunha gran cabalbada de Sexo pola banda. Xa na segunda métade o encontro permaneceu algo máis tranquilo cun Muros que mantiña a posesión mentres o Corme acusaba o desgaste físico. Pero o encontro animaríase nos últimos minutos xa que o Corme meteuse no partido a falta de dez minutos co gol de Iag. Pero pouco despois Bibi sentenciaba definitivamente o encontro. Nos últimos minutos co Corme xa rendido o Muros puido ampliar a renta cun disparo de Bibi que petou na escadra e cun lonxano lanzamento de falta de Mayuyo que se estrelou no longueiro.

Carnota - Dumbría B (2-3)

  • Carnota: Peipo, Nico Capi, Manolo Chouza, Pedro, Gabri (Pumuki, min.80), Toniño, Óliver (Urco, min.75), Miguel Beiro, Nico Alvarado, Pabo Beiro, Joselu.
  • Dumbría B: Anxo, Jose Carreira, Pablo, Sergio Cives, José Manuel, Jesús, Pablo Lestón (Carlos, min.75), Ramiro (Fernando, min.46), Tantán, Miguel Poyo (Ivanete, min.85), Pablo Muíño.
  • Goles: 1-0, min.10: Miguel Poyo; 1-1, min.30: Nico Alvarado dende fóra da área; 1-2, min.70: Miguel Poyo; 1-3, min.80: Tantán a pase de Pablo Muíño; 2-3, min.85: Nico Alvarado de penali.
  • Expulsión: Miguel Beiro, por protestar.
Púxose de cara o encontro para o filial dumbriés xa que aos 5 minutos Miguel Beiro era expulsado por unhas protestas ao aire, e na xogada seguinte xa marcaba Miguel Poyo, que volvía ver porta. O Carnota non se amilanou e veuse arriba espoleado por Nico Alvarado. O coruñés marcou un gol de cine cun dos seus potentes disparos e o seu equipo estivo metido no partido ata ben entrada a segunda metade. Ao voltar do descanso o propio Nico e Urco fallaron unha ocasións doble, e na contra marcou Miguel Poyo o segundo para os de César Ferrío. A partir de aí, e cun Carnota máis canso, o Dumbría dominou máis e sentenciou tras un bo pase de Pablo Muíño a Tantán. Nico recurtou de penalti pero sen tempo para a remontada.

Ponteceso - Porteño (2-1)

  • Ponteceso: Norberto, Velo (Toniño, min.60), Fabián, David, Dani, Carlos, Luisete, Charro (Tucho, min.70), Nando (Alfrediño, min.75), Bolón, Mario (Adrián, min.80).
  • Porteño: Asier, Iván, Brais, Pejo (Varela, min.46), Manuel, Roi, Astu (Pablo, min.75), Iago (Wii, min.55), Quilmes, Ismael, Cousillas.
  • Goles: 1-0, min.15: Luisete de penalti; 1-1, min.35: Cousillas; 2-1, min.55: Luisete tras un pase en profundidade.
Pouco xogo e moito balón arriba no Pinguel. Dous equipos baseados na firmeza atrás mantiveron as portas ben cubertas. Houbo poucas ocasións e as que chegaban o facían a abalón parado. Así os de Berto demostraron máis pegada que os de Gerpe e elevaron o partido cun Luisete que segue demostrando o seu olfato goleador.

San Lorenzo - O Pindo (1-3)

  • San Lorenzo: Recarey, Iván Rey, Adrián, Dubra, Puñal, Jorge, Steven, Cachizo (Javi Pensado min.70), Álex (Fuentefría min.82), Carliños e Marcos Cancela.
  • O Pindo: Diego Garrido, César, Jose, Mateo, Miguel, Julián, Diego (Pulpo min.70), Rivas (Ángel min.90), Hugo (Rafa min.46), Víctor (Cote min.70) e Aitor.
  • Goles: 1-0 min.55: Jorge de cabeza; 1-1 min.60: Rafa; 1-2 min.75: Rivas; 1-3 min.88: Aitor, de penalti.
  • Expulsións: Expulsou aos locais Steven (min.75), Adrián (min.80) e Recarey (min.85).
Encontro moi disputado marcado polas 3 expulsións dos locais. De feito o partido decidiuse tralas expulsión, cando o Pindo, sempre á contra, solvetou o choque aproveitando a superioridade numérica. E iso que na primeira parte, houbo un maior dominio do San Lorenzo, con boas ocasións para Carliños e Puñal de cabeza. O terreo de xogo, moi enlamado, propiciou que só se puidera facer fútbol directo. Na segunda, a partir do gol do empate, o dominio foi totalmente dos visitantes.

