Carballo vístese de longo para acoller o vindeiro sábado, a partir das 17 horas, o "XIV Campionato galego de longa distancia en piscina de natación" que se disputará no complexo deportivo Carballo Calero. Non é a primeira vez que a vila acolle un encontro deste tipo. “É un dos sitios onde sabemos que van funcionar” apuntou o secretario da Federación Galega, Ramon Mosquera, quen estivo onte na vila para presentar, xunto co presidente da AD Fogar, Gustavo Álvarez; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero, para presentar esta proba autonómica.
A competición, tal como explicou Gustavo Álvarez, é clasificatoria para o Campionato de España, que se disputará o 24 de febreiro en Mataró. Constará de seis probas de fondo que reunirán aos mellores nadadores/as galegos/as, e entre eles estarán os infantís carballeses Nicolás Queijeiro e Miguel Ángel Abelenda, de 14 e 13 anos de idade, respectivamente, que xa forman parte da elite da nosa comunidade.
Onte tivo lugar en Carballo a presentación do XIV Campionato galego de longa distancia en piscina de natación
Ramón Mosquera engadiu que Galicia “é unha das comunidades máis potentes a nivel nacional e internacional”, e, de feito, este sábado teremos en Carballo a cinco nadadores do equipo nacional e “aos mellores fondistas galegos”. Serán un total de 66
participantes, un número reducido porque o campionato está restrinxido aos 12 mellores de cada categoría en Galicia.
O concelleiro de Deporte augurou un “bo espectáculo” para as persoas afeccionadas á natación. O alcalde, pola súa banda, destacou que a política deportiva do concello de Carballo, que aposta pola xestión directa, permite que as entidades teñan a súa
disposición unha serie de instalacións que “permiten facer deporte e facer club”.
Probas
2.000 m. Libre Masculino/Feminino Infantil
3.000 m. Libre Masculino/Feminino Junior-1
3.000 m. Libre Masculino/Feminino Sénior e Junior-2
Fonte