Menudo éxito sería chegar ao medi millar de participantes na IV BTT Concello de Mazaricos que se celebra este domingo 26 de novembro. Por agora xa superan a barreira dos 400 pero a inscrición segue aberta.
Unha ruta na que se poderán ver os picos de Mazaricos da Ruña ao Aro, demostrando o potencial turístico paisaxístico da MZ.
Os ciclistas sairán o domingo ás 09.45 horas do polideportivo da Picota. Hai dúas rutas, unha máis esixente, de 45 kilómetros e outra máis curta de 35. O desnivel acu- mulado é de 1225 metros na longa e 995 na curta. Os deportistas xa poden consultar os seus dorsais asignados na web do Concello e poden ir vendo escoller un delicioso menú por 10€ entre os locais de restauración do Concello.