Malpica - Fisterra (0-1)

  • Malpica: Suso; Charly, Marcos Amado, Víctor, Marco, Andrés, (Miguel Dourado, min.67), Neucha, Cheo, David Blanco, Ismael, Eloy, (Manu Pardo, min.46).
  • Fisterra: Joselu; Piti, Pana, Nico, Borja Santos, Rodri, Roa, (Tata, min.71), Julio, Edi, (Nacho, min.63), Roco, Manoliño.
  • Gol: 0-1, min.92: Roco a centro de Borja Santos.
O Fisterra saltou ao terreo de Pedra Queimada para recuperar o perdido nos dous últimos encontros. Os de Manolo Santos saíron a por todas e acurralaron aos malpicáns. Manoliño tivo 3 clamorosoas ocasións, aproveitando erros de indecisión entre Víctor e Suso. Tampouco aproveitou Borja Santos unha boa contra que levou con Manoliño e que salvou de novo Suso. O Malpica recuperou o tono á volta dos vestiarios. Foi unha segunda metade con menos ocasións pero os últimos 5 minutos foron un vaivén. Manu Pardo, que revolucionou aos seus, mandou ao longueiro a falta de 5 minutos. E xa co tempo cumplido, Roco marcou tras unha falta lateral eu botou Borja Santos, para devolver ao Fisterra á senda da vitoria.

Baio - Esteirana (0-1)

  • Baio: Martín, Ramón, Diego, Mario, Pablo, Pirucho, Rachal (Canario, min.80), Jorge, Borja (Fredi, min.46), MC; Canai.
  • Esteirana: Ramón, Dani Rama, Chispi, José Varela (Pichu, min.55), Mingos, Uru, Iago (Pepiño, min.70), Andel (Cajulo, min.50), Álex (Godo, min.80), Adrián e Róber Pladur.
  • Gol: 0-1, min.25: Mingos dende moi lonxe coa axuda do meta local.
8 baixas presentaba o Baio, con cadetes e xuvenís no 11 titular. E aínda así aguantou todo o encontro ante unha Esteirana que suma a 5ª vitoria fóra da casa. Os esteiráns levaron un encontro que máis tivo pinta de 0-0, pero é que a seriedade atrás e as contras perigosas dos pequenos dianteiros están a ser letal fóra do Xosé Luis Vara Oliveira. Na primeira, tan só un barullo na área da Esteirana rematou cun balón ao pao dos baieses. Pero Mingos marcou nun erro clamoroso do meta local. Tralo gol o Baio foise arriba e tivo algunha que outra ocasión, sen demasiada claridade. Pero á contra tamén puido sentenciar o equipo visitantes, con Rober e Godo como estiletes.

Castriz - Buño (2-0)

  • Castriz: Angel, Noli, Alex, Toniño, Sergio Pose (Torreira, min.70), Alberto, Dani, Rubén (Chinda, min.53), Sebas (Suso, min.75), Oscar, Mauri (Fili, min.53).
  • Buño: Brais, José, Diego, Moscoso (Santi, min.80), Angel, Fernando, Mendieta, Martín, Elías (luan, min.60), Fran Martuxa, Rubén (Pardiñas, min.75).
  • Goles: 1-0, min.70: Alberto de cabeza na área pequena a un córner botado por Óscar; 2-0, min.90: Alex de volea nun córner botado por Fili.
Partido igualado que só decidiron os de Huelvis nos últimos 20 minutos. E mellorou a imaxe do equipo de Pablo Mallón, que malia levar 4 derrotas, esta xornada estivo moito mellor. A primeira parte o Castriz tivo boas ocasións por medio de Oscar e Alberto, que sacaron de baixo dos paos os defensas visitantes. Á contra, o equipo visitante probaban a Angel, como unha falta de Oscar Moscoso e que parou fenomenalmente Angel. Dous corners, que non atalou o meta visitante, decidiron o choque.

Máis información

Fonte