Mazaricos acolleu unha proba da Copa Slalom Galego

Acollía esta fin de semana o río Xallas a 3ª Copa de Slalom Galego de Piragüismo. O lugar de Castrelo, Mazaricos, recibía a padexeiros de 6 clubs galegos nesta proba organizada polo club mazaricán Sen Siras coa imprescindible colaboración municipal.

A falta de auga retrasou o comezo dunha proba, que arrincaba xa cunhas condicións ideais para a práctica desta modalidade, cun forte desnivel e un caudal de auga moi parecido todo ano, facendo do río costeiro un dos mellores ríos que exise na actualidade tanto a nivel autonómico como nacional.

O club local conseguiu o 4º posto por clubs e varias medallas, como as dúas de Jorge Quitáns; a de bronce de Aarón Rey. Ademais, Antía Loira subía ao segundo escalón do poido mentres Javier Trigo quedaban a un paso. Eloi Pereira e Francisco Fernández continúan medrando.

Tamén participou o club Deportivo Municipal Piragüismo Dumbría, pero non todos os padexeiros puideron aguantar ata o comezo da proba. Así e todo, Lorena Costa conseguíu un meritorio 3º posto, Miguel Castro o subcampionato ao igual que Marcos Oreiro.

Vindeira cita

A próxima cita será en Sabero, Castela e León, onde se celebrará a 3ª Copa de España de slalom olímpico.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Sen Siras