Cee arrasa nos campionatos provinciais de pista
Foi esta unha semana onde os peque-atletas da bisbarra descubrían un bo espello mazaricán onde mirarse. E o futuro está garantido vendo os resultados, por exemplo, da familia do Olimpia e do Manuela Rial, que participaron este pasado sábado 21 no Fieiteira de Riveira o Campionato Provincial de atletismo en pista.
10 medallas para o Manuela Rial
O colexio ceense Manuela Rial Mouzo, clasificou un total de 18 deportistas conseguindo un total de 10 medallas: 4 de ouro, 2 de prata e 4 de bronce. Os deportistas dirixidos por Luís Alberto Fernández, conseguiron alcanzar un gran nivel de competición aínda que o día non fose o máis idóneo, xa que na xornada vespertina a choiva dificultó moito a competición, sobre todo os concursos.
Os resultados máis destacados foron os seguintes:
- Daniel González quedaría dobre campión provincial en 150m lisos e lanzamento de disco, e lograría a medalla de bronce en triplo salto na categoría infantil.
- Miguel Zhang proclamaríase campión provincial en lanzamento de peso e subcampeón provincial en lanzamento de pelota en categoría benjamín.
- No lanzamento de martillo infantil, Enrique Lado quedaría campión provincial e Adrián Sambade lograría a medalla de bronce.
- Na modalidade de 1 km marcha benxamín, Tiago Fernández quedaría subcampeón provincial e Xavier Cives lograría a medalla de bronce.
- Para rematar, Matías Lemus gañaría a medalla de bronce en salto de lonxitude benjamín.
- Destacar tamén a actuación de Pablo Rei que quedaría cuarto no 80m lisos infantil, a tan só 2 décimas do bronce.
Con estes magníficos resultados, finaliza a tempada de atletismo en pista para os atletas do Manuela Rial, mellorando as 7 medallas alcanzadas a tempada pasada.
Marea de podios para o Olimpia
En marzo facían un papel sobresaliente en campo a través, e esta pasada fin de semana competían no Campionato Provincial de Pista cuberta nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil, que Ribeira.
Estes foron os fantásticos resultados:
- O equipo 2º no relevo 4x50 benxamín.
- Juan Castiñeira 7º no 1000 m benxamín.
- Laura Castiñeira 5º no 1000 m benxamín.
- Sabela Carreira 5º ; Liana Quintela 12º; Martina Garcia 14º no 500 benxamín.
- Bruno Méndez 3º lanzamento de pelota benxamín.
- Álvaro Rodríguez 9º no 60 m alevín.
- Minerva Lago 5º no 2000 m alevín.
- O equipo 4º no relevo 4x80 infantil.
- Miguel Quintáns 4º no 80 m infantil.
- Miguel Quintáns 4º en 150 m infantil.
- Antonio Luaces 4º no 3000 m infantil.
- Ana Oca 3º no 3000 m infantil.
- Lucía Suárez 2º en 80 m vallas infantil.
- Xiana Lago 5º en 220 m vallas infantil.
- Carlos País 3º no 1000 obstáculos infantil.
- Lucía Suárez 2º no 1000 obstáculos infantil.
- Xiana Lago 5º en peso infantil.
- Marta Lavandeira 10º en salto de Lonxitude infantil.
Elian Numa, camiño dos campionatos de España
A estes resultados hai que engadirlle a vitoria de Elian Numa nos 800 metros do Trofeo de Marineda, disputado o venres en Coruña cun tempo de 2:00, unha marca moi próxima a mínima para o Campionato de España Xuvenil.
Novas relacionadas
- Unha Campiona de Europa para Mazaricos.
- As Cadetes do Olimpia, campionas provinciais de Campo A Través.
- Elian Numa López campión galego nos 1000m obstáculos.
- Doblete e podio para os atletas costeiros no Campionato Galego de Pista Cuberta
- Os atletas costeiros meten os pés na lama.
Máis novas
- Sara Vieites, a estrella Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte.
- Vimianzo e Cee demostraron que o atletismo xa é deporte de masas na Costa da Morte.
- Excepcional participación do Olimpia nos Campionatos Galegos e Provinciais.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- Jorge Lariño: Saio a correr, non saio a running.
Fonte
- Redacción de QPC (infoºquepasanacosta.com)