A Deputación promociona a gastronomía durante a Vuelta

Instalarase unha caseta en cada unha das etapas con delicias gastronómicas da provincia coruñesa Conservas de peixe e marisco, queixos e produtos lácteos, pementos de Herbón e O Val, carnes e embutidos, tarta de Santiago, patacas fritas, vermú galego e filloas serán algúns dos produtos gastronómicos artesanais elaborados en distintos puntos da provincia da Coruña que a Deputación promocionará este verán durante o percorrido que La Vuelta Ciclista a España realizará ao longo do todo o territorio nacional. En cada unha das etapas das que consta a competición, a Deputación da Coruña, entidade colaboradora de La Vuelta 2016, instalará unha caseta de degustación de produtos típicos na que se promocionarán diferentes delicias gastronómicas elaboradas na provincia baixo o lema “A Coruña por sabor”. O presidente da ente provincial - Valentín González Formoso - destacou que “ademáis do gran escaparate que representa La Vuelta para mostrar ao mundo os múltiples atractivos turísticos da nosa provincia durante os dous días que discorre por terras coruñesas, este ano queremos tamén axudar a promocionar os nosos produtos gastronómicos tradicionais en toda España durante os 21 días que dura a Vuelta”. Selección de productos A selección dos produtos realizouse en coordinación co director de cátering de La Vuelta, Iñaki Albistur, tomando como base as empresas que colaboran nas rutas de Turismo Industrial promocionadas pola Deputación. Entre outros produtos, poderanse degustar conservas 1884 - Camariñas -, Porto Muíños  - Cerceda -, La Pureza - Cariño -, Mar de Ardora - Ortigueira -, Amieiro - Cariño - e Benboa - Ribeira -, así como patacas fritas de Bonilla - A Coruña - carnes e embutidos de Raposo - Dumbría -, queixos e produtos lácteos da Queixería Barral - Arzúa- , Queixerías do Ulla - Vedra - e Casa Grande de Xanceda - Mesía -, pementos de A Pemeteira de Herbón - Padrón-  e a Cooperativa O Val - Narón -, tartas de Lestedo - Boqueixón -e vermú St. Petroni - Padrón-. Asimesmo, na zona “Parque Vuelta” das dúas etapas de La Vuelta que rematan na provincia da Coruña - Dumbría, 22 de agosto, e San Andrés de Teixido, 23 de agosto - a Deputación da Coruña instalará unha gran filloeira, empregada na tradicional Festa da Filloa de Lestedo e capaz de producir 1.300 filloas por hora. A ronda española discorrerá entre o 22 e o 23 de agosto polas comarcas de Barbanza, Costa da Morte, As Mariñas betanceiras, Ferrolterra, Eume e Ortegal, percorrendo un total de 270 quilómetros por terras coruñesas. Tres enclaves cobrarán especial protagonismo nesta edición 2016 de La Vuelta: o mirador do Ézaro (Dumbría), onde culminará o luns 22 de agosto a terceira etapa; Betanzos, que acollerá a sáida do martes 23 e San Andrés de Teixido, meta da cuarta etapa.  

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)