Mércores. 08.05.2024
El tiempo

A Costa da Morte triunfa na Copa de España de Piragüismo

A Costa da Morte triunfa na Copa de España de Piragüismo
Lorena Costa Rama recibiu o premio a mais regular na sua categoria Lorena Costa Rama recibiu o premio á máis regular na sua categoría. Imaxe: Kiara Martínez Padexeiros da Costa da Morte desprazaronse a pasada fin de semana a localidade guipuzcoana de Irún para participar na Copa de España de Piragüismo que se disputaba nas augas do río Bidasoa. Ata alí foron membros do CDM Piragüismo Dumbría e do Clube Sen Siras - de Mazaricos - onde ambos equipos acadaron boas marcas a nivel nacional. Lorena Costa Rama, a deportista dumbriesa residente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, acadou o seu primeiro triunfo nunha Copa de España de Piragüismo xa que recibiu o premio a ser a máis regular na súa categoría, nun río que presentaba un alto caudal de auga e onde se trazou un percorrido moi esixente, o que fixo que apenas a dumbriesa fose quen na súa categoría de facer tódalas baixadas sin saltarse ningunha porta. O sábado foise a durmir líder da proba, e o domingo o forte vento obligou a suspender a proba, circunstancia que non afectou a Lorena que seguía marcando tempos entre as mellores, logrando o primeiro triunfo dunha deportista do CDM Piragüismo Dumbría nunha Copa de España. O resto da delegación dumbriesa estaba formada ademais polo canoista por Marco Oreiro - que fixo mellor manga na xornada do domingo que no sábado - mais non foi quen de pasar un corte que na categoría sénior másculina resulta realmente esixente. Miguel Castro e Cristian González seguen co seu aprendizaxe, e Kiara Martínez non tivo claramente a súa mellor competición. A expedición completábana os abridores Xiana Castro, que se viu superada por un río cun caudal o que a rapaza de Cee non está afeita, e Marcos Sanchez, que sigue coa súa excelente progresión, e que demostrou unha vez máis que é o rival a batir na súa categoría. Iago Canosa segundo en Portugal O gran ausente da expedición dumbriesa foi o olveirán Iago Canosa, que estimou máis proveitosa para a súa preparación participar na Copa Internacional que se facía coincidindo co Campeonato Portugués de Slalom en Covas, no norte de Portugal, onde acadou un destacado segundo posto. Sen Siras Os membros do Sen Siras acadaron boas marcas a nivel nacional Os membros do Sen Siras acadaron boas marcas a nivel nacional Pola súa banda, o clube mazaricán Sen Siras desprazou a cinco padexeiros a localidade guipuzcoana, catro competidores e un abridor. Jorge Quintáns, de Vimianzo, rematou en terceira posicion en k1 cadete logo de facer dúas mangas impecables. Ademais logrou pasar a final en c1 e colocarse nun meritorio quinto posto. Aarón Rey, de Mazaricos, padexeiro e adestrador do clube, rematou segundo en k1 veterano, unicamente superado polo padexeiro local Urko Zabaleta, logrando a súa primeira medalla a nivel nacional. Antía Loira, Mazaricos, rematou na posición 15 en k1 senior, logo de cometer unha penalización de 50 segundos que lle quitou todas as posibilidades de entrar en finais. Antía tamén remou en c1, acadando a décima posición da táboa. Eloy Pereira, de Mazaricos ,rematou na posición 40, pagando a inexperiencia de competir a primeira vez nunha proba deste nivel. Na manga que fixo o domingo conseguíu subir 10 postos na táboa, pero non serviu de nada pois anulouse por conta do vento racheado. O pequeno Martín Fernández fixo un gran papel como abridor, con tan só dez anos desenvolveuse con gran soltura na proba de slalom olímpico, non deixando indeferente a ninguén co seu bo facer. Próxima cita A próxima cita será en Mazaricos o día 7 de maio, nas augas do río Xallas, na proba que organiza o propio Sen Siras, nun tramo de río que ten unhas condiciós ideais para práctica deste deporte e que din, se vai convertir nun referente tanto a nivel autonómico como nacional das augas bravas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios