A Copa do Mundo chega este venres a Santa Comba

Tremenda novidade da que dá conta o Concello de Santa Comba. I é que recibirá este venres 29 de abril a visita da Copa Do Mundo de Fútbol, o trofeo que brillantemente gañou a selección española no pasado Campionato do Mundo Sudáfrica 2010.

Os veciños da Terra do Xallas e das comarcas próximas poderán visitar e fotografiarse co trofeo que levantou Iker Casillas. O Concello de Santa Comba habilitará un espacio especial para acceder a ela na Casa de Cultura entre as 10:30h e as 20:00h, e a entrada será libre.

A Concellería de Deportes de Santa Comba cursou as pertinentes invitacións a tódolos centros educativos da localidade para que os nenos xalleiros teñan a oportunidade de fotografiarse ó lado do trofeo máis importante na historia do fútbol español.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Santa Comba.