75 pilotos participarán no X Motocross Concello de Carballo
29 de setembro de 2011 (13:08 h.)
Arredor de 75 pilotos participan o 1 de outubro no X Motocross Concello de Carballo, puntuable para o Campionato Galego. A proba desenvolverase no Circuíto de Motor de Bértoa e será tamén o III Memorial Manuel Rega Morales. A última proba que acolleu o Circuito foi presenciada por nada menos que 2.000 persoas.