A Deputación promociona a gastronomía durante a Vuelta
08:10 18/08/16
Instalarase unha caseta en cada unha das etapas con delicias gastronómicas da provincia coruñesa
Conservas de peixe e marisco, queixos e produtos lácteos, pementos de Herbón e O Val, carnes e embutidos, tarta de Santiago, patacas fritas, vermú galego e filloas serán algúns dos produtos gastronómicos artesanais elaborados en distintos puntos da provincia da Coruña que a Deputación promocionará este verán durante o percorrido que La Vuelta Ciclista a España realizará ao longo do todo o territorio nacional.
En cada unha das etapas das que consta a competición, a Deputación da Coruña, entidade colaboradora de La Vuelta 2016, instalará unha caseta de degustación de produtos típicos na que se promocionarán diferentes delicias gastronómicas elaboradas na provincia baixo o lema “A Coruña por sabor”.
O presidente da ente provincial - Valentín González Formoso - destacou que “ademáis do gran escaparate que representa La Vuelta para mostrar ao mundo os múltiples atractivos turísticos da nosa provincia durante os dous días que discorre por terras coruñesas, este ano queremos tamén axudar a promocionar os nosos produtos gastronómicos tradicionais en toda España durante os 21 días que dura a Vuelta”.
Selección de productos
A selección dos produtos realizouse en coordinación co director de cátering de La Vuelta, Iñaki Albistur, tomando como base as empresas que colaboran nas rutas de Turismo Industrial promocionadas pola Deputación. Entre outros produtos, poderanse degustar conservas 1884 - Camariñas -, Porto Muíños - Cerceda -, La Pureza - Cariño -, Mar de Ardora - Ortigueira -, Amieiro - Cariño - e Benboa - Ribeira -, así como patacas fritas de Bonilla - A Coruña - carnes e embutidos de Raposo - Dumbría -, queixos e produtos lácteos da Queixería Barral - Arzúa- , Queixerías do Ulla - Vedra - e Casa Grande de Xanceda - Mesía -, pementos de A Pemeteira de Herbón - Padrón- e a Cooperativa O Val - Narón -, tartas de Lestedo - Boqueixón -e vermú St. Petroni - Padrón-.
Asimesmo, na zona “Parque Vuelta” das dúas etapas de La Vuelta que rematan na provincia da Coruña - Dumbría, 22 de agosto, e San Andrés de Teixido, 23 de agosto - a Deputación da Coruña instalará unha gran filloeira, empregada na tradicional Festa da Filloa de Lestedo e capaz de producir 1.300 filloas por hora.
A ronda española discorrerá entre o 22 e o 23 de agosto polas comarcas de Barbanza, Costa da Morte, As Mariñas betanceiras, Ferrolterra, Eume e Ortegal, percorrendo un total de 270 quilómetros por terras coruñesas.
Tres enclaves cobrarán especial protagonismo nesta edición 2016 de La Vuelta: o mirador do Ézaro (Dumbría), onde culminará o luns 22 de agosto a terceira etapa; Betanzos, que acollerá a sáida do martes 23 e San Andrés de Teixido, meta da cuarta etapa.
Novas relacionadas
- Ferroatlántica preparará a contorna do mirador do Ézaro para a Vuelta
- O Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte reafírmase como referente nacional e como ideal reclamo turístico
- O Mirador do Ézaro, protagonista provincial La Vuelta máis épica e estética
- Xaneiro 2016: O Ézaro xa espera o pelotón de La Vuelta.
- Setembro 2015: La Vuelta volverá rematar no Alto do Ézaro en 2016.
- Pequeño: “Se por min fose, a Volta Ciclista a España 2016 saía e chegaba ó Ézaro. Hai un bo entendemento co director do evento”.
- Gran Fondo Ézaro 2015: Da man ata o Mirador do Ézaro.
- Indurain e Chiapucci estrearon a Penelas Bikes, a revolución da bici integral “made in Costa da Morte”.
- Emotiva presentación do Gran Fondo Ézaro, unha proba de primeiro nivel internacional.
- A verdadeira costa da morte é a subida ao Alto do Ézaro.
- Dumbría presenta un máis duro Gran Fondo do Ézaro con miras internacionais.
Máis novas
- O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano.
- “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”.
- Desafío 2014: A épica marcou un Desafío do Atlántico pasado por auga.
- Vuelta 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- Desafío 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
- Vuelta 2012: A Costa da Morte vibrou coa Vuelta.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)