5 medallas e un campión para o Piragüismo Dumbría nos Campionatos Galegos de base

Minchi campión galego en Modariz

Non foi mala a colleita do CDM Piragüismo Dumbría no Campionato Galego de Promoción de Slalom celebrado en Mondariz. Un campionato, dous subcampionatos galegos e dous bronces nas súas categorías de formación.

Xesús Cundíns gañou con certa solvencia na categoría benxamín masculina, mentras que Sara Fernández e Aroa López foron plata e bronce respectivamente na categoría femenina.

Na categoría alevín, Brais Sánchez Cancela subiu ó podium coma subcampión galego de canoa e Laura Caamaño foi bronce no K1 femenino.

O resto de representantes costeiros, Xian Caamaño, Martín Fernandez, Xiana Castro e Alexia Canosa competiron moi ben, e mesmo competiron con opcións de alcanzar as medallas, aínda que desta vez non puido ser.

Sara e Aroa do Piragüismo Dumbria no podio de Mondariz

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).