A Costa da Morte afianza o seu poderío en Kick Boxing e Karate
Seguen crecendo as modalidades deportivas de contacto na Costa da Morte. Hoxe damos conta de dous clubes que están crecendo cada día máis, nas dúas cabeceiras de comarca. Por unha banda imos ata Cee para falar da progresión a nivel galego en Kick Boxing e a Nivel Nacional en Taekwon do I.T.F. da man d o Club Cee Deportes de Contacto. Ademais, imos ata Carballo para coñecer o papel dos alumnos do Club Kárate-Do de Carballo.
Unha de kick Boxing dende Cee
Estivo presente esta fin de semana a Costa da Morte no Campionato Galego de Kick Boxing que se celebrou en Goián (Pontevedra). Un dos alumnos do Club Cee Deportes de Contacto estivo alí, e chegou a semifinais na categoría de -75kg, quedando ás portas da finalísima tras ter que interrumpir o combate por un sangrado de naris.
Aquí vemos, no medio, ao competidor Ángel Campos, con Dani Lema á esquerda e Juanma Pérez (Coach´s de esquina) á dereita. O cadro ceense, que agradece o apoio do HR Praia de Quenxe e Clínica de fisioterapia Sar, quixo destacar a deportividade do seu rival do club Iago Barros. Ao tempo continúan traballando por seguir formando deportistas de alto nivel.
De Karate a Carballo
Nova colleita de éxitos por parte dos xóvenes deportistas do Kárate-Do Carballo a feita o pasado sábado 8 de xuño no XIII Torneo Cidade de Santiago. Competición que xuntaba a 12 clubes da comunidade e agrupaba por unha parte as categorías Infantil-Xuvenil e por outra as Cadete-Junior.
O dojo presentaba 6 competidores do clube bergantiñán que, nunha actuación sobresaínte, sumaron 4 ouros, 2 pratas e 1 bronce.
Destaca o dobrete de Alejandro Felpeto que subiuse ó mais alto do podio, tanto en kata como en kumite (combate), con unha contundencia aplastante en ambolos dous casos, deixando unha vez mais mostra do seu gran nivel como karateka. Emma Núñez impuxose aos seus contrincantes nunha semifinal e final impresionantes e de espectacular execución, logrando desta forma un novo ouro para o clube.
Braian Manteiga, que leva unha traxectoria ascendente e prometedora na modalidade de combate ( kumite), proclamouse campeón no peso lixeiro.
Elvira Vila competía en duas modalidades. En kumite logrou a prata despois de realizar unha magnífica actuación nos combates previos a final i escapándoselle o ouro nesta por un axustado 4 a 3. En kata alzóuse co bronce. Natalia Sánchez brilou con luz propia en kata e levóuse o trofeo de prata en Cadete-Junior femenino.
Finalizada a temporada actual, e grazas a excelente labor do seu mestre Carlos Felpeto Mariño, hai que resaltar os logros alcanzados polo clube donde destacan a nivel autonómico tres dos seus deportistas, cada un deles na categoría correspondiente, que se proclamaron campeons galegos 2013: Emma Núñez en Infantil, Elvira Vila en Xuvenil e Alejandro Felpeto en Cadete. Motivo polo cual son integrantes do Plan de Tecnificación Deportiva e representantes habituales da Selección Galega de Kárate nos campeonatos de España.
Como broche a un ano de intenso entrenamento, o Kárate-Do Carballo, en colaboración co Club Avalon-Kai de Santiago, organiza o 15 e 16 deste mes, un curso de Tecnificación de Kata Shotokan, impartido por Pepe Carbonell, (7 veces campeón de España e 4 veces campión de Europa).
Novas relacionadas
- 5 clasificados costeiros para o Campionato Galego de Taekwondo.
- 7 bronces no campionato Galego de Promesas para o taekwondo costeiro e un ouro en judo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información de Wash Calvo